PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Semana do Libro: @s profes tamén len

Do 19 ao 22 de abril desenvolveuse, durante os recreos e na entrada principal do centro, a actividade “@s profes tamén len” co obxectivo de fomentar a lectura a través da mímese. Así o noso alumnado puido contemplar aos seus profes de matemáticas, química, historia, latín, francés, castelán, galego... e mesmo á orientadora do centro, recitar poemas ou ler fragmentos baseándose nas súas lecturas favoritas ou escollidas pola motivación que podían implicar. E tivemos lecturas en distintas linguas (latín, portugués, francés, inglés...); e descubrimos que, curiosamente, @s profes tamén nos pomos nervios@s
O Día do Libro, 23 de abril, @s nos@s protagonistas foron @s clubeir@s do Moucho Azul, prestándonos a súa voz nun recital de poesía.
Sorprendeunos felizmente que tant@s profes se prestasen á lectura pública, polo que desde o Equipo de Biblioteca dámoslles calorosamente as grazas pola súa colaboración. Igualmente agradecemos a participación d@s nos@s encantadores alumn@s do Club de Lectura.


RECREO DO LUNS:
Lectura de contos do libro "Las mil y una noches de la ciencia" de Philippe Boulanger



RECREO DO MARTES:



RECREO DO MÉRCORES:



RECREO DO XOVES:



RECREO DO VENRES: DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)
Lecturas a cargo do alumnado do Club de Lectura:

FRANCISCO CASTRO: Canción do náufrago.

Editorial: Ir Indo Edicións, 2001.
ISBN : 8476803648

Sinopse:
O amor é unha fonte inesgotable de inspiración. Navegar e naufragar no océano do amor é un exercicio apaixonante, como transmite Francisco Castro nestas narracións curtas onde o amor visto desde case todos os prismas posibles destila paixón, sexo, sutileza, emocións e tenrura. Cada historia recrea a atmosfera necesaria para transmitir as inquietudes que os distintos amores despertan no ser humano, desde o amor rexido polo erotismo ata a paixón do amor en familia.

Se queres saber máis sobre Francisco Castro...

PEQUENA BIBLIO-BIOGRAFÍA DE FRANCISCO CASTRO

Francisco Castro, vigués (8-10-1966) licenciado en Filosofía, é profesor ademais de xestor cultural e de comunicación. Imparte obradoiros literarios, tanto para nenos como para adultos. Desde moi novo publicou libros en galego. Tocou practicamente todos os xéneros: o relato curto (A canción do náufrago), o libro erótico (Xeografías, e Río Leteo), a novela histórica (Memorial do infortunio), a vivencial (Xeración Perdida, premio Cartafol ao mellor libro de narrativa en galego, 2004) e a novela xuvenil (Un bosque cheo de faias), entre outras obras. Atesoura premios literarios de poesía (O Facho por Matar a Walt Whitman moitas veces), de novela (Lueiro Rey en 1997) e de xornalismo (Reimóndez Portela en 1999). É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concorrida bitácora “A canción do naúfrago”.

Palabras do autor:

“Eu érgome cedo cando gustaría de seguir durmindo. Traballo oito horas cando preferiría estar escribindo. Estou preparando a declaración de facenda coma Un Tipo Responsable. Escribo cando podo se é que antes non caio escangallado ou durmido por aí.
Os escritores galegos levamos unha vida ben pouco literaria”.
Premios:
Foi galardonado en 1997 co Premio Lueiro Rey de Novela Curta por Play-Back.
O seu libro de relatos Xeografías foi finalista en 2001 do Premio de Narrativa Erótica Positivas.
Gañou o Cartafol ao mellor libro do ano 2004 por Xeración Perdida.
Os alumnos de toda Galicia outorgáronlle o Premio Frei Martín Sarmiento pola súa obra Un bosque cheo de Faias.
Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam.
Como articulista, recibiu o Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros co texto titulado As palabras da néboa, do cal o xurado salientou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta novidosa de novela histórica”.
Publicacións:
Amor de cinema. Edicións do Cumio, 1991.
Play-Back, 1997.
Xeografías. Edicións Positivas, 2001.
A canción do náufrago. Ir Indo Edicións, 2001
Memorial do infortunio. Alba Editorial, 2004.
Un bosque cheo de faias. Ed.Everest Galicia, 2004.
Xeración perdida. Editorial Galaxia, 2004.
Río Leteo. Ed.Espiral Maior, 2005.
Spam. Editorial Galaxia, 2006.
O ceo dos afogados. Ed.Edicións Xerais de Galicia, 2007
As palabras da néboa. Editorial Galaxia, 2007
Chamádeme Simbad. Editorial Galaxia, 2009.

PRESENTACIÓN DE COMICS: PERSÉPOLIS

Cómics e Mundos Fantásticos: Persépolis, de Marjane Satrapi
Por: Carmela Darriba, 1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía

Como é unha nena e está contado en primeira persoa, é máis doado identificarte con ela

Persépolis está escrito e debuxado por Marjane Satrapi e súa infancia e adolescencia en Irán e Europa, mesturada coa revolución que impuxo a república islámica no seu país. O seu punto de vista é moi interesante polos seus propios vínculos familiares cos shahs, dos que é descendente directa.
O debuxo é moi atractivo, sinxelo de liña e tinta pero moi expresivo. E a narración en primeira persoa, máis sendo unha nena, son o que lle resultou máis atractivo a Carmela, presentadora desta obra.

APRENDE A USAR O BUSCADOR MEIGA
Quero atopar todos os libros da serie PERSÉPOLIS que hai na biblioteca
...Buscar por: Frase ou texto // En: Serie // (Criterio de busca): Persépolis
Aparecen as fichas dos libros.
Ir directamente ó resultado:
Obras da serie Persépolis
Quen era a autora? – Non sei, apelidábase Sata... ou Satra...
...Buscar por: Lista alfabética // En: Autor // (Criterio de busca): SAT
Aparece unha lista alfabética de autores a partir dos que empezan por Sat; entre os primeiros atoparás a Satrapi, Marjane. Atopas as fichas dos seus libros pinchando no seu nome.
Ir directamente ó resultado:
Autoras/es que empezan por SAT
Como podo atopar todos os cómics de tema histórico que hai na biblioteca?
...Buscar por: Frase ou texto // En: Materia // (Criterio de busca): COMIC HISTORIA
Aparecen as fichas das obras. Están en varias páxinas (10 fichas en cada páxina), así que terás que ir premento “Seguinte”. Irás atopando a Corto Maltés, os Barbanzóns, Érase unha vez...
Podes filtrar os resultados de varios xeitos. Por exemplo, premendo en Desglose por: Soportes, idiomas e seccións podes ver listaxes separadas do que hai impreso ou en DVD, do que hai en distintos idiomas, etc. Tamén podes premer na opción Autores do cadro Filtrar no resultado e despois pinchar na inicial da/o autor/a que desexes (por exemplo, S para os de Marjane Satrapi e outras/os que comecen por S, C para os de Pepe Carreiro e outras/os que empecen por C...)
Ir directamente ó resultado:
Cómics de tema histórico
Ir directamente ó resultado: Desglose por Soportes, idiomas e seccións