PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA 4º ESO. 3ª SESIÓN: A IMAXE E A PALABRA

Nesta terceira sesión do club de lectura introducimos @s clubeir@s no mundo do cómic. Nun power point ollamos os elementos que os debuxantes empregan á hora de crear unha banda deseñada e mesmo como facer nós un cómic cuns poucos elementos básicos de debuxo.



Aproveitando que leron Maus na sesión anterior do club (podes premer aquí para ler máis), analizamos as características visuais deste libro. Preguntámonos porque o autor empregou un debuxo tan sinxelo e que finalidade oculta. Deducimos que imaxe e texto están fortemente vencellados, de aí que caracterice aos personaxes en animais tentando simbolizar a través das cualidades destes (porcos, gatos e ratos) a problemática social da época (polacos, nazis e xudeus).




Unha temática tan comprometida impide un debuxo realista e promove a sinxeleza do trazo para non entrar en competencia coas profundas reflexións que xera a temática social desta banda deseñada.

Feito por Santiago Piovene (4º ESO B)


Hai unhas semanas a profesora de Historia Andrea Moreno falounos da Segunda Guerra Mundial.

Recomendounos ler un libro, chamado Maus, que trataba deste tema, dos nazis e de Hitler, un ditador alemán que acabou coa vida de un millón de xudeus. Os personaxes do cómic eran animais, cada un representando a unha determinada raza ou grupo social, por exemplo: os xudeus viñan representados como ratas, os nazis como gatos, os polacos, como porcos, etc.

Uns días despois, veu a profesora de plástica Liliana Vázquez, cunha presentación no ordenador, foinos ensinando como facer un cómic, explicando ata o máis mínimo detalle. Deunos algúns consellos e tácticas e ofreceuse a axudarnos persoalmente a facer algún.


O que me pareceu máis importante foi a charla da 2ª Guerra Mundial, xa que non se estuda con tanto detalle na ESO e é un tema bastante importante e fainos reflexionar sobre algunhas cousas, que aínda seguen pasando agora no mundo.

MALETA DE LECTURA. BIBLIOTECAS ESCOLARES E CFR-VIGO.

Contámosvos a nosa experiencia coa Maleta de lectura, unha actividade de Bibliotecas Escolares e CFR-Vigo.

Recibímola o día 26 de novembro e tiñámola ata o 14 de decembro. Como había moitos festivos polo medio, exames, avaliacións... decidimos revisar o contido e facer unha preselección dun libro para cada departamento.

A idea era insistir no noso lema deste ano, Toda profesora, todo profesor é profesor/a de lectura. Pedimos a cada departamento unha achega (unha idea para unha actividade, unha bibliografía, unha páxina web, unha valoración...) que concrete algún tema deste material, e que poida utilizarse máis adiante ou ser aproveitada por outro centro.

En xeral, a preselección (podédela descargar aquí) foi bastante arbitraria, pensando nas persoas concretas que traballan no equipo de apoio á biblioteca ou coas que adoitamos coincidir na sala de profes e na cafetería, e suxerida por detalles casuais "pillados polos pelos" nunha lectura moi superficial. Tampouco puidemos falar con todos os departamentos. Pero serviu para ter algo concreto de que falar con cada profesor/a (Ter algo na man) e que botaran unha ollada aos contidos da maleta. En case todos os casos acabaron escollendo un libro distinto do que lles ofrecemos, o que valoramos moi positivamente.


As achegas dos departamentos
Isto é o que ofreceron os distintos departamentos (premede a tecla "Control" ao picáredes nas ligazóns se queredes que esta páxina permaneza aberta):

Departamentos de Ciencias Naturais e de Física e Química
Actividades: A outra cara da ciencia, Marie Curie

Departamento de Educación Física

Departamentos de Educación Plástica e Visual e de Tecnoloxía

Departamento de Filosofía

Departamento de FOL

Maleta de lectura - Departamentos de EPV e Tecnoloxía

As portadas dos libros


Proposta dunha actividade de análise e creación de portadas de libros.


Análise dunha portada

Propoñemos a propia portada do libro Cen libros para un século, do Equipo Peonza. En particular, comentar a perspectiva isométrica representada.


Análise e creación de portadas

Comentamos as portadas tanto polo interese do contido do libro como pola imaxe concreta que se reproduce nas páxinas desta obra:

É a portada da época ou unha nova creación para unha edición recente?
En que o notamos?
Como comunica o contido?
Como motiva a lectura?

A continuación charlamos e facemos propostas sobre novas portadas para as obras e realizámolas.


Proposta de títulos

Para este traballo seleccionamos dez das cen obras recollidas:

Carrapuchiña en Manhattan
Contos da selva
Contos de Calleja
Contos xudíos da aldea de Chelm
Corto Maltés
Mary Poppins
Momo
O señor das moscas
Pinocho
Platero e eu

Maleta de lectura - Departamento de Administrativo

Suxestións de lectura


Vamos rachar un mito: que se estás estudando un ciclo non podes ler.

Os ciclos de Formación profesional teñen un nivel moi alto. Os ciclos medios teñen unha esixencia para o alumnado equiparable á dun bacharelato, e un ciclo superior á duns estudos universitarios. Hai que estudar moitas horas, descansar, facer deporte...

Pero esixen tamén unha formación integral da persoa e a lectura, por tanto, ten un lugar importante no desenvolvemento intelectural da persoa que está estudando un ciclo. Non é certo que o alumnado de ciclos non lea. A pregunta é: Que len? Como resposta, o alumnado de ciclo medio ofrécenos unha selección de libros que leron recentemente:

BARCELO, Elia: A rocha de Is
BLUE JEANS: Cancións para Paula
BOYNE
, John
: O neno do pixama a raias (4 alumnas/os)
BROWN, Dan: Anxos e demos
BROWN, Dan: O Código Da Vinci
CANOSA BLANCO, María: A pedra de seixo
DU MAURIER, Daphne: Rebeca (2 alumnas/os)
G. REIGOSA, Carlos: Crime en Compostela
MALLORQUÍ, César: O último traballo do Señor Lúa
MOCCIA, Federico: A tres metros sobre o ceo
MOCCIA, Federico: Perdoa pero quero casarme contigo
PAZ, Pedro de: O documento Saldaña
RUÍZ ZAFÓN, Carlos
: O príncipe da néboa
SPARKS, Nicholas: A última canción
TASSO, Valerie: La reina del Paranaimbo
TASSO, Valerie: Diario dunha ninfómana

Maleta de lectura - Departamento de Filosofía

Que hai para ler?

As seguintes consideracións están suxeridas pola estética do libro O desexo de ler, de Víctor Moreno, que lembra a dos deseños de John Tenniel para os libros de Alicia de Lewis Carrol. A lóxica e a estética, pontes de unión entre filosofía e matemáticas, servirannos para atopar lecturas filosóficas no catálogo da biblioteca
(Se queres saltarte “todo o rollo”, ao final hai un resumo).

Preguntámonos:
Que hai para ler...?
...de filosofía?
...que teña que ver con filosofía pero que non sexa filosofía?
...que teña que ver con outros saberes?
...e como atopalo na biblioteca?


Buscamos no Currículo Lector de 1º Bach.

Comecemos polo currículo lector de filosofía de 1º Bach. No Floriani temos nel moitas obras de Platón, Aristóteles, Descartes, etc., pero outras están escritas por escritoras/es non consagradas/os como filósofas/os, como G. Orwell, M. Crichton, J. Boyne... Como podemos saber as obras que hai dun e outro grupo na biblioteca? A través do buscador MEIGA. Preme a tecla “Control” e pica aquí e abrirase a páxina do noso Centro na Rede de Bibliotecas de Galicia. Nela poderás buscar fondos na nosa base de datos indicando o tipo de busca (Buscar por), o campo (En) e o texto de busca (nun cadro en branco). Estes conceptos básicos están explicados no blog e na páxina web.

Para buscar obras de filósofas/os, por exemplo, de Platón fai a seguinte busca:
...Buscar por: Frase ou texto // En: Autor // (Criterio de busca): platon

Escribe sen tiles, xa que o buscador funciona mellor así. Picando aquí obtés o resultado sen que teñas que teclear todo. Ves que aparecen varias obras e que a Localización é 87/PLA. Isto quere dicir que están no andel de Literatura Clásica, correspondente ao número 87 da Clasificación Decimal Universal (CDU). Proba o mesmo con Aristóteles. Descartes, porén, está localizado en 1/DES. No número 1 temos as obras das/os principais filósofas/os (excepto as/os da Grecia Clásica).

Para atopar narrativa filosófica fai a busca:
...Buscar por: Lista alfabética // En: CDU // (Criterio de busca): 1(82)

ou pica aquí. O nº 1 da CDU corresponde a filosofía, o 82 a literatura e os parénteses indican a forma da obra, de xeito que 1(82) significa Filosofía en forma de literatura.

Ao facermos a busca por Lista alfabética atopamos todos os fondos nos que o código CDU comeza por 1(82), pero se buscásemos por Frase ou texto (pica aquí) atoparíamos máis libros. A razón é que agora aparecen non só os que empezan por 1(82) senón todos os que teñen a secuencia 1(82) na CDU, e isto inclúe o número 51(82), que podemos ler Matemáticas en forma de literatura porque o 51 é o código das matemáticas.


Máis cousas de filosofía para ler

Por exemplo, cómic e libro xuvenil ilustrado, como a colección Documentos Ilustrados, con títulos como Anarquismo para principiantes, Freud para principiantes, etc. Podes buscalos polo nome da serie:
...Buscar por: Frase exacta // En: Serie // (Criterio de busca): documentales ilustrados

Isto é difícil se non o coñeces o nome da colección de antemán, así que podes buscar no título a frase para principiantes:
...Buscar por: Frase ou texto // En: Título // (Criterio de busca): para principiantes

Agora o malo é que aparecen títulos que non son deste tema. Proba esta solución:
...Buscar por: Lista alfabética // En: Materia // (Criterio de busca): comic

Así aparecen todas as combinacións de materias que empezan por COMIC, e podes elixir algunhas nas que quizais non pensaras, como COMIC PSICOLOXÍA e outras. É esta solución perfecta? Non, porque a palabra COMIC podería non estar ao principio (como en ANTROPOLOXIA COMIC). O mellor é sempre coñecer moitos criterios e facer a busca de varios xeitos.


Pelis

No currículo de filosofía temos tamén películas. Para buscalas, suxerímosche que busques por materia (ética, filosofía, psicoloxía, socioloxia...), que a continuación fagas o Desglose por soportes, idiomas e seccións e que finalmente piques en Audiovisuais (non podemos poñer unha ligazón directa a ese resultado: tes que ir picando ti nas opcións).

Aquí si que temos unha opción mellor: a busca avanzada. Con ela podes “cruzar” criterios de busca, como
Tema: psicoloxia // Soporte: 4. Películas, vídeos, etc.

(Aquí tampouco podemos poñer unha ligazón directa).


Resumo

Resumindo, fixemos as seguintes buscas:

Formación de lectoras/es no blog
Formación de lectoras/es na web da biblioteca

Buscador MEIGA
Busca avanzada

Obras de Platón
Obras de Aristóteles
Obras de Descartes

Narrativa filosófica
Narrativa filosófica ou matemática

Serie "Documentales ilustrados"
Obras "...para principiantes"
Criterios que inclúen "cómics"

Pelis (desglosar: Audiovisuais) sobre ética, filosofía, psicoloxía, socioloxía.

Maleta de lectura - Departamento de Educación Física

10 ideas clave de animación a la lectura

As ideas expostas neste libro, e en particular a idea clara nº 5 ("O xogo entendido con seriedade, é inherente á lectura e, ben utilizado, pode despertar o desexo de ler"), suxírennos a idea de que a motivación é o problema central en torno ao que xira a educación de lectoras/es. Ler e xogar son o mesmo.

Isto pode entenderse tamén no sentido de que os xogos de mesa fan máis atractiva a biblioteca para o alumnado. Abrimos de novo o debate: Silencio, concentración, ambiente de traballo individual? Xogos, actividades, ambiente de traballo colectivo?

Para quen opte polo segundo, recomendamos tres páxinas nas que se pode aprender as regras e descargar taboleiros e incluso simuladores de gran número de xogos. Facemos tamén unha selección dos que serían interesantes para unha biblioteca:

Páxinas

De tablero
Mundijuegos
Tangram en Facebook

Selección

3 puntos: Regras, Taboleiro
Ashte Kashte: Regras, Taboleiro
Backgammon: Regras, Taboleiro
Damas: Regras, Taboleiro
Dominó: Regras
Hex: Regras, Taboleiro
Liñas de Acción: Regras
Otelo: Regras
Parchisi: Regras, Taboleiro
Pentago: Regras, Taboleiro
Quoridor: Regras, Taboleiro
Senet: Regras, Taboleiro
Taboíña celta: Regras
Tangram: Completo (inclúe simulador)
Xadrez: Regras
Xungla: Regras, Taboleiro

Todos os materiais, tomados das páxinas citadas e da wikipedia, utilízanse só con finalidade educativa e, para solicitar que se retiren deste blog, basta con indicárnolo nun "comentario" na caixa de diálogo.

Maleta de lectura - Departamento de Inglés




Bibliografía por niveis



O Departamento de Inglés ofrece esta bibliografía agrupada por cursos, en relación cos niveis de referencia:


The adventures of captain Crossbones
Grade: 1 ESO. 800 words. Level A1 (Beginner)

The abandoned house
Grade: 2 ESO. 800 words. Level A1 (Beginner)

The black cat and other stories
Grade: 3 ESO. 1200 words. Level A2 (Pre-intermediate)

Stories from Shakespeare
Grade: 3 ESO. 1200 words. Level A2 (Pre-intermediate)

The lost world
Grade: 3 ESO. 1200 words. Level A2 (Pre-intermediate)

The African queen
Grade: 4 ESO. 1500 - 1700 words. Level A2 (Pre-intermediate)

The thirty nine steps
Grade: 4 ESO. 1500 - 1700 words. Level A2 (Pre-intermediate)

A Connecticut Yankee in king Arthur´s court
Grade: 1 Bach. 1700 - 2200 words. Level B1 (Intermediate)

Gothic short stories
Grade: 1 Bach. 1700 - 2200 words. Level B1 (Intermediate)

Brave new world
Grade: 2 Bach. 1.700 - 2.200 words. Level B1 (Intermediate / Upperintermediate)

A foreigner in New York
Grade: 2 Bach. 1.700 - 2.200 words. Level B1 (Intermediate / Upperintermediate)


No programa oficial non traballamos os niveis C1 e C2 pero no Club de lectura ímonos atrever con Harry Potter and the Philosopher's Stone. Atréveste ti tamén?

Maleta de lectura - Departamento de Francés


Bibliografía por niveis


O Departamento de Francés ofrece esta bibliografía agrupada por niveis de referencia





A1 (Inicial – Por exemplo: Easy readers série A – 600 palabras)



SIMENON, GEORGES: La rue aux trois poussins
SIMENON, GEORGES: Le mari de Mélie
RENARD, JULES: Poil de Carotte
NATHAN-DEILLER, MURIEL: Un quartier trés "spatial"


A2 (Elemental – Por exemplo: Easy readers série B – 1200 palabras )



FOURNIER, ALAIN: Le grand Meaulnes
SIMENON, GEORGES: Maigret et le fantôme
VALCHE, VALENTINE: Le cadeau surprise


B1 (Soleira – Por exemplo: Easy readers série C – 2000 palabras)


CARDINAL, MARIE: La souricière
DEFORGES, RÉGINE: La bibyclette bleue
NATHAN-DEILLER, MURIEL: Le fantôme de Vercingétorix
BOUTÉGÈGE, RÉGINE; LONGO, SUSANNA: Éric a disparu


B2 (Avanzado – Por exemplo: Easy readers série D – 2500 palabras)


SAINT-EXUPÉRY, ANTOINE DE: Le petit prince
BOUTÉGÈGE, RÉGINE: La griffe
BALZAC, HONORÉ DE: Le père Goriot
CHARRIÈRE, HENRI: Papillon


C1 (Autonomía)


SAGAN, FRANÇOISE: Bonjour tristesse
CARDINAL, MARIE: La clé sur la porte


C2 (Mestría)

DRUON, MAURICE: Les grandes familles
DRUON, MAURICE: La volupté d’être
FLAUBERT, GUSTAVE: Madame Bovary
STENDHAL: Le rouge et le noir
ZOLA, EMILE: Germinal
HUGO, VICTOR: Les misérables
CAMUS, ALBERT: L’étranger

Maleta de lectura - Departamento de LL. Castelás

¿Qué leen los que no leen? El poder inmaterial de la literatura, la tradición literaria y el hábito de leer de Juan Domingo Argüelles amósanos a través de distintos autores como resulta contraproducente a obligatoriedade da lectura nos centros de ensino pois a lectura concíbese como un placer (“ler non serve para nada: é un vicio, unha felicidade”, di Gabriel Zaid).
Mais Eco nos invita a non confiar en visións descarnadas do placer literario para non correr o risco de reducir a literatura a deporte ou resolucións de crucigramas, actividades cun poder moito menos profundo e moito menos trascendental que a lectura. Como xa sinalou Juan Rulfo, “A literatura non é, como cren algúns, un elemento de distracción”.
O ben inmaterial da literatura que resalta Eco é o mesmo que distinguiu Rulfo: todo o que vai conformando a civilización e mantén ao mesmo tempo a nosa lingua individual e colectiva, grazas a Homero, Dante, Montaigne, Shakespeare, Cervantes, Tolstoi, Whitman, Vargas Llosa, … por citar solo algúns.
Resalta Argüelles que “por asombroso que sexa, moitísimos funcionarios, editores, mestres, pais de familia profesionais e promotores do libro saben que ler é positivo…pero non teñen a máis remota experiencia de por que e bó”.
Rematarei con Gabriel García Márquez, quen pensa que a lectura “adquírese por contaxio” e non a través da presión social e escolar.