PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta Actividades xerais 13-14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades xerais 13-14. Mostrar todas las entradas

Resumo de actividades 2013-14

Xa estamos comezando o curso 2014-15, así que imos ir resumindo o traballo da nosa Biblioteca Escolar en 2013-14. Na súa maior parte dedicouse ao Proxecto de Biblioteca, que este ano foi Xénero e Identidade, pero recollemos tamén outros conceptos:

Proxecto biblioteca: Xénero e identidade
Actividades xerais 2013-14
Colaboracións con outras entidades
Formación de usuarias/os

Boletíns
Pica nas imaxes da columna da esquerda para acceder aos posts


      PROXECTO DE BIBLIOTECA: XÉNERO E IDENTIDADE      

http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2013/10/enquisa-roles-de-xenero.html
Enquisa roles de xénero
http://bibliofloriani.blogspot.com.es/2013/11/enquisa-ciencia-e-xenero.html
Enquisa ciencia e xénero
Hamlet - Documentation
Violencia de xénero - 1º Humanístico
Violencia de xénero - 1º Ciencias e Tecnoloxía
Encontro con Jéssica Míguez Lago, cabo da BRILAT
Encontro con Carolina Iglesias, psicóloga
Hamlet - Documentation / Our work
Exposición: Ciencia e xénero no século XXI
Gender roles in commecials
A Cincenta que non quería comer perdices - 1º ESO
Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Encontro con Susana Muíños
Gender violence in music
Xénero e poesía: Recital de Silvia Penas
Exposición: Xénero e Identidade - Lecturas filosóficas
Exposición: Mulleres emprendedoras
Visita á Casa Museo Pardo Bazán
Gender roles - Glossary of terms and concepts
Mulleres galegas - Presentacións de 2º de PDC



      ACTIVIDADES XERAIS 2013-14      

Mochilas viaxeiras
Concerto TERANGA
Concurso de Relato de Terror
Día da Biblioteca 2013
6 charlas filosóficas - A revolta dos animais
Encontros con autores - Miguel Anxo Fernández
Mindfulness
Exposición: "Ler ciencia na biblio"



      COLABORACIÓNS CON OUTRAS ENTIDADES      

Día da Biblioteca 2013
(Biblioteca Pública Municipal)
http://www.eurekamovil.es/amnistiainternacional
Recollida de móbiles - Preparación
(Rede de Escolas de Amnistía Internacional)
Día da Paz 2014 - Coltán
(Rede de Escolas de Amnistía Internacional)
Día da muller 2014 - Encontro con Susana Muíños
(Rede de Escolas de Amnistía Internacional)



      FORMACIÓN DE USUARIAS/OS      

Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato - Materiais
Presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato - Visita



      BOLETÍNS      

Boletín Nadal 13-14
Filosofía... en cómic !!!
Ler ciencia na biblio
Xénero e Identidade: Lecturas filosóficas



CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" – 6

6ª sesión: Os debuxos (e máis)
... Un retrato de Napoleón, de perfil, executado por Squealer en pintura branca

Xa acabaron as charlas na biblioteca por este ano!

Pero aínda temos un post máis no blog para recoller, coma sempre, os materiais de toda a serie (presentacións e carteis). Esta vez, sobre todo, queremos reunir todos os debuxos que fixeron Andrea Martínez, Andrés Núñez, Sara González e Iara García. Ademais, ofrecémosvos algúns dos enderezos de internet que utilizamos para preparar o noso traballo.


Os debuxos
Picade na imaxe para verdes en ISSUU os personaxes principais (porcos e cabalos) e secundarios (galiñas, ovellas...) e as caricaturas de personaxes históricos:

 
 

Materiais para descargar
Picade no debuxo para baixar todos as presentacións, os carteis e os debuxos, en formato comprimido:



Ligazóns
Hai algunhas recensións do libro en galego, como a do blog Tirarrollas:



Xa coñecedes as guías de BookRags e SparkNotes, pero entre as páxinas en inglés esta vez gustounos a de Schmoop:



Hai moi boas páxinas en castelán. Dúas das máis coñecidas, Monografías e Rincón del Vago, son tamén das máis completas:



Finalmente, a peli en inglés con subtítulos en castelán:



CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" – 5

5ª sesión: Símbolos da novela
Todos os animais son iguais... pero algúns son máis iguais ca outros

A derradeira charla filosófica deste ano dedicámola ao mundo simbólico de A revolta dos animais.
A exposición correu a cargo de Diego Pérez e Iago Blanco que analizaron, respectivamente, os mandamentos e a súa evolución e máis os símbolos do animalismo como a bandeira ou o himno.



Diego explicounos como os mandamentos foron evolucionando a medida que os porcos íanse humanizando (lembremos que, na linguaxe da novela, isto quere dicir que os dirixentes comunistas ían adquirindo os peores hábitos burgueses). Deste xeito, Ningún animal durmirá en camas cambia, cando Napoleón e os outros comezan a facelo, a Ningún animal durmirá en camas con sabas. Só Benxamín (o burro ilustrado) parece percibir estes cambios, mentres os cans (a policía de Stalin) sementan o terror e as ovellas (o partido comunista oficial) repiten fórmulas desgastadas e desmobilizadoras coma Catro patas ben, dúas pernas mal.




Con Iago fixámonos nos paralelismos entre
o animalismo e o comunismo,
o corno e a pata e a fouce e o martelo,
a bandeira verde da Granxa Animal e a bandeira vermella da URSS e
a canción Bestas de Inglaterra e a Internacional.
Nos debuxos finais non somos quen de distinguir se as figuras son de animais ou de persoas Vemos que se están xogando as granxas ás cartas e de súpeto sacan dúas cartas de espadas iguais e comezan a acusarse mutuamente de facer trampa. Iago compara isto coas Conferencias de Ialta e Teherán onde comunistas e capitalistas se repartiron o mundo como bos amigos... só para comezaren de seguido coa guerra fría e as acusacións mutuas de espionaxe.




Materiais para descargar

Estamos preparando un post máis desta serie no que poderedes descargar todas as presentacións multimedia das cinco charlas e máis os cinco carteis, xunto coa colección completa de debuxos de Andrea MartínezAndrés Núñez, Sara González e Iara García, pero polo de agora podedes ir baixando a presentación e o cartel desta quinta sesión:

https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Presentacion.pps/516199508/RevAn5_Presentacion.pps https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Cartel.doc/516199522/RevAn5_Cartel.doc