PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta 8 OBRAS DOS AUTORES QUE NOS VISITAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 OBRAS DOS AUTORES QUE NOS VISITAN. Mostrar todas las entradas

ABRAHAM CARREIRO

CONTOS QUE LEN OUTROS NENOS DO MUNDO

É unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cegoña que gosta moito de viaxar. Durante as súas viaxes vai recompilando historias dos sitios polos que pasa para despois contárnolas ao chegar aquí.

Se queres saber máis dalgún libro de Abraham Carreiro preme na portada que che interese...




SANTIAGO JAUREGUIZAR

Se queres saber máis dalgún libro de Jaureguizar preme na portada que che interese...





XOSÉ ANTONIO PEROZO RUÍZ

Se queres saber máis dalgún libro de Perozo preme na portada que che interese...


DAVID D. VÁZQUEZ ÁLVAREZ

Se queres saber máis dalgún libro de David Vázquez preme na portada que che interese...

ABRAHAM CARREIRO: O CAZADOR DE CAMBODIA

Materia: PRIMEIROS LECTORES
ISBN: 978-84-8341-307-4
Ed. Consorcio Editorial

ABRAHAM CARREIRO: LATCHO DROM

Materia: PRIMEIROS LECTORES
ISBN: 978-84-8341-407-1
Ed. Consorcio Editorial

ABRAHAM CARREIRO: AS ESPIÑAS DO PORCO ESPIÑO

Materia: NARRATIVA INFANTIL
ISBN: 978-84-8341-457-6
Ed. Consorcio Editorial

ABRAHAM CARREIRO: A PEL DO CROCODILO

Materia: NARRATIVA INFANTIL
ISBN: 978-84-8341-208-4
Ed. Consorcio Editorial

S. JAUREGUIZAR: A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

Sipnose:

Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña, e no medio desta celebración acontece algo que podería crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón cedida para os actos desapareceu. Para resolver a situación aparece Tintimán, unha sorte de xornalista-investigador, estudante de bacharelato cun máis que alto concepto de si mesmo, algo así como un superheroe algo impertinente que, axudado por amigos e o seu gato señor Grozni conseguirá resolver o problema malia os atrancos que se lle van presentando.

S. JAUREGUIZAR: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela.

Sipnose:

Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

S. JAUREGUIZAR: O contador de estrelas

Sipnose:

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañado á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento.

Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.

O contador de estrelas, de Jaureguízar, é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

S. JAUREGUIZAR: O globo de Shakespeare

Sipnose:

Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos, son os personaxes de O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. Esta novela, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano, supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cun apoteósico final tráxico.

S. JAUREGUIZAR: Plastilina nos pulmóns

Sipnose:

Nos anos 80, Annapurna, unha moza galega, acompaña o seu pai ao Himalaia, pois o home organiza unha expedición para procurar a cámara de fotos de George Mallory, que probaría que o inglés foi o primeiro montañeiro en coroar o Everest.

Agora é Namche, o fillo de Annapurna, quen, así que cumpre 18 anos, viaxa ao Tibet para desenguedellar os misterios daquela expedición, coñecer as súas consecuencias e saber máis do seu admirado avó Tomás. Para iso deberá afastarse do seu mundo, inclinacións xenófobas incluidas. E, no seu pescudar, chegarán respostas inesperadas.

S. JAUREGUIZAR: Unha cabana na lúa

Sipnose:

A vida dun líder nunca é doada. Menos cando ese líder ten dez anos e unha nai que chora coas telenovelas e decidiu chamar Aquilino Antonio ao seu cativo. Aquilino Antonio, Lino, é líder dunha panda de rapaces aos que ten que guiar nas batallas contra a panda rival, para que constrúan un somerxible ou unha nave espacial na que viaxar á Lúa e construíren aló unha cabana.

S. JAUREGUIZAR: A cova das vacas mortas

Sipnose:

Xoel e a súa nai, de orixe alemá, viven nunha comuna na aldea de Foxo. Soña con poder marchar e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda cando o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín. Trae consigo unha chea de fitas de cine e unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado; Iria defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.

S. JAUREGUIZAR: Cabaret Voltaire

Sipnose:

Un rexistro paródico e desmitificador é o pano de fondo que lle serve a Jaureguizar para contar unha historia de amor entre un enxeñeiro alemán (Wlhelm Kurtz) e unha muller galega (Nuria) que actúa nun cabaré da vila luguesa de Ribadeo. Comeza nos anos 30 en Ribadeo no Cabaret Voltaire, local no que ela baila lucindo unha cola de serea nun gran tanque de auga. Acaban fuxindo a Berlín, onde el se deixará arrastrar pola crecente marea nazi. Setenta anos despois, regresan a Ribadeo. Sen prescindir do sentido do humor e da narración axil e precisa, a novela logra transmitir a tensión dunha época dominada pola barbarie e os abusos do poder. A historia europea do século XX, serve ao seu autor para facer unha crítica irónica da violencia e da guerra.

S. JAUREGUIZAR: Casa Skylab

Sipnose:

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a un grupo de hippies que se instalan nunha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a cabeza de Beiras custodiados no pub “Sempre en Galiza”, local rexentado por dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén, o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil.

S. JAUREGUIZAR: Balea morta ou lancha a pique!

Sipnose:

Expósito Vindeira, o capitán Thunderskin, o protagonista de A rutina corsaria, viaxa ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick e que fora rehabilitado. Alí Thunderskin, pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e o mariñeiro portugués Joao, tomarán por asalto aquel casco envellecido para procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick. Ofrécenos Jaureguizar a segunda entrega de “As aventuras do capitán Thunderskin”, a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes desta novela fascinante.

S. JAUREGUIZAR: Breve crónica universal da clase obreira

Sipnose:

Leticia e Raúl, unha parella tipo, anguriada polas continuas voltas de torca que ameazan a súa escasa estabilidade familiar, refliten o afogo dos menos afortunados, o mundo obreiro obrigado a loitar e sufrir todas as crises.«O operario da construcción lembra o que lle sucedeu. Sen nómina. Con muller. Con embarazo. Sen contrato. Sen futuro. Con abafo...».

Jaureguizar mestura diálogo, narración e crónica (comentario periodístico que inclúe unha explícita denuncia social) a través dun narrador interesado e contextualizadas por editoriais de prensa que condensan unha visión do mundo como productor de carnaza —obreiros— flotando nun mar de tiburóns famentos e avarentos. «Uns cen millóns de nenos no mundo viven e traballan na rúa...7,5 millóns de pícaros en todo o globo desempeñan empregos cualificados como de semiescravitude... A cidade máis rendible para practicar a mendicidade nas rúas en Asia é a capital de Tailandia, Bangkok».

S. JAUREGUIZAR: As horas sucias

Sipnose:

O xornalista televisivo Carlos Seoane dirixe en Lugo o magazine diario Estamos.com. na Canle 69 e consideraba que, para superar a cota de pantalla, debía seguir a máxima do propietario da cadea, Indalecio Guilfrei, e o produtor do seu programa, Xabier Salguetti, “espectacularidade e sentimentalismo: audiencia”. Para superar a audiencia das Crónicas Marcianas de Tele 5 ou dos programas brancos da canle rival, Famigal, non dubidará en emitir mentiras ben contadas. Así pretenden conseguir en exclusiva as imaxes do secuestro de Manuel Rivas por parte dun grupo neonazi. Secuestro que resultará equivocado e dará pé á desaparición de Federico Rodríguez Novo, arqueólogo responsable do informe de patrimonio sobre a conveniencia de construír un centro comercial no antigo foro romano, feito que intentará desvelar o subcomisario de policía Alberte Sanxil.