PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

AGASALLOS

 Esta semana entregamos agasallos ao alumnado que participou nas actividades do Día do Libro caracterizándose de personaxes literarios, e tamén aos que gañaron o concurso adiviñando todos os personaxes e relacionándoos coas súas respectivas obras. 

¡Noraboa e grazas pola vosa participación!


OBRADOIROS DE POESÍA CON ELVIRA RIBEIRO E ALBA CID

A finais de marzo, o alumnado de  2º de ESO desfrutou dun interesante obradoiro de poesía e hoxe tocoulle o turno a 1º de ESO. Os obradoiros correron a cargo de dúas das grandes poetas galegas do panorama actual, ELVIRA RIBEIRO e ALBA CID.

 Con elas creamos, escoitamos e desfrutamos aprendendo que a poesía está ao noso redor e que pode ser moi divertida. Foi un pracer recibir a súa visita e esperamos repetir no futuro. ¡Moitas grazas a ambas!