PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta FORMACIÓN USUARIOS 2011/12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FORMACIÓN USUARIOS 2011/12. Mostrar todas las entradas

O TITORIAL DAS VIAXES DE ULISES

Primeiro adornamos a Biblioteca con tiras de cores da CDU diante do estante correspondente á cada sección. Unha banda marrón diante de enciclopedias e diccionarios, unha banda azul clariño diante de Filosofía, unha de cor vermello diante de Relixión, unha de cor verde diante de CC.NN etc….
Cando o curso chegou a Biblioteca explicouselle os códigos de cor da CDU , así como as diferentes seccións da Biblioteca : cómics, pelis. Deronselle indicacións para a busca no OPAC meiga do catálogo da nosa Bilioteca. Despois da pequena charla dixemoslles que tiñamos uhna sorpresa que viña de moi lonxe e que estaban agardanda na sá de profes.
A sorpresa eran dúas alumnas de 4º da ESO que están a estudar Cultura Clásica: Pilar Álvarez e Maria de la Fuente quenes viñeron da antiguedade para colaborar con nós nesta tarefa.
Co seu atuendo greco-romano explicáronlle aos rapaces e rapazas quen foi Ulises e como foi a súa travesía e peripecias polo Mediterraneo.
Para que fora máis ilustrativo elaboramos un mapa onde cada unha das paradas de Ulises correspondía a unha cor da CDU, de maneira que o mesmo tempo que aprendiamos sobre as desventuras da persoaxe mitolóxica tamén aprendiamos a identificar as diferentes seccións da Biblioteca.
Despois da pequena introducción viu o máis divertido: o xogo da busca de libros relacionados co mar en todas as seccións da biblio.
En grupos de tres ou catro persoas rapaces tiñan que facer unha busca exhaustiva dos libros, ben utilizando o OPAC Meiga no ordenador, ben facendo a propia busca na Biblioteca.
Para elo, Pili e María, as nosas invitadas, dispuñan dunha serie de pistas que ian proporcionando pouco a pouco a cada grupo.
Unha vez atopados os libros ( cada grupo tiña que atopar dous) dábaselles a pieza dun puzzle que representaba a Ulises. O xogo remataba se todos os grupos atopaban os títulos e o puzzle completábase.

AS VIAXES DE ULISES

A Formación de Usuarios deste ano contou coa colaboración do Departamento de Latín e eleximos unha temática que tiña que ver co proxecto da biblioteca: o mar.
Escollemos as viaxes de Ulises como fío conductor da sesión para alumnos de 1º da ESO. Se queres saber como foi a nosa viaxe preme aquí.

Para ver as pistas do xogo preme aquí.

FORMACIÓN USUARIOS PROFES

Estabamos presentes a maioría dos que formamos o equipo da biblioteca. Moitos deles profesorado que se incorpora por primeira vez a él.
Informouse sobre cuestións prácticas como:

1. o novo programa de autoempréstito
2. as líneas prioritarias da xestión básica (busca usuarios, asignación de carnés, préstamo e devolución…)
3. fixéronse practicas de busca de libros no catálogo da biblioteca a través do OPAC- MEIGA .
E outras máis teóricas como a nova estandarización do etiquetado e os códigos da CDU.
FORMACIÓN USUARIOS PROFES
O día 20 de outubro tivo lugar a formación de usuarios para o profesorado. Preme aquí para saber máis.

Presentación da biblioteca para 1º BAC

Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC.
Na clase de filosofía aprendemos a buscar información en internet sobre os libros de lectura da materia e atopalos nos andeis. Para isto tivemos que aprender antes algúns conceptos sobre a distribución da biblioteca e as normas, a Clasificación Decimal Universal e o blog de filosofía.

Ao principio estivemos familiarizándonos cos espazos: os andeis de libro científico, os de literatura xuvenil, os de idiomas, o de películas, o de cómics..., o recanto dos ordenadores, o de lectura informal... Adrían foi o primeiro en usar as butacas deste último recanto.
Xunto aos andeis dos cómics, á entrada, está o cartel da CDU. Folleamos un pouco os libros dos nosos personaxes favoritos e buscamos algúns dos códigos máis frecuentes.
Agora toca baixar o arquivo de ACCESS coa información dos libros de filosofía que podemos ler este ano. Pablo amósanos como facelo na pantalla e as/os demais dicímoslle que obras que nos poidan gustar: por título, por autor, por tema...

E a continuación buscamos en Opac Meiga e, mediante o Localizador, atopamos o libro ou película no andel correspondente.

Ao final utilizamos o programa de autopréstamo para levar as nosas preferencias, como nos ensinaron nos recreos, ou tamén para devolvelas ou renovalas.

FORMACIÓN DE USUARIOS. Presentación da biblioteca para 1º BAC

Na última semana do mes de outubro tivemos as presentacións da biblioteca para os dous cursos de 1º BAC. Para saber máis preme aquí.