PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta 2 ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2 ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

ALMORZOS NUTRITIVOS

En colaboración cos departamentos de inglés e E.F. o venres 7 de decembro celebrouse co alumnado de 1º de bacharelato unha xornada de almorzos equilibrados. Se queres saber máis preme aquí .

CHARLAS FILOSÓFICAS NA BIBLIO

O alumnado de 1º Bacharelato participou na biblioteca nunha serie de charlas filosóficas sobre os principais autores da historia da filosofía. Para ver máis a sesión dobre Platón e Aristóteles preme aquí. Para a sesión sobre Descartes, Hume e Kant preme aquí e para a sesión sobre Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley preme aquí.

LIBROS QUEIMADOS, LIBROS SALVADOS, CAMBIOS DE ACTITUDE

Fahrenheit 451: Libros de filosofía en galego

No 3º trimestre, en colaboración co departamento de filosofía, os grupos de 1º de bacharelato fixeron unha actividade conxunta para aprender a buscar versións galegas dos libros do itinerario lector da materia. Como parte do traballo fixéronse tres murais, que podedes ver en detalle picando nas fotos (Ctrl. + Click aquí para abrir sen saír do blog):


Xiana Roza, de 1º Bacharelato Humanístico, resume a actividade:

Estes murais baséanse na idea que quere mostrar a novela Fahrenheit 451. Nela vese con toda claridade como hai certos libros reprimidos nas linguas. Un exemplo de represión é que case todas as obras referidas á filosofía atópanse en alemán, grego, castelán, francés... ata agora case nunca se atopaban en galego.

Na novela de Ray Bradbury as temperaturas son símbolos que representan as actitudes. Hai un lume que queima, o dos incendios e as piras de libros, e un lume que quenta, o da fogueira onde se reúnen e charlan os homes-libro (e mulleres!). A auga (as bágoas, a chuvia, o río...) representa o renacer, o cambio nas actitudes.

Non todos os libros que queremos ler os atopamos en galego. A maioría soen estar só noutros idiomas. A estes libros chamámolos “libros queimados”, e un exemplo é O mundo de Sofía. Polo contrario, os libros que se poden atopar na nosa lingua chamámolos “libros salvados”, como A revolta dos animais e o propio Fahrenheit 451.

A pesar da imposición doutros idiomas, os “libros salvados” son cada vez máis porque se editan e, sobre todo, escríbense! máis libros de filosofía en galego, e isto é porque a xente anímase a compralos, pedilos, preguntar por eles... Dous exemplos son Aristóteles, o mestre dos que saben, de Alfredo Marcos, e Historias da filosofía, de Marcelino Agís.

O río, como en Fahrenheit 451, representa os cambios de actitude das persoas que traballan para que haxa máis obras no noso idioma, polo cal o mellor que se pode facer é seguir insistindo nisto para difundir máis o galego.


1. O traballo en clase: como saber se un libro está editado en galego

Comezamos traballando en clase con este titorial:



2. A confección dos murais

Despois buscamos cada quen un exemplo de libro queimado e outro de libro salvado, preguntando nas librerías por títulos en galego ou buscando na base de datos do ISBN, e pensamos unha proposta de cambio de actitude para que a sociedade perciba a nosa inquedanza pola publicación no noso idioma.


Dámoslles voltas ás primeiras ideas. Facemos os primeiros bocetos e as primeiras probas...

...pintamos os murais...

...e, para rematar, colgámolos no corredor e pegamos os libros e consellos.



Catro exemplos de propostas de cambios de actitude:

Interesarnos por se o libro que queremos está en galego.
Aínda que o libro non estea en galego podemos pedilo igual porque se o pide moita xente ao mellor acábano traducindo.
Mellor promoción dos autores galegos.
Maior preocupación das editoriais por facer traducións.



Feliz Día das Letras Galegas!

ENGLISH READINGS

WELCOME AGAIN TO THE READER’S CORNER OF ENGLISH DEPARTMENT AT PEDRO FLORIANI HIGH SCHOOL

Students of First Year of Bachillerato have been reading a series of books by well-known English and American writers.
Three students of Bachillerato Humanístico Noa Vázquez, Cristina Méndez and Mª Mar Prieto have kindly agreed on filming their reading reviews. Thank you girls for your courage !!









AN EXTRACT FROM HAMLET

After an adaptation of the play by William Shakespeare, a group of students of 4th year of ESO, Eduardo Reguera, Santi Piovene, Adrian Vilaboa and Carla Lago have skillfully performed their roles as narrator, Hamlet, Claudius and Gertrude respectively. Watch the result:







STUDENTS OF 1º ESO READ ADAPTED VERSION OF TOM SAWYER

Greetings from Pedro Floriani English Department.
We are starting our Reading Days with First Year of ESO groups. We want to promote the use of the English language by reading well-known novels by famous authors.
This time we have chosen the adaptation of The Adventures of Tom Sawyer by Mark Twain.












MOCHILAS VIAXEIRAS - FINALIZA A ACTIVIDADE

“As mochilas viaxeiras” remataron a súa andadura este curso

Foron recorrendo os distintos fogares dos alumnos do primeiro ciclo da ESO levando propostas para toda a familia. Picade nesta ligazón para ver as fotos de cando comezou a actividade e os contidos que levaban.


Destacamos a boa acollida que tivo esta actividade tanto por parte do alumnado como pola dos seus pais e avós. Serviu para ter conta do que podemos atopar na biblioteca do centro, para compartir un rato de lecer entre bos libros ou filmes e para comentar entre compañeiros o que máis gustou (e o que menos).

Moitas grazas polos vosos comentarios, axudarannos a mellorar cara o ano que ven. Chama a atención a esixencia que teñen consigo mesmas algunhas persoas, porque nos consta que algunhas das que opinan que non teñen moito hábito de lectura son realmente grandes lectoras! Aquí tedes unha pequena mostra do que escribistes:


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas e conmemorar o poeta homenaxeado, o 18 de maio @s nos@s alumn@s ofrecéronnos un recital de poemas pertencentes aos poemarios Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) e Poemas 1981-1991 de Lois Pereiro, acompañando a lectura con música moderna acorde ao carisma do poeta punk.
Para sorpresa do público, ao remate do recital, ofrecéronnos, con aire festivo, bailes tradicionais que se tentan recuperar a través do libro Para cantar e bailar de Luís Prego.



Se queredes ler os poemas que se recitaron e quen os recitou, continuade lendo...


Alba Estévez (3º ESO B) recitou “If I die before I Wake...” do poemario Poesía última

(E todo por facer da vida unha dose indolora
da verdadeira existencia, co seu sol e a súa
sombra; e do Soño Eterno, do “Big sleep”,
outro máis pequeno...)

If I die before I Wake...

O pasado apodrece baixo terra
e o presente non flúe,
é un río morto.

Pero esta vez non haberá resurrección
e o futuro é por forza alleo a min.

nadal, 92



Alba Campo (3º ESO A) recitou “X” do poemario Poesía última

(Ausencia ou presencia non alteran
a distancia do espírito,
que xa se internou nela.
E os elementos das novas tecnoloxías
van elaborando os nosos afectos...)

X
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

xullo, 95


Ana Pérez (2º ESO B) recitou “Un presente no día de santa Ana”do poemario Poesía última

“Wer, wenn ich schrieee, hörte mich denn
aus der Engel Ordnungen?...”

Rainer Maria Rilke


(Quen me oiría? Ti oíchesme sempre beloved
amiga interna belovedana anabelobed…
Porque inda que “todo anxo é terrible”, ti
fuches sempre un bo anxo da garda –ti e mais
Ela, ou Ela e Ela, fortes anxos que me gardan.
...porque ser é atroz
a carón da ollada dunha flor...)


XXVI
(Un presente no día de santa Ana)
Fermosa como a morte que se invoca
exerces a beleza internamente
emocionando ás sombras máis letais e irreductibles

descubrindo a presencia
de vestixios de vida
nas máis opacas ruínas
só cunha ollada abortas a ofensiva
da dor que se aveciña.

xullo, 95


Roberto Jiménez (2º ESO B) recitou “Corporal (je t’aim...)” e “Outro poema de amor” do poemario Poemas 1981-1991





Corporal (je t’aim...)

Da boca a furia, os dentes:
as armas da paixón
que a pel intacta exploran e profanan

Carne de luxo
amor
tóxico inxecta

Callado o frío na man e na ferida
formiguea insurxente
e cicatriza
entre os peitos posibles
doutro trunfo

Pois cada tres segundos
dúas pálpebras lubrican
os seus ollos hostiles que non cren.


Outro poema de amor

El xa non sintía nada alí deitado
e ela tampouco ó velo.
Preguntouse se o amara algunha vez
mentres vía o seu sangue a caer na alfombra
que ela, sempre ela, tería que limpar
cando o levasen.