PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES. Mostrar todas las entradas

Boletín - Filosofía... en cómic !!!

Moitas editoriais están comezando a prestar atención á capacidade que ten a banda deseñada de transmitir ideas moi complexas nun formato comprensible para persoas de todas as idades e que aínda están iniciando a súa formación na cultura, así como para ofrecer, a persoas que coñecen as obras soamente en forma de texto, unha visión nova e agradable que permite un enfoque distinto.
No Departamento de Filosofía do Floriani imos coa banda!
Temos cómics para...

... as bibliotecas de aula de bacharelato. 
... a hora de ler de 2º e 4º de ESO. 
... a nova sección da biblioteca: Filosofía en cómic, coa signatura 1(82-C).  


Neste boletín tedes unha referencia destas novidades:

 
 



Para descargar o orixinal en Publisher, picade na imaxe:



NOVIDADES: Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo


Dentro da polémica creada polo Decreto de Plurilingüismo, publícase este libro que pode servir de axuda legal para profesoras/es que vaian seguir impartindo clases en galego en contra do que ordena o Decreto e de acordo con leis de maior rango en Galiza, España e Europa.
Se queredes coñecer os argumentos deste sector do profesorado, en xeral pouco difundidos na prensa, podedes ver este video de Galicia Confidencial.