PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto 17-18: Planeta Verde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto 17-18: Planeta Verde. Mostrar todas las entradas

CHARLA SOBRE ANTÁRTIDA


Charla sobre unha expedición á Antártida.

A  nosa compañeira de bioloxía Cristina Martínez ofreceu unha interesantísima charla froito das súas vivencias nunha expedición a Antártida no ano 2008.
Daquela, os científicos que participaron nela xa constataron os efectos adversos do cambio climático e o efecto invernadoiro.


5TH JUNE INTERNATIONAL ENVIRONMENT DAY

DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
O pasado martes 5 de xuño celebrouse en India o Día Mundial do Medio Ambiente cun eslogan moi clariño: descartar os plásticos dun só uso das nosas vidas: garfos e culleres de plástico, pallíñas para os refrescos, botellas de auga.

  BEAT PLASTIC POLLUTION. Loitar contra a contaminación don plástico no noso planeta ese é o obxectivo primordial das accións.

No chamado Great Pacific Garbage Patch acumúlanse máis de 87.000 toneladas de basura e xa alcanza unha extensión equivalente a Alemania, Francia e España xuntas.


Dende a nosa biblioteca  estamos comprometidos co medioambiente e dentro do nos proxecto Planeta Verde quixemos concienciar da importancia de non xenerar tanto residuo plástico. Comprométeste con nós?

                        Plástico producido en catro días por unha familia de cinco membros.



ETIOPÍA

Como traballo final da lectura de Corredoira de María Reimondez, a clase de 1º de agrupamento realizou na biblioteca unha charla informativa sobre Etiopía e as súas principais deportistas.
Ao finalizar houbo unha degostación do pan (feito con fariña de Teff ) e café.






NORABOA A TODO/AS POLO BO TRABALLO E GRAZAS POLO ESFORZO.

Charlas filosóficas "Planeta Verde" 2 - A metamorfose e o planeta

O conto é un exemplo de cómo un factor beneficioso pode convertirse nun lastre.

Na segunda charla filosófica deste curso Javier Darriba enfoca o tema do Proxecto de Biblioteca, Planeta Verde, desde un punto de vista particular: o de Franz Kafka, en A metamorfose.

No coñecido relato no que Gregor Samsa aparece unha mañá convertido en carracho, sen máis explicacións do autor, hai algo que nos resulta moi desasosegante: a naturalidade coa que reacciona toda a súa familia e a lóxica coa que se desenvolven os acontecementos.

Pero É QUE É POSIBLE TRANFORMARSE EN CARRACHO DA NOITE Á MAÑÁ?

Esta metamorfose pode ser metáfora de moitos cambios na persoa: alguén que vai caíndo paulatinamente no alcoholismo, quizais na neurose ou mesmo na mesma ancianidade. Javier fainos ver que o esencial desta historia é que alguén que era unha persoa beneficiosa e produtiva para a familia convértese nun lastre.

Pero non é isto o que sucede tamén coa humanidade no noso planeta? As nosas características máis valiosas como a razón, a conciencia, as emocións humanas... estámolas utilizando para o peor: Matar animais por gusto e extinguir especies, contaminar o medio ambiente, incendiar bosques...

Que podemos facer, entón, os humanos? Javier propón:
Protexer especies en perigo de extinción.
Reciclar, reutilizar e reducir.
Axudar na repoboación dos montes.


Materiais
Deixámosvos aquí o cartel e a presentación desta charla:

  


Charlas filosóficas "Planeta Verde" 1 - Before the flood

A ciencia é clara, o futuro non

Benvidxs unha vez máis ás charlas filosóficas de 1º de bacharelato. Este ano temos unha importantísima referencia no proxecto de biblioteca: O Planeta Verde. Así que imos charlar sobre ecoloxía, respecto ao medio ambiente e as persoas, compromiso, ciencia, vontade política... sempre desde a perspectiva das actividades de lectura e cine-fórum.
Comezamos cun clásico: Antes de que sexa tarde (Before the flood), a película coa que Leonardo DiCaprio, no ano en que foi designado Mensaxeiro das Nacións Unidas para a Paz, quixo remover as conciencias de persoas de todo o mundo (e moi especialmente os Estados Unidos) para que deixasen de negar a evidencia do cambio climático.
Así que Irene, Sabela e Laura viron esta película e resumiron o seu contido para nós.

A charla

Sabela comezou coa presentación dos temas da película. O título fai referencia ao tríptico do Bosco O xardín das delicias terreais, un de cuxos paneis mostra o mundo despois da inundación. Leonardo DiCaprio cítao como unha das imaxes da súa infancia que agora lle suxiren as cada vez peores noticias sobre o cambio climático.
Vemos tamén algunhas das causas do cambio (o aumento de CO2, o uso de fontes de enerxía non renovables e a industria) e algúns dos seus efectos (a extinción de especies, a perda de xeo nos polos e o consecuente aumento do nivel dos mares).

O segundo gran tema é o negacionismo. Laura explícanos o que é e os intereses económicos que hai detrás del, e fai un repaso tanto das persoas que traballan para ocultar o cambio climático como das que traballan por revelalo e forzar aos pobos e os seus gobernos a poñerlle remedio.
Neste chiste vemos retratados a dous recoñecidos negacionistas: Donald Trump e Mariano Rajoy.

Irene remata volvendo ao cadro do Bosco e facendo unha interpretación filosófica: o disfrute dos praceres, sen mesura ningunha e sen compromiso coa conservación do planeta e a vida, está levando á súa destrución e á extinción de moitas especies, e previsiblemente terá consecuencias tráxicas para os seres humanos no futuro.
Este tema aparece en moitos sistemas de pensamento referido ao individuo: o cálculo dos praceres de Epicuro, a loita dos titáns Eros e Thánatos en Freud e a Escola de Frankfurt, ou a dialéctica do gozo e o desexo en Lacan. Aquí aparece agora considerado a escala planetaria.


Materiais
Podedes ampliar esta imaxe de gran resolución, tomada da wikipedia, para ver os detalles do cadro do Bosco.



Tamén podedes ver aquí o noso cartel e a nosa presentación para a charla:

 

Os dereitos da película non están reservados, e pode verse libremente en Youtube e outras plataformas:




FORMANDO CONSUMIDORES RESPONSABLES

Consumir = Mercar.

É dicir cambiar cartos por productos ou servizos tendo o suficiente para ir con dignidade satisfacendo ás nosas necesidades básicas.

Os nosos ancestros tiñan este concepto do consumo só se producía o que se precisaba. Iso era o habitual.

Na actualidade vivimos na excepción e o impacto do noso xeito de consumo no medio
 ambiente é dramático:
CANTOS PLANETAS PRECISAMOS PARA SOBREVIVIR?

Segundo os hábitos de consumo de España precisaríamos 2.1 planetas, según os de USA 5.3.

REALMENTE PRECISAMOS TODO O QUE MERCAMOS?  Detrás do que mercamos hai historias crudas:
minerais de sangue: wolframio e coltan. Guerra e explotación infantil no Congo.



Se desglosasemos os prezos que pagamos pola roupa que mercamos serían así:
60% do prezo para o punto de venta
12% para a marca
20% intermediarios
7 materias primas e outros
0.6% pago para o traballador/a

Que ten en conta o comercio xusto e o consumo responsable?
A distancia para contrarrestar a pegada de CO2
Fomento da produción local e do consumo local
Evitar a contaminación de agroquímicos na fase de producción ou cultivo.
Potenciar fórmulas de cooperativa.
Máis información premendo eiquí:













AS CACHARELAS

Para celebrar o día das Letras Galegas ofertamos para 1º ESO unha obriña de teatro interactiva da compañía As Cacharelas. A temática foi moi variada: dende ecoloxía e coidaddo ao medio ambiente, ata adiccións tecnolóxicas e mención a tradicións ancestrais galegas.
O público disfrutou moitísimo con momentos de risa estrepitosa.




ADA


As profesionais da asociación ADA (Intervención Asistida con Animais e Educación Natural)  de Vigo viñeron a darnos dous obradoiros sobre o seu traballo. 
Trouxeron a Frida unha cadela adiestrada considerada como raza perigosa pero que demostrou ser un animal excepcionalmente intelixente e servicial.






SENTINDO O NOSO PLANETA

Percibir imaxes dende outro sentido que non sexa a vista: co gusto, co son, co olfato, co tacto..
Este foi o reto que nos puxemos neste obradoiro de escritura sensorial que realizamos co alumnado de 1º ESO.
Aquí tendes a nosa bibliografía. Apartir de imáxenes de calidade de estes libros:



" Deliciosas pedras fundidas con sabor a leve toffe  caldoso, bañadas con queixo en pó suave e salgado. Unha manta aterciopelada e xugosa de zume fresco nunha mañá de sábado calurosa."

" Las olas rompen en las orilla, la playa está desierta. El cielo es azul y está despejado. Tengo ganas de bañarme en este agua brava y salada. Las rocas son doradas y la arena es suave y blanda como el algodón. El ambiente es fresco y húmedo lleno de tranquilidad y paz."
" Soy un pequeño petirrojo y acabo de pasar por el lugar más mágico que he visto nunca: una montaña cubierta por un frondoso bosque, por la montaña transcurre un río cadencioso y a la vez calmo. Una espesa bruma recubre todo. El olor a tierra húmeda es embriagador y penetrante. Se sumerge en mi piel provocando una sensación muy agradable. la brisa es ligera y refrescante. La fragancia de la vegetación mojada es dulce y aromática, capaz de transportarme a un cuento de hadas."