PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto biblioteca: Xénero e Identidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto biblioteca: Xénero e Identidade. Mostrar todas las entradas

Mulleres galegas - Presentacións de 2º de PDC

O alumnado de 2º curso de PDC estivo traballando durante o terceiro trimestre nas figuras de mulleres galegas relevantes para a nosa historia: dende pintoras a escritoras, as súas vivencias, as súas circunstancias sociais a súa achega á nosa cultura. Velaquí algúns exemplos do seu xenio.
Maruja Mallo, por Abraham Barral


María Pita, por Lucía Amoedo


Emilia Pardo Bazán, por Christian Ferreira


Concepción Arenal, por Juan Carlos Couñago


María Soliña, por Óscar García


María Castaña, por Miguel Figueroa


Mulleres na nosa historia: Exeria, por Salwa Moukhass


Boletín - Xénero e Identidade: Lecturas filosóficas

Dentro do proxecto de biblioteca, XÉNERO E IDENTIDADE, o Departamento de filosofía colaborou cunha exposición de lecturas filosóficas.
As obras agrupáronse en torno a varios criterios:
Mulleres filósofas e antropólogas.
Feminismo e teoría Queer.
Ciencia e literatura.
Psicoloxía e ética.
Na base de datos MEIGA agregouse unha nova MATERIA, Xénero e Identidade, coa que se vincularon as obras desta mostra e moitas máis, ata un total de 63, no conxunto da biblioteca.

Este boletín recolle as principais obras da exposición e un comentario sobre elas e as/os súas/seus autoras/es:


 
 



Para descargar o orixinal en Publisher, pica na imaxe:


Pica nesta ligazón para ver o post da exposición

Tres exposicións temáticas

Este ano sacamos os fondos da biblioteca en dúas exposicións temáticas.

Xénero e identidade
A primeira tratou sobre o tema do noso Proxecto de Biblioteca: Xénero e identidade. Nela incluíanse novas adquisicións sobre temas que van desde dende a violencia de xénero ata a homosexualidade.




Ler ciencia na biblio
Ademais, apoiando o lema de B.E. este ano (Ler ciencia na biblio) organizamos unha exposición xunto cos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química na que se deron a coñecer algúns dos libros máis atractivos cos que conta o noso centro.





Mulleres emprendedoras
Tamén recibimos unha exposición itinerante da Consellería de Igualdade sobre as mulleres emprendedoras.



Boletíns
Podedes ver os boletíns das dúas primeiras exposicións picando nas ligazóns:
Xénero e identidade
Ler ciencia na biblio


Visita á Casa Museo Pardo Bazán

O noso centro participou no Plan Proxecta: Donas de Seu.
Traballamos coa película no centro e analizamos o contexto histórico.



Despois visitamos a Real Academia Galega e a Casa Museo de Pardo Bazán en A Coruña.

Gender roles - Glossary of terms and concepts

Co alumnado de 1º Bac humanístico estivemos traballando un glosario de terminoloxía relativa ao xénero en inglés.

O traballo consistía en definir e ilustrar con exemplos os conceptos definidos.

Estes eran algúns exemplos da terminoloxía a tratar.
SELF-ESTEEM
POSITIVE ACTION
COEDUCATION
HIDDEN CURRICULUM
WOMEN EMPOWERMENT
GENDER BLINDNESS
GENDER EQUALITY
GENDER MAINSTREAM
GENDER PARITY
GENDER ROLES
ESTEREOTYPES
SEXIST LANGUAGE and
DOMESTIC VIOLENCE/ DOMESTIC ABUSE.
Aquí tendes unha mostra dos traballos realizados:

Xénero e poesía: Recital de Silvia Penas

Para celebrar o día da Muller, a biblioteca xunto co Departamento de Galego organizou un concerto-recital con Silvia Penas e Jesús A. Tejada.
A temática da maioría dos poemas versaba sobre os roles de xénero, así como o maltrato contra as mulleres.
Todos disfrutamos da forza e a intensidade dos poemas de Silvia.
Grazas por achegarnos o voso arte.

Pica nesta icona para escoitar a Silvia recitando o poema Prólogo e Epílogo. 




Gender violence in music

Music expresses that which cannot be said and on which it is impossible to be silent.
Victor Hugo.

 Music is also a powerful tool to denounce abuse against women. In this link we found a useful class resource for our library project about gender roles.
Two groups of second year ESO have attended the activity. We listened to songs by Whitney Houston, Pink, Aretha Franklin, Christina Aguilera, Suzanne Vega.


Materials
      • http://16days.thepixelproject.net/the-pixel-project-selection-2013-16-songs- about-violence-against-women-and-staying-strong-and-positive/
      • Information about:
            o Gender violence
            o Pixel Project
      • Lyrics of some of the songs
      • Questions

Procedure
      • Introduction of the topic by the teacher (group discussion)
      • Brief information about the project
      • Listening and discussion of each song
      • Final activity: answer some reflection questions.

Final activity (questions)
      • What kind of woman is shown in the song (name of the song)?
      • What situation is reflected in the song (name of the song)?
      • Does this kind of woman represent what society expects from her?
      • What do you think is the aim of the authors of these songs?
      • How do you think these songs influence the listeners?
      • Do you think these songs motivate a change in women and men’s attitude towards gender       violence?
      • What do you think is the aim of these songs?


Rede de Escolas de Amnistía Internacional - Encontro con Susana Muíños


8 de marzo, día da muller

Colaboraron: Rede de Escolas de Amnistía Internacional, Departamento de Filosofía, Plan Proxecta: Donas de seu.
Texto do post: alumnado de 2º e 4º da ESO.

Hai unha semana veu aquí, ao Floriani, unha activista de Amnistía Internacional, Susana Muíños. Explicounos todo sobre os Dereitos Humanos e a violencia de xénero, facendo referencia a que a maior parte das veces sófrena as mulleres, e ademais dentro dunha relación.

A violencia de xénero é o acto de violencia, xa sexa física ou psicolóxica, contra unha persoa, por motivos relacionados co xénero.
O sexo son as características biolóxicas, xenéticas.
O xénero é o rol social predefinido, adquirido nun contexto cultural concreto.

Algunhas persoas e culturas pensan que debe haber unha equivalencia entre os conceptos de sexo, personalidade e rol social, e esta rixidez mental pode ser unha causa da violencia de xénero, que non é natural nin inevitable.

Unha forma de maltrato é o físico: a muller sofre golpes, magulladuras e incluso a morte.
Outra forma é o maltrato psicolóxico, facéndolles sentir moi pouco e non valorarse, insultándoas, etc.

Comentamos imaxes

Na súa presentación, Susana amosou imaxes que mostraban a realidade con fotos, nalgúns casos bastante impactantes como a circuncisión, e falou sobre tribos que amputaban o clítoris. Tamén amosou unha imaxe dunha muller comparada cun pallaso.
Púxonos o exemplo dunha muller véndose sobre un espello roto en anacos. Con esa imaxe quería darnos a ver que a muller quere volver a ser coma antes, que o seu presente está cheo de tristura e sufrimento. A muller reconstruía o espello co rostro que tiña antes de ser maltratada, antes de ser insultada, e ela quería volver ser como ela era.

Mostrounos unha muller encerrada nunha casa. Queiramos ou non, sempre van relacionadas esas dúas cousas. Moitas veces as mulleres perden a personalidade.
Tamén houbo fotografías sobre os roles de xénero: Que pasaría se vésemos a un home maquillado ou facendo as tarefas de casa? Seguramente pensariamos que é homosexual. E se vísemos a unha muller con bigote ou traballando de albanel? Si, diriamos que é coma un home. Isto non debería ser así!

Amosounos esculturas, cadros e fotos. En concreto, unha artista que fora maltratada fíxose unha foto e expúxoa para explicar o que lle pasaba a ela e a moitas mulleres.
Nunha escultura unha muller aparece cun bebé recén nado enriba. Isto significa que hai persoas que só queren ás mulleres para teren fillos e despois soportalos “enriba delas” sen ningunha axuda. Isto é debido ao rol de “muller floreiro” que se fomenta.

Ámbitos da violencia de xénero
A familia é o ámbito máis común. A muller ten maior probabilidade de ser lastimada, violada ou asasinada polo seu compañeiro actual.
A escola: A maioría das persoas analfabetas do noso país son mulleres.
Os mass media e a industria estética e cosmética, que xiran en torno ao corpo da muller, provocan a eterna insatisfación por non conseguir un canon de beleza inacadable.
Cultura e relixión: As persoas deben gozar do seu dereito á liberdade de relixión pero isto no se debe usar coma excusa para que un sexo domine ao outro.
En canto á área económica e laboral, a pobreza e a marxinación son causa e consecuencia da violencia contra as mulleres. Se as mulleres teñen un fillo quen deixa o traballo é a muller e non o home; ás veces unha muller está a punto de conseguir un cargo importante, ten un fillo e cando volve ao traballo xa non ten opción a ese posto. Ás veces é mellor que os homes perdan algún tempo de traballo para atender un fillo.
E en canto ao Estado, puxo o exemplo das mulleres que non podían conducir nin sequera sacar o carné.

A Convención sobre a Eliminación de todas as formas de Discriminación Contra a Muller (CEDAW) é un exemplo de avance.
A CEDAW é considerado o tratado máis extenso que garante o recoñecemento dos dereitos das mulleres a nivel mundial.
A CEDAW enumera os seguintes colectivos especialmente expostos á violencia de xénero, que requiren protección por parte do Estado:

Inmigrantes sen papeis,
solicitantes de asilo,
mulleres rurais,
mulleres obxecto de discriminación pola súa orientación sexual,
menores.

Algúns datos e cifras
Unha de cada tres mulleres no mundo sofre abusos.
A violencia na familia é a primeira causa de morte e minusvalía para moitas mulleres de 16 a 44 anos.

Hai 60 millóns de nenas menos que nenos no mundo por abortos selectivos e infanticidios.
O 80 % das vítimas de armas lixeiras no mundo son mulleres, nenos e nenas.

Opinión

Paréceme inxusto que nunha relixión exista esta violencia, xa que a relixión baséase en axudarse uns entre outros. Se todos somos iguais, deberiamos respectarnos. E non debería existir ningunha violencia, no mundo, contra ninguén.
Cos anuncios sexistas dan a entender que as mulleres servimos só para ser como a Barbie, é dicir, só para cociñar e poñernos fermosas para os homes, que non valemos nin para traballar nin para practicar deportes posto que estes anuncios está protagonizados por homes.
Gustoume moito a charla; sobre todo, que traballara con diapositivas e que nós tamén interviñeramos. O que máis me impresionou foi os casos das rapazas que protestan nas igrexas, nos congresos, etc.
O das mulleres rusas (Pussy Riot) pareceume un bo exemplo de superación porque elas saben o que queren conseguir.
O que máis me gustou foron as fotos na que unha muller xogaba a ser un home e un home estaba maquillado coma unha muller. A mellor noticia foi a das mulleres de Arabia Saudí que desobedeceron as leis do seu pais, fixeron o que quixeron e subírono a unha plataforma de internet co risco de seren severamente castigadas polas súas propias familias. Deberíamos facerlles caso e denunciar as persoas que realizan actos contra mulleres que non fixeron nada. Xa que o tema da biblioteca deste ano é Xénero e Identidade paréceme ben que nos dean charlas deste tipo.
Ningunha muller debería pasar por este inferno. Por iso deben facer charlas e actividades deste tipo para loitar pola igualdade, contra o que nos ensinan desde pequenos e o normalizado que está o machismo na nosa sociedade.

Aínda que houbo moitas máis colaboracións, os textos e debuxos utilizados son de: Ismael dos Santos, Iria Míguez, Rubén Domínguez, Laura Puga, Carla Alonso, Sofía Castro, Pablo Amor, Alba Correa (2º A); Anthya Morales, Adrián Ojea, Uxía Calvar, Gabriel Cerqueira, Uxía Calvar (2º B); Alexandre Veiga, Fernando Cabaleiro, Sara Álvarez, Ricardo Vilaboa, Andrea Sanmartín, Nerea Bouzón, Andrea Sanmartín, Tatiana Cabaleiro, Óscar Cabaleiro, Andrea Couñago, Andrea Míguez, Nerea Bouzón, Carolina Blanco, David Misa (4ª B).

A Cincenta que non quería comer perdices - 1º ESO

A última semana de decembro limos o magnífico conto de Lunila López: La cenicienta que no quería comer perdices cos dous cursos de primeiro da ESO.


 
Despois da lectura comentamos o tema do conto a partir deste cuestionario.


Deunos para reflexionar sobre moitas cuestións que nos inflúen desde pequenos/as e que asumimos como normais cando non o deberían ser tanto: como que todas as chicas deben supeditar a súa vida a atopar un príncipe que non resulta ser tal.

Gender roles in commecials

Some students of second year BAC have worked on some presentations about gender roles and publicity. Here are some of them:

       

Manu and Carmen focused also on the images of both men and women portrayed in commercials

           

Estela did a power point presentation with some of the most common sexist stereotypes used in publicity today:

SOME USEFUL LINKS AND VIDEOS:
HUGGIES

Gender stereotypes in Disney movies:

Article on hidden messages:

Exposición sobre "Ciencia e xénero no século XXI"

O Departamento de Bioloxía do noso IES realizou dentro do Proxecto da biblioteca de Xénero e identidade unha exposición sobre as mulleres científicas, especialmente as do s. XXI, incluíndo
premios Nobel
científicas galegas
reitoras e académicas de prestixio
Ademais realizouse unha enquisa entre o alumnado de 1º Bach.  recollendo as preferencias vocacionais do alumnado asociadas a xénero.
A enquisa pódese consultar neste artigo do blog de 20.11.2013.

Fai click nas imaxes para velas con detalle: