Que hai para ler? As seguintes consideracións están suxeridas pola estética do libro
O desexo de ler, de
Víctor Moreno, que lembra a dos deseños de
John Tenniel para os libros de
Alicia de
Lewis Carrol. A
lóxica e a
estética, pontes de unión entre filosofía e matemáticas, servirannos para atopar lecturas filosóficas no catálogo da biblioteca
(Se queres saltarte “todo o rollo”, ao final hai un resumo).
Preguntámonos:
Que hai para ler...?...de filosofía?...que teña que ver con filosofía pero que non sexa filosofía?...que teña que ver con outros saberes?...e como atopalo na biblioteca?Buscamos no Currículo Lector de 1º Bach.Comecemos polo currículo lector de filosofía de 1º Bach. No Floriani temos nel moitas obras de
Platón,
Aristóteles,
Descartes, etc., pero outras están escritas por escritoras/es non consagradas/os como filósofas/os, como
G. Orwell,
M. Crichton,
J. Boyne... Como podemos saber as obras que hai dun e outro grupo na biblioteca? A través do
buscador MEIGA. Preme a tecla “Control” e pica
aquí e abrirase a páxina do noso Centro na Rede de Bibliotecas de Galicia. Nela poderás buscar fondos na nosa base de datos indicando o tipo de busca (
Buscar por), o campo (
En) e o texto de busca (nun cadro en branco). Estes conceptos básicos están explicados
no blog e
na páxina web.

Para buscar
obras de filósofas/os, por exemplo, de
Platón fai a seguinte busca:
...
Buscar por:
Frase ou texto //
En:
Autor // (Criterio de busca):
platon
Escribe sen tiles, xa que o buscador funciona mellor así. Picando
aquí obtés o resultado sen que teñas que teclear todo. Ves que aparecen varias obras e que a
Localización é
87/PLA. Isto quere dicir que están no andel de
Literatura Clásica, correspondente ao número
87 da
Clasificación Decimal Universal (
CDU). Proba o mesmo con
Aristóteles.
Descartes, porén, está localizado en
1/DES. No número
1 temos as obras das/os principais filósofas/os (excepto as/os da Grecia Clásica).
Para atopar
narrativa filosófica fai a busca:
...
Buscar por:
Lista alfabética //
En:
CDU // (Criterio de busca):
1(82)ou pica
aquí. O nº
1 da
CDU corresponde a
filosofía, o
82 a
literatura e os
parénteses indican a
forma da obra, de xeito que
1(82) significa
Filosofía en forma de literatura.
Ao facermos a busca por
Lista alfabética atopamos todos os fondos nos que o código CDU
comeza por 1(82), pero se buscásemos por
Frase ou texto (pica
aquí) atoparíamos
máis libros. A razón é que agora aparecen non só os que empezan por 1(82) senón
todos os que teñen a secuencia 1(82) na CDU, e isto inclúe o número
51(82), que podemos ler
Matemáticas en forma de literatura porque o
51 é o código das
matemáticas.
Máis cousas de filosofía para lerPor exemplo,
cómic e libro xuvenil ilustrado, como a colección
Documentos Ilustrados, con títulos como
Anarquismo para principiantes,
Freud para principiantes, etc. Podes buscalos polo
nome da serie:
...
Buscar por:
Frase exacta //
En:
Serie // (Criterio de busca):
documentales ilustradosIsto é difícil se non o coñeces o nome da colección de antemán, así que podes
buscar no título a frase
para principiantes:
...
Buscar por:
Frase ou texto //
En:
Título // (Criterio de busca):
para principiantesAgora o malo é que aparecen títulos que non son deste tema. Proba
esta solución:
...
Buscar por:
Lista alfabética //
En:
Materia // (Criterio de busca):
comicAsí aparecen todas as combinacións de materias que empezan por
COMIC, e podes elixir algunhas nas que quizais non pensaras, como
COMIC PSICOLOXÍA e outras. É esta solución perfecta? Non, porque a palabra
COMIC podería non estar ao principio (como en
ANTROPOLOXIA COMIC). O mellor é sempre coñecer moitos criterios e facer a busca de varios xeitos.
PelisNo currículo de filosofía temos tamén
películas. Para buscalas, suxerímosche que busques por
materia (
ética,
filosofía,
psicoloxía,
socioloxia...), que a continuación fagas o
Desglose por soportes, idiomas e seccións e que finalmente piques en
Audiovisuais (non podemos poñer unha ligazón directa a ese resultado: tes que ir picando ti nas opcións).
Aquí si que temos unha opción mellor: a
busca avanzada. Con ela podes “cruzar” criterios de busca, como
Tema:
psicoloxia //
Soporte:
4. Películas, vídeos, etc.(Aquí tampouco podemos poñer unha ligazón directa).
ResumoResumindo, fixemos as seguintes buscas:
Formación de lectoras/es
no blogFormación de lectoras/es
na web da bibliotecaBuscador MEIGABusca avanzadaObras de PlatónObras de AristótelesObras de DescartesNarrativa filosóficaNarrativa filosófica ou matemáticaSerie "Documentales ilustrados"Obras "...para principiantes" Criterios que inclúen "cómics"Pelis (desglosar: Audiovisuais) sobre
ética,
filosofía,
psicoloxía,
socioloxía.