PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
CLUB LECTURA MIXTO 7ª SESIÓN: CADÁVER EXQUISITO
O venres 6 e o xoves 12 de maio tivemos as sesións do Club de Lectura Mixto sobre a obra de Bruno Bettelheim, Psicanálise dos contos de fadas, e o obradoiro de escritura colectiva, Cadáveres exquisitos.
A primeira sesión: discutimos o libro
Que validez ten hoxe a psicanálise? Fátima, profesora de física e química, pensa que para unha persoa acostumada ao traballo científico non é aceptable facer afirmacións como que “O cazador representa ao pai” ou “A tempada que Brancaneves pasa cos ananos representa o complexo de Edipo e o período de latencia”.
Moncho, de filosofía, di que os contos non son obxectos que están aí e atopamos na natureza, senón que foron construídos, a través de séculos, por persoas que volveron contalos unha e outra vez e engadiron cadansúas preconcepcións sobre o mundo e a sociedade. Por iso atopamos eses símbolos nos relatos.
Andrea, de xeografía e historia considera esaxerado o nivel de análise. Todo o mundo entende que cando lle contas o conto de Carrapuchiña a unha nena ou un neno estaslle transmitindo algunhas valoracións como que ten que ter coidado coas persoas estrañas... pero atopar todas as categorías psicanalíticas en cada conto é unha esaxeración.
Comentamos tamén por como cambiou o mundo desde a época dos irmáns Grimm, como eses relatos nos parecen agora sexistas, violentos e atemorizadores para nenas e nenos, pero tamén como os temas volven unha e outra vez, e como os contos, con máis ou menos corrección política, tratan sempre dos medos, de como orientar á infancia sobre o que é a vida, sobre como poden vivila.
Noutra orde de cousas, comentamos a importancia doutras obras clásicas de investigación sobre contos: A pola dourada, de J. Frazer, e a Morfoloxía do conto, de V. Propp.
A segunda sesión: os Cadáveres Exquisitos
Fixemos a nosa versión dos Cadáveres Exquisitos. Liliana, profesora de ligua castelá e literatura, explícanos que a técnica foi desenvolvida por André Breton e as/os surrealistas para facer relatos creados colectivamente. Aínda que o resultado en moitas ocasións tivo un interese moito máis teórico que estético.
Nós fixemos dous montóns de palabras (un de substantivos e outro de adxectivos) e había que escoller un de cada montón, ao chou.
Coas dúas palabras cada quen tiña que facer unha frase ou pequeno relato.
Finalmente, limos os relatos.
Aquí tedes os resultados:
CLUB LECTURA MIXTO 6ª SESIÓN: EN TERTULIA
O tema do libro trata dunha historia dun xove destinado a unha carreira no exército pero todo cambia de forma radical cando un home interfíre na súa vida.
Se analizamos o seu estilo observamos como ten unha vinculación clara co título, Seda. O autor usa unha linguaxe poética e na hora de lelo vaise producindo una sensación de lentitude polas súas monotonías e varias experiencias como o amor, paixón entre outras. Ademáis pon en práctica unas expresión moi intensas, como por exemplo:
Rodeado de enormes cedros que defendían a súa soidadeEran signos, é dicir, cinzas dnha voz queimadaA desesperación era un exceso que non lle pertencíaentre outras que deixan o lector asombrado.
CLUB LECTURA MIXTO 5ª SESIÓN: METAARTE
A nosa xuntanza comezou cunha breve presentación que sintetizaba dun xeito claro os elementos fundamentais da novela: a etapa histórica na que se sitúa a trama, os personaxes da novela xerarquizados atendendo os distintos grupos sociais, as relacións que manteñen entre eles, o proceso de construción da catedral e, finalmente, fixemos fincapé nuns cantos conceptos arquitectónicos de importancia para comprender o estilo gótico ao que pertence a catedral erixida.
Deseguido, visualizamos unhas oitos escena significativas da serie televisiva baseada nesta novela de Ken Follet, o cal permitínuonos iniciar un debate moi enriquecedor. Así comezamos analizando a impresión que a serie creou naqueles que leron o libro, pois amosáronnos que a serie dá moita axilidade á trama argumental reflectida na novela; mais deixa algunhas cuestións peor tratadas, tal é o caso do simplismo co que Alfred ou o Bispo Waleran aparecen retratados na serie, ou ben o maior peso que a cuestión de sucesión dinástica ten na novela fronte a serie.
Por outra banda, a nosa compañeira Andrea resaltou a importancia da novela e, principalmente, da serie para comprender a organización e a estructuración da sociedade medieval (pobo, nobres e clero) e tamén para visualizar o proceso de construcción das catedrais góticas e as súas características arquitectónicas.
Os comentarios sobre a novela e a serie foron nutridos, pero acabaron derivando noutras cuestións moi interesantes, pois estableceuse unha comparativa con outras novelas do mesmo estilo como foron O nome da Rosa de Umberto Eco, O médico de Noah Gordon, A Catedral do Mar de Ildefonso Falcones ou A man de Fátima do mesmo autor. Este último libro permitiunos abordar o tema das relixións. En xeral, obras de novela histórica, como a que actualmente se anuncia: Una diosa para el rey, de Mari Pau Dominguez, son recomendables, se ben non deben lerse acriticamente.
Terminamos esta entrada do noso blog facendo unha valoración positiva do noso último encontro literario e cinematográfico sobre Os alicerces da Terra; mais tamén concluindo, como ben destacou Moncho, que os lectores actuais somos máis críticos á hora de analizar as producións cós meros consumidores de televisión, o que se nota na imaxe máis piadosa e comercial que a serie dá do Bispo Waleran.
MATERIAIS para descargar
(Preme Ctrl. + Click para abrir a ligazón sen perder esta páxina)
Presentación: Trama, personaxes, conceptos arquitectónicos.Wikipedia – Artigo sobre a serie de televisión cunha comparación coa novela moi precisa e documentada
Guión de man para a/o monitor/a con datos históricos, resumo e motivación para o comentario:
Resumo minutado dos 4 DVDs para visualizar nuns 40 min. aprox.:
Todos os materiais son utilizados soamente con fins educativos. Para solicitar a súa retirada do blog pódese facer a través do cadro de diálogo "Comentario", ao final deste artigo.
CLUB LECTURA MIXTO 4ª SESIÓN: CAFÉ CON POEMA
MIGUEL HERNÁNDEZ
Os momentos máis emotivos foron cando Bea nos explicou as circunstancias en que escribiu Miguel Hernández as Nanas de la Cebolla: A elección deste entenrecedor poema, que oculta nunha fermosa cantiga de berce a crueldade da Guerra Civil española e a súa realidade, vén xustificada pola gran forza humana e o arrebato emocional que Miguel Hernández imprime nestes versos que configuran un poema cargado de gran riqueza léxica e sentimental.
Preme aquí para ler o texto escollido...
Andrea escolleu os textos de Celso Emilio:
- Longa noite de pedra: poema que transmite inquedanza pero sen deixar de ser fermoso.
- Espranza: transmite o apoio do autor ás persoas que loitaban pola liberdade na época do franquismo. Xera sentimentos mesturados de optimismo e tristura.
- María Soliña: Poema moi sonoro, semellante a un estribillo. Sinxelo pero bonito.
JORGE LUIS BORGES
Moncho escolleu algúns textos do libro Los Conjurados, de Jorge Luis Borges. Un dos fíos principais do libro é a idea de que toda vida é unha secuencia de momentos grandiosos e insignificantes, racionais e absurdos, privados e cósmicos... e que todos eles teñen a máxima importancia para que o mundo chegue a ser o que é, para que cada quen cheguemos a ser quen somos. As contradicións gobernan a nosa vida, o asasino e o asasinado son imaxe un doutro no espello. O paso do tempo, como un río, goberna o que sucede. Cando cremos que somos quen de explicar o universo vemos que o único que facemos é atopar nel as nosas obsesións e prexuízos.
Os poemas escollidos foron:
- Doomsday
- La trama
- Son los ríos
- La suma
- Alguien sueña
- Milonga del infiel
- 1982
Preme aquí para ler un dos textos escollidos...
CHARLES BAUDELAIRE
Víctor seleccionou un poema de Charles Baudelaire do seu libro Las flores del mal: El amor y el cráneo – VIÑETA ANTIGUA (nº 140).
Víctor di: "O poema chamoume a atención pola súa forma, pola sencillez dos seus versos e a facilidade da lectura destes. Comentamos cal é o criterio polo que, nun libro cheo de poemas, eliximos un determinado para comezarmos a lectura. A propia distribución espacial dos versos na folla é xa moi importante porque nos dá unha idea sobre o seu ritmo e sobre a súa estrutura".
Hajar recomendounos El palimpsesto, de Los Paraísos Artificiales de Baudelaire. Chamoume a atención o nome, “palimpsesto”, saber que é o que hai detrás deste título. Comentamos as voltas que dá o sentido. Efectivamente, moitas veces os palimpsestos son importantes polo que se trasluce neles, o que se ve tachado, por detrás, ou quizais reescrito por riba.
Preme aquí para ler o texto escollido...
CLUB LECTURA MIXTO 3ª SESIÓN: LIBROS DE SOBREMESA
O pasado martes, día 21 de decembro do 2010, os membros do club de lectura mixto tivemos una reunión na sala de titorías coa finalidade de comentar o libro: Momentos Estelares de la Humanidad de Stefan Zweig. Na reunión estivemos comentando o libro, e a maioría de nós falamos e comentamos o capítulo que máis nos gustou, aparecendo aquí os gustos de cada un de nós. Despois dun anaco comentando o libro e de sacar unas fotos puxémonos a falar do “futuro” do noso mundo, o que nos depararía o “futuro”, e si dun xeito igual, esta etapa próxima pasase a formar parte doutro gran libro que recorde feitos do pasado igual que Momentos Estelares de la Humanidad.
Reseña de Víctor Rey Lago, alumno de 1º de Bacharelato - Ciencias e Tecnoloxía.
MUSICÁNDONOS: Pink Floyd. Wish you were here
PINK FLOYD. WISH YOU WERE HERE
Por qué?
* * *
Un bo día
Bos amigos
Moitas risas
Pasear polo monte. Atención! Aquí cagou un cabalo – Ha, Ha, Ha.
Ver como nunca vimos. Oir como nunca oimos. Un eco do que xa sabemos de memoria: como é posible?
Volve poñela poñela poñela
Como mola mola mola
A posta do sol. O marelo e o azul, ouro e turquesa. Xa sei por que os leopardos deixan colgar o brazo cando se deitan nunha póla.
Coidado!
Esa nave, que te ataca!
O ruido da maquiniña non deixa de ser música, pero as naves enimigas voan ao noso redor.
Unha pantalla. Todo pantalla. A miña vida en multipantalla
O xefe. O gran xefe.
Outra vaca no millo.
* * *
Una tranquilidad inicial parece anticipar una posible explosión de sonido. Las notas van sonando una tras otra y el ritmo va incrementándose. Ya no escuchamos el sonido suave del principio, ahora los instrumentos se suman, se mezclan y la música adquiere otro matiz completamente diferente al inicial.
La música crea el ambiente propio de uno de esos conciertos vividos por muchos. Y, sobre el escenario, el artista.
* * *
Qué é o tempo? Estou en 1º de bacharelato e cando xiro a cabeza para ver no pasado atópome na miña infancia. Que bos recordos nesta parte da vida na que ainda non existen as preocupacións nin as inquedanzas que trae a vida consigo. Van pasando os anos e xa eres case un home, o que tanto esperaches ser para poder facer moitas das cousas dos maiores, pero cando te decatas de que os anos pasan voando e daste conta do que estou pensando: que cada ano que pasa estas máis perto da norte e aquí chega a pregunta, que hai despois dela? Será certo que existe a vida eterna ou e que…
* * *
Estoy en lo alto de una terraza de un edificio. Es de noche. El cielo está lleno de estrellas.
Veo toda la ciudad. Pasan coches con sus luces por la autopista. Salen pandillas de amigos de algunos locales, suben a sus coches y arrancan sus motos.
Una pareja discute en la calle pero al momento se reconcilian y siguen caminando juntos.
Siento tranquilidad y a la vez mucha energía de toda la gente que estoy observando. Me siento optimista.
* * *
Recuerdos
El tiempo pasa, los años pasan y yo me pregunto y ahora que hago con mi vida??. De repente vuelvo la vista atrás y veo pasar mi vida entera, todas las cosas que hice, todos los errores cometidos, y las cosas que aun me quedan todavía me quedan por hacer, toda una vida por delante.
MUSICÁNDONOS: Vivaldi. O outono
Los otoños para mi suelen ser las estaciones con más misterio, me gustaría que el tiempo se parase en ellas pero por desgracia ahí es donde el tiempo de la forma más rápida
* * *
Mi mundo, ese mundo en el que me cobijo, al que me evado y al que voy a soñar cuando quiero evadirme de la realidad a veces ingrata y otras, sin más...cotidiana; un mundo lleno de ilusión y esperanza donde todo es o parece ser perfecto , donde no hay fin y todo es infinito. En él habita " un alguien" que escucha mis inquietudes, mis ilusiones, mis sueños...
* * *
Paxariños, abelliñas.
Violinos e contrabaixos.
Un cura que compón cen veces o mesmo concerto.
Italia, naquela época.
Góndolas e máscaras. Hai que escondelo! Como? Pois está claro: paseándoo por toda a cidade.
A arte imita á Natureza. Por que? Porque a Natureza non chega. Hai que ser máis.
Sentarse nun campo, escoitar, ver...
* * *
Sonido de violines. ¿Qué me hace sentir? Supongo que ahora mismo la música atrae más mi atención hacia ella que hacia el hecho mismo de la escritura.
Las notas se suceden y evocan las escenas de suspense propias de películas o de libros.
Y, de repente, el silencio. Los violines se detienen y vuelven a emprender de nuevo la marcha. Ahora la suavidad y la dulzura nos inunda. La calma. Hasta que la fuerza y la velocidad ocupan su espacio. Vuelve a estallar con fuerza la música para detenerse finalmente.
* * *
A comparación da vida co paso das estacións. O cambio de cada estación é como o cambio de cada etapa da vida. O paso da infancia, a adolescencia,…
O paso das estación durante un ano, o paso da vida dunha persoa. Como vai pasando a vida pouco a pouco sen decatarse que pronto se cambiará de ano, a ano tras ano, xeración tras xeración.
* * *
Estoy paseando por unos jardines. El día es maravilloso y soleado a pesar del frío. El suelo está cubierto de hojas y algunas siguen cayendo a mi paso.
Veo mucha gente que conversa mientras camina. Algunos niños corretean y se esconden detrás de los árboles. Parece que ese día todo va a salir bien.
De repente baja mi estado de ánimo y surge algo de tristeza y melancolía, pero sólo dura unos instantes y al momento vuelvo a recuperar el entusiasmo.
* * *
Invierno
Cae la nieve suave y lentamente, fuera hace frío, veo caer la nieve a través de la ventana, al calor de la chimenea, con un buen libro y una buena taza de chocolate caliente en la mano, vuelvo a dirigir mi mirada hacia la ventana, tras un largo rato ensimismada, la gente pasa sin detenerse, sigue nevando, y yo vuelvo a mi lectura, mientras le doy un buen trago a mi chocolate caliente, centrando mi atención al libro y dejándome llevar por la imaginación.
* * *
Los otoños
Los otoños son como los despertares del adolescente. De esos adolescentes que les cuesta dejar atrás el pijama de mafalda, la sonrisa del inocente, el huevo con patatas… Lánguidos, suaves, sinuosos…
Los otoños llegan para quedarse, pero, a veces, el invierno los abofetea, apresuradamente, con furia… y ellos retroceden con la cara sonrojada, con los pasos cansinos del que sabe debe echar la vista atrás, algo queda allí, algo llama desde allí… Los otoños querían instalarse sobre los frágiles días amarillos… Prometen volver, y prometen volver para quedarse.
He nacido en otoño y en otoño quiero morirme, decía siempre Juan, “el tiñas”, el viejo Juan… Morirse en otoño para sentir allí abajo (¿o es allí arriba?) el peso de las hojas, el sereno viento que acaricia los callados rostros, el roce del dedo amado surcando cada letra de un nombre ya sin carne. Morirse porque sí, morirse para vivir…
MUSICÁNDONOS: Miles Davis. Blue in green
Me despierto, como todos los días, a las 8. La misma rutina hasta las últimas horas de la noche.
Pero hoy ...hoy es un día diferente, distinto, hoy me desperté con la sensación de no sentir nada, nada en absoluto.
Abro la ventana y observo el horizonte, la liña que se pierde en lo más aya y me hace sentir un ser diminuto pero que al mismo tiempo ocupa un grande lugar en el mundo. Sin mí el mundo no es lo que es, como la liña del horizonte .
Cierro los ojos, y me llama la atención el aire que respiro, como entra frío, puro, ligero y sale caliente, pesado, y llevando con el partes de mi ser que solo saben y están programadas para una sola función, eso si que es rutina cansina, pero bueno como no son humanos... no sienten lo duro que es.
Me gustaría ser una mariposa que solo sigue su naturaleza, pero en casos la naturaleza es muy cruel, pero también los humanos son destructivos. Hagamos lo que hagamos el peligro nos rodea y esto me lleva a sentir una inseguridad continua un sentimiento rutinario que esta penetrado en lo más profundo de mi, por eso y solo eso, ese día no sentí nada, nada en absoluto era porque el mundo se acababa...
* * *
" La anhelada velada que siempre soñé" ...¿Por qué me pongo pastelona si ese no es mi estilo? Siempre detesté este tipo de situaciones; me parecían ridículas, ¿qué me ocurre?, ¿me está traicionando el subconsciente? uff, qué mal...... ¿quién soy?...si me estoy cuestionando mi "yo" es porque realmente no me conozco , con lo cual...
* * *
O meu inverno en Lisboa
Oio uns pasos chapotear pola beirarrúa. Uns árabes falan cuns hispanos de algo que non entendo, pero que debe ser moi importante. O tempo queda queto e ten que pasar un rato para que me decate de que acaba de pasar un rato. Abro a porta que queda á miña esquerda e entro nun local cheo de fume. Intento mirar pero sei que é inútil. Sei que non está. Cada vez estou máis convencido de que non existe, de que inventei tantas cousas para poder poñer unha cara mentres me deito contra a barra doutro bar que tampouco é ese, vendo como o tempo non pasa e como se gasta só a grandes grolos, non en pequenos minutos ou segundos.
Unha voz se destaca no medio do ruido...
* * *
La música nos traslada hasta un club nocturno, donde el humo del cigarro todo lo inunda. Los murmullos de algunos y las conversaciones más agitadas de otros se mezclan con la melodía.
Al fondo, los músicos se transportan con su sonido al mundo de la emoción. El balanceo de sus cuerpos siguiendo el ritmo suave del saxo y del piano, la expresión de sus rostros, la mirada perdida y, a la vez, concentrada en cada nota, nos hacen sentir cuál es su verdadera pasión.
* * *
Un gran salón con moita xente. Todos están vestidos de gala con traxes moi elegantes. No centro do salón unha parexa bailando agarrados, un vals lento. Mentres están bailando el dille a ala que se ten que ir. Vaise de viaxe, por asuntos de traballo. El dille a ela que non volverá máis e que esta será a ultima noite que estará con ela. Cando remata a música sepáranse, ela cos ollos en bágoas mira hacia el. Cunha mirada el despídese de ela e dase media volta dirixíndose hacia a porta. Ela nun intento desesperado corre hacia el para pedirle que non marche, pero foi inútil, el...
* * *
Estoy en un café de madrugada. Me siento triste y pienso en los problemas que he tenido durante el día.
Me gustaría contarle a alguien mis cosas para sentirme mejor. El café está en semipenumbra y salen varias parejas a bailar.
Varios músicos tocan en el local y algunas personas los escuchan en la barra.
A través de los cristales mojados por la lluvia veo las calles casi vacías. Algunas personas corren bajo sus paraguas.
* * *
Frente a la ventana
Estoy tranquilamente en casa, sentada cómodamente en mi sofá, con un buen libro en las manos y escuchando música relajante, desde el sofá puedo ver hacia fuera, es un día gris. La lluvia me transporta a un estado melancólico, y me pongo a pensar ¿Cuándo vendrán los días soleados?
* * *
Ser otoñal
Bajo las frágiles noches
de otoño
en esas en que navegan sin luz los barcos,
en esas… en esas en las que cuesta
nombrar a los …hombres…
En esas se muestra tu rostro.
Me aflige verlo, tan iluminado y puro
lo siento.
Enmarcaría en oro tus diminutos ojos,
los sueños que danzan en las pupilas,
el hambre que esconden bajo los párpados,,,
Pero el oro “afea”, dirás tú,
porque todo lo ilumina y no deja ver.
En plata entonces, niña mía, para
que los ríos serpenteen cuando me miras,
para que bañen tus aguas mis labios,
para saciarme en el dolor que arrastras…
En plata, niña mía, como esos ríos
ondulados de los belenes,
como esas noches en las que no duermes,
como esas huellas que vas marcando,
como tu propio nombre, como tu propio ser.
CLUB LECTURA MIXTO 2ª SESIÓN: MUSICÁNDONOS (Segunda parte)
Na segunda parte de Musicándonos estivendo lendo os nosos textos.
Decidimos publicalos como unha obra de creación colectiva, porque a verdade é que na túa casa non te pos a facer isto, e se o fas non che sae así.
Preme no disco que queiras para ler os textos que escribimos:
CLUB LECTURA MIXTO 2ª SESIÓN: MUSICÁNDONOS (Primeira parte)
O clube de lectura está formado por un grupo de persoas que se xuntan e comentan o tema do mes. En decembro o tema foi Musicándonos, onde cada un escoitando 3 tipos de música distinta, escribiu o que lle inspirou a música nese momento.
Na primeira parte escoitamos tres obras:
MILES DAVIS: Blue en green
PINK FLOYD: Shine on you Crazy Diamond
VIVALDI: O outono (1. Allegro)
CLUB LECTURA MIXTO 1ª SESIÓN: A SEMANA DAS CIENCIAS
Feito por Rebeca González, Persoal Administrativo do centro
O pasado día 15 de novembro celebrouse unha xuntanza do club de lectura na que o tema a tratar foi a premio Nobel “Marie Curie”. Para elo, os membros do club limos un libro sobre a súa biografía e tamén miramos unha película na que se plasmaba en imaxes o que antes leramos.
A reunión foi moi amena e interesante xa que entre o membros atópase a profesora Fátima Estévez que nos acercou, con anécdotas e comentarios, un pouco mais á súa vida.
O que mais me sorprendeu foi, por unha banda, o seu altruísmo á hora de traballar e que a súa motivación estaba baseada soamente en axudar á humanidade cos seus logros e non no seu progreso persoal, acadando un recoñecemento ante os demais, ou económico, incrementando o seu patrimonio, pois a súa vida era moi austera aínda que coas patentes dos seus descubrimentos podía haber vivido acomodadamente. Sen embargo, tanto ela como o seu marido facilitaron as súas investigacións a todo aquel que estivera interesado.
E, por outra parte, os escasos medios cos que tiña que traballar. De feito na película amósase o precario laboratorio no que traballaba, que mais ben era un alpendre, e os materiais que utilizaba, pois apréciase como no laboratorio se acumulaban grandes montañas de mineral do cal soamente se chegaba a extraer un gramo de radio.
Destacouse no faladoiro que foi unha muller pioneira en diversas cousas, pois foi a primeira en ser Premio Nobel, ademais foino dúas veces, en impartir clases na Universidade da Sorbona, etc., ademais de romper cos prototipos de muller-esposa-nai da época.
Penso que o que si nos quedou claro a todos os membros do club de lectura foi unha cousa: A impagable herdanza que nos deixou no campo médico e que hoxe todos damos por feito pero que foi o logro de toda unha vida xenial dedicada a ciencia, a cal debemos estar moi agradecidos.
Referencias das obras citadas


Gordon, Mercedes: María Curie, la descubridora del radio
SAÚDO DO CLUBE DE LECTURA 2010/2011
O club de lectura O Moucho Azul comeza a súa andaina no curso 2010/11.
Despois da experiencia do curso anterior, este ano o noso moucho terá dobre traballo porque o club desdóbrase:
Por unha banda estará o Club de 4º da ESO, con actividades orientadas a aumentar o gusto pola lectura do alumnado deste curso...
...e por outra haberá un Club Mixto formado por persoas de toda a comunidade educativa: alumnas/os, persoal non docente e profes do centro.
Un saúdo a todas as persoas que participan nas lecturas e as actividades. E tamén para quen participades lendo estas novas no Blog. Ata pronto!
O Moucho Azul.











