PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas

Boletín - Xénero e Identidade: Lecturas filosóficas

Dentro do proxecto de biblioteca, XÉNERO E IDENTIDADE, o Departamento de filosofía colaborou cunha exposición de lecturas filosóficas.
As obras agrupáronse en torno a varios criterios:
Mulleres filósofas e antropólogas.
Feminismo e teoría Queer.
Ciencia e literatura.
Psicoloxía e ética.
Na base de datos MEIGA agregouse unha nova MATERIA, Xénero e Identidade, coa que se vincularon as obras desta mostra e moitas máis, ata un total de 63, no conxunto da biblioteca.

Este boletín recolle as principais obras da exposición e un comentario sobre elas e as/os súas/seus autoras/es:


 
 



Para descargar o orixinal en Publisher, pica na imaxe:


Pica nesta ligazón para ver o post da exposición

Tres exposicións temáticas

Este ano sacamos os fondos da biblioteca en dúas exposicións temáticas.

Xénero e identidade
A primeira tratou sobre o tema do noso Proxecto de Biblioteca: Xénero e identidade. Nela incluíanse novas adquisicións sobre temas que van desde dende a violencia de xénero ata a homosexualidade.




Ler ciencia na biblio
Ademais, apoiando o lema de B.E. este ano (Ler ciencia na biblio) organizamos unha exposición xunto cos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química na que se deron a coñecer algúns dos libros máis atractivos cos que conta o noso centro.





Mulleres emprendedoras
Tamén recibimos unha exposición itinerante da Consellería de Igualdade sobre as mulleres emprendedoras.



Boletíns
Podedes ver os boletíns das dúas primeiras exposicións picando nas ligazóns:
Xénero e identidade
Ler ciencia na biblio


EXPOSICIÓN DE LIBROS EN LINGUAS IBÉRICAS



 Actividade

Exposición de libros nos idiomas da península

 Nome, apelidos, número e curso. Data.

  1. Contido dos carteis do corredor a Biblioteca.
  2. Linguas que están representadas na exposición.
  3. Xeografía destas linguas (buscar na casa no caderno 1).
  4. Tipos diferentes de libros que hai na exposición.
  5. Escolle 4 palabras distintas de cada lingua. (2 fáciles de entender e 2 difíciles).
  6. Localiza na biblioteca que linguas están representadas: cal é a cor e os números que as identifican?
Localiza en internet información sobre as distintas linguas




galicia e enerxías renovables


Galicia é líder nacional en enerxía eólica e aspira a selo en centrais de biomasa
España, o país europeo máis afastado de cumprir o Protocolo de Kyoto, importa preto do 80% da enerxía que consome. Da xerada en España, Galicia contribúe cun 10%. E aínda que o papel da enerxía termoelétrica segue a ser esencial, o certo é que a comunidade comeza a establecerse como un dos máis avanzados en España na produción de enerxía renovable. Este é o caso da eólica, na que Galicia vai á cabeza da produción nacional sendo a segunda rexión de Europa en produción.

Semana da ciencia


Os departamentos de Física e Química e Ciencias Naturais conmemoraron a Semana da Ciencia cunha exposición sobre enerxías renovables. Se queres coñecer algo máis sobre as enerxías renovables  preme aquí e se queres saber máis sobre o seu uso en Galicia preme aquí.

A biblioteca organizou tres días de proxeccións da serie COSMOS de Carl Sagan en versión orixinal.