PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA 1º BACHARELATO (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

Este ano fixemos a presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato en colaboración co Departamento de Filosofía. Tratábase de familiarizármonos co currículo lector de filosofía e de avanzar no usa das ferramentas MEIGA que xa coñeciamos de 4º ESO. Ao mesmo tempo, servía para que o alumnado que chegou ao centro o presente ano coñecese este punto vital que é a biblioteca.

Primeiro lemos e comentamos as normas da biblioteca e o sistema de clasificación CDU.

A continuación descargamos a base de datos do itinerario lector de filosofía na páxina web do centro.

Despois aprendemos a buscar por autoras/es, títulos e materias nas diversas ferramentas: a base de datos de filosofía, o OPAC do público e o OPAC da Rede de Bibliotecas.

Hai que fixarse no localizador do fondo que buscamos...

...e atopalo nos carteis da biblioteca.

O número 1 e a cor marrón son de filosofía.

Pero tamén hai obras do itinerario en...
...narrativa: 82=134.4 en galego, 82=134.2 en castelán
...cómics: 82-36
...antropoloxía: 591.5
...historia da ciencia: 50(091)
...literatura clásica: 87
...(por suposto) películas: 791.43

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA 1º BACHARELATO (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

Este ano fixemos a presentación da biblioteca para 1º de Bacharelato en colaboración co Departamento de Filosofía. Tratábase de familiarizármonos co currículo lector de filosofía e de avanzar no usa das ferramentas MEIGA que xa coñeciamos de 4º ESO. Ao mesmo tempo, servía para que o alumnado que chegou ao centro o presente ano coñecese este punto vital que é a biblioteca.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

SESIÓN DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA PARA 1º ESO (FORMACIÓN DE USUARIOS E EDUCACIÓN DOCUMENTAL)

SURCANDO OS SETE MARES

A presentación da biblioteca para o alumnado de 1º da ESO, novo este ano no centro, fixémola coa axuda de SIMBAD, O MARIÑEIRO, que nos acompañou nesta aventura, Sucando os sete mares.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

AS MOCHILAS VIAXEIRAS... COMENZAN A SÚA VIAXE

En 1º e 2º da ESO comezan a viaxar as mochilas. E este ano van un pouquiño máis cargadas! Cun libro para a xente pequena da casa, con dous para as nais e os pais e tres para nós, con revistas con temas variados para xente xove (e unha é en inglés!), con películas para vermos xuntas/os, con cómics para todo o mundo, cunha noveliña en inglés e outra en francés (faciliñas, ei?) e cun libro sobre Redondela ou unha guía de viaxe de Galicia.

Esta é unha das actividades máis bonitas da biblioteca. Chegamos coa mochila a casa e vemos o contido. Só podemos botar unha olladiña a tantas cousas, pero lemos algo, vemos a peli, folleamos por aquí e acolá... Despois escribimos na libreta da mochila as nosas impresións, o que nos pareceu mellor, o que propoñemos que se cambie (e por que) e o xeito en que lemos na casa. E o luns pedimos prestado na biblioteca o que máis nos gustou e recomendámosllo á xente que coñecemos.

Boa viaxe!

AS MOCHILAS VIAXEIRAS... COMENZAN A SÚA VIAXE

En 1º e 2º da ESO comezan a viaxar as mochilas. E este ano van un pouquiño máis cargadas! Cun libro para a xente pequena da casa, con dous para as nais e os pais e tres para nós, con revistas con temas variados para xente xove (e unha é en inglés!), con películas para vermos xuntas/os, con cómics para todo o mundo, cunha noveliña en inglés e outra en francés (faciliñas, ei?) e cun libro sobre Redondela ou unha guía de viaxe de Galicia.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS COS PROFESORES

As/os profes tamén aprenden

No IES Pedro Floriani estamos dedicando algúns recreos a formarnos como usuarias/os de MEIGA.
Todo mundo que utilice o programa ten que aprender a prestar e devolver libros, buscalos na base de datos por título e/ou por autor/a, localizalos nos andeis e detectar erros na ficha ou na localización.
Outras tarefas están divididas: Dar de alta e borrar rexistros, catalogalos coa CDU e Materias da nosa biblioteca para facilitar a busca en OPAC, organizar o expositor e a caixa das novidades, ordear as revistas, cómics e prensa...
E todo o mundo colabora nas actividades de animación: mochilas, clubes de lectura, presentación da biblioteca, etc.
E, por fin, todo o claustro participa na HORA DE LER.

Moncho , o coordinador, explícanos as características do programa, aínda que hai xente que xa as coñece porque traballou na biblioteca en anos anteriores, neste ou noutro centro:


Mercedes, Lily, Rosa, Sira, Vitorio (e Susa e Antón detrás de Vitorio, e Elena, que saca as fotos) buscan un libro na base de datos. Algún criterio que non hai que esquecer? SI: Sempre mellor datos de menos que de máis. E buscar por "Texto e frase" salvo que saibamos moi claro o que buscamos.

Marga, enMEIGAda:


Mercedes e Rosa encárganse da catalogación:

Susa e Sira fan préstamo nos recreos. Pero unha parte fundamental do seu labor é manter a biblioteca ordeada, renovar o expositor e a caixa de novidades e facilitar o acceso á prensa, as revistas e os cómics:

E, sempre, ATENCIÓN AOS NÚMEROS DA CDU, tanto ao buscar como, sobre todo, ao devolver os fondos aos andeis!!!

SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS COS PROFESORES

No IES Pedro Floriani os proesores estamos dedicando algúns recreos a formarnos como usuarias/os de MEIGA.
Todo mundo que utilice o programa ten que aprender a prestar e devolver libros, buscalos na base de datos por título e/ou por autor/a, localizalos nos andeis e detectar erros na ficha ou na localización.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

BANDA DESEÑADA CON GOCHI NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE REDONDELA

O venres, 5 de outubro acudimos á Biblioteca Pública de Redondela, no Pavillón Multiusos da Xunqueira, a unha actividade para profes: Banda deseñada con Gochi.



Gochi (David Prieto) é un deseñador galego, creador entre outros do personaxe Trasmallo e principal impulsor da editorial Cerditos de Guinea:


A primeira parte do obradoiro tratou sobre os distintos ámbitos e xéneros de banda deseñada: Superheroes americanos, manga xaponés, BD franco-belga...


E na segunda parte explicounos os materiais que usan as/os profesionais do cómic para deseñar: Lapis, pinceis e rotuladores, gomas, tintas, tramas adhesivas...



Todo isto está recollido nun Manual de Emerxencia de Banda Deseñada que podedes descargar na web de Cerditos de Guinea, así que non deixedes de visitala!!!

BANDA DESEÑADA CON GOCHI NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE REDONDELA

O venres, 5 de outubro acudimos á Biblioteca Pública de Redondela, no Pavillón Multiusos da Xunqueira, a unha actividade para profes: Banda deseñada con Gochi.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

II ENCONTRO DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS E ESCOLARES DE REDONDELA

O pasado xoves, 23 de setembro reunímonos no Multiusos da Xunqueira representantes das bibliotecas públicas e escolares da vila.


Falamos de moitas cousas: de obradoiros de banda deseñada, de Facebooks e Planetakis, de actividades sobre a Illa de San Simón, o buzo e Xulio Verne, das obras dos curriculos nos centros escolares, de centros de interese para préstamo entre bibliotecas, de boletíns, marcalibros e logos...

Podedes ver máis información no blog da Biblioteca Pública, onde tamén atoparedes a referencia do 1º Encontro na Categoría "Bibliotecas Escolares"

Lembrade tamén que para o 22 de outubro, ás 6 da tarde, organizan un taller de Manga con entrada gratuita pero PRAZAS LIMITADAS dirixido a rapazas/es entre 11 e 15 anos. Corre a informarte e inscribirte no Multiusos da Xunqueira!

NOVIDADES: Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo


Dentro da polémica creada polo Decreto de Plurilingüismo, publícase este libro que pode servir de axuda legal para profesoras/es que vaian seguir impartindo clases en galego en contra do que ordena o Decreto e de acordo con leis de maior rango en Galiza, España e Europa.
Se queredes coñecer os argumentos deste sector do profesorado, en xeral pouco difundidos na prensa, podedes ver este video de Galicia Confidencial.

II ENCONTRO DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS E ESCOLARES DE REDONDELA

O pasado xoves, 23 de setembro reunímonos no Multiusos da Xunqueira representantes das bibliotecas públicas e escolares da vila.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

Unha semblanza de Labordeta


Un cariñoso recordo para José Antonio Labordeta. Podedes ver un resumo da súa vida en eskup:

PRESENTACIÓN DE COMICS NA BIBLIOTECA

Cómics e Mundos Fantásticos: María y yo, de María Gallardo e Miguel Gallardo
Por: Sheyla Fernández, 1º Bacharelato Humanístico

Para máis información pincha na foto


Cómics e Mundos Fantásticos: A Mazmorra, de Joann Sfar e Lewis Trondheim
Por: Anxo López, 2º Bacharelato Humanístico

Para máis información pincha na foto


Cómics e Mundos Fantásticos: Kafka para principiantes, de David Zane Mairowitz (Texto) e Robert Crumb (Debuxos)
Por: Emilio Lorenzo, 1º Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

Para máis información pincha na foto

Cómics e Mundos Fantásticos: Maus, de Art Spiegelman
Por: Irene Villar, 1º Bacharelato Humanístico

Para máis información pincha na foto


Cómics e Mundos Fantásticos: Persépolis, de Marjane Satrapi
Por: Carmela Darriba, 1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía

Para máis información pincha na foto



Cómics e Mundos Fantásticos: Memorias de Idhún, de Laura Gallego
Por: Andrés Ferreiro, 1º Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía
Para máis información pincha na foto




Encontro co ilustrador Jacobo Fernández Serrano

O martes 22 de xuño tivemos un encontro co ilustrador de bandas deseñadas Jacobo Fernández Serrano. Entre os seus títulos, atopamos Aventuras de Cacauequi, Banda para espíritos salvaxes ou Os amigos de Archimboldo Roque, cómics que podedes atopar na nosa biblioteca.
Con Jacobo Fernández aprendimos, no seu obradoiro, técnicas de debuxo de banda deseñada a partir das súas ilustracións.