PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

SEMANA DA PRENSA IES PEDRO FLORIANI



Do 12 ao 16 de marzo celebrouse a semana da prensa. Cada día estaba a disposición da Comunidade Educativa prensa variada (rexional, local, nacional, deportiva, internacional, ...). Ao mesmo tempo proxectouse as edicións dixitais de diferentes periódicos.

PALABRAS DESAPARECIDAS e ADXECTIVOS

OBRADOIRO COMPRENSIÓN ESCRITA 2º ESO

Os cursos de 2º da ESO desenvolveron dúas actividades de comprensión escrita: “SUXEITO” e “TEXTO REVOLTO”. Para saber máis premede aquí.
VOLTAR

CHARLA CON PERIODISTAS


VÍDEOS DÍA DA BIBLIOTECA




powerpoint escravitude

VÍDEOS DA ESCRAVITUDE





A ESCRAVITUDE

PROXECTO DO MAR: DA ESCRAVITUDE AO JAZZ
O proxecto da Biblioteca sobre o mar pon en marcha un novo traballo. Esta vez implica a todo o alumnado de 4º ESO (PDC incluído).O noso obxectivo é analizar as consecuencias culturais que un feito tan concreto como a escravitude (e o tráfico de poboación negra hacia Estados Unidos) tivo a nivel cultural: o nacemento do blues e o jazz.
Por iso, comenzamos cun traballo sobre a perspectiva histórica realizado e presentado polos alumnos de 4º PDC. Preme aquí para ver o powerpoint e o vídeo.
Africa, continente orixe da población escrava negra.
América, continente destino.
Os traficantes nos barcos negreiros de intermediarios e ……..
O mar, o mar , o mar poderoso Atlántico testigo excepcional destes acontecementos, lembrados agora e nunca esquecidos. A sesión seguinte consistiu na proxección da película Amistad de Steven Spielberg. 
Durante o terceiro trimestre traballouse na procura de información sobre as diferentes manisfestacións da cultura do jazz. O resultado aquí.

2ª FEIRA DO LIBRO


OBRADOIRO COMPRENSIÓN ESCRITA 1º ESO


Realizamos o “Taboleiro lóxico” e “Hoxe xantamos pizza”.
VOLTAR 

OBRADOIRO COMPRENSIÓN ESCRITA 3º ESO

O alumnado de 3º da ESO realizou as actividades de “ PALABRAS DESAPARECIDAS” e “ADXECTIVOS”. Para máis información, premede aquí.

SUXEITO e TEXTO REVOLTO

OBRADOIRO COMPRENSIÓN ESCRITA

Xa tiñamos gañas de organizar un obradoiro de comprensión escrita e aquí o tendes. Está pensado para os niveis de 1º a 3º da ESO con diferentes tipos de actividades lúdicas. Para ver máis fotos e en que consistían as actividades premede en 1º ESO, en 2º ESO e en 3ª ESO.

Poemas do mar

O luns 30 de xaneiro e o venres 3 de febreiro o alumnado de 2º de BAC baixou á biblioteca para ler unha selección de poemas sobre o mar. Escolleron poemas de Manuel Antonio, Alberti e Whitman. Se queres ver a nosa selección e máis fotos preme aquí.

poemas do club de lectura 4º sesión

4ª SESIÓN CLUB DE LECTURA NAIS

O pasado luns 6 de febreiro realizamos unha actividade conxunta entre nais, fill@s e profes que resultou moi produtiva artisticamente. Collemos de base a lectura dos poemas e expresamos graficamente algúns deles. Para ver o resultado preme aquí.

EXPOSICIÓN BIODIVERSIDADE en REDONDELA

Na segunda semana de outubro realizouse unha actividade de busca documental a partir dunha exposición itinerante sobre Redondela e a súa contorna biolóxica. Premede aquí se queredes ver o cuestionario.

XOGO VIAXES DE ULISES

EDUCACIÓN DOCUMENTAL PARA O ALUMNADO DA ESA

O luns 28 de novembro o equipo da biblioteca en colaboración co profesorado de nocturno puxemos en marcha a primeira dunha serie de actividades de busca documental na rede. Para descargar as actividades preme aquí.

Miguel Ángel Vidal Martín (Ourense, 1969) licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, despois de 19 anos dedicado á docencia en institutos das provincias de Ávila e Pontevedra, leva os últimos 6 anos (de forma ininterrompida) no IES PEDRO FLORIANI de Redondela (Pontevedra) traballando, exclusivamente, con alumnado de PDC (Programa de Diversificación Curricular), un alumnado constituído, fundamentalmente, por adolescentes con dificultades académicas de índole diversa.
Ante a heteroxeneidade do alumnado que forman os dous grupos (un en 3º ESO e o outro en 4º ESO), urxe unha necesidade primordial de establecer lazos de vinculación entre os membros de cada grupo co obxectivo de formar unha "tribo educativa e motivadora" en que a que sintan que pertencen e poidan desenvolverse non só academicamente senón tamén como persoas.
O PDC é un programa no que se traballa con proxectos académicos e no que me corresponde impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Ciencias Naturais, polo que elaborar proxectos interdisciplinares me posibilita desenvolver moitos aspectos creativos para potenciar a motivación deste alumnado. Un destes proxectos é o introducir o Origami (papiroflexia) para a explicación de conceptos matemáticos e desenvolver habilidades inter e intrapersonais en todos os compoñentes da "tribo", incluído o profesor que está a interaccionar co grupo.

O TITORIAL DAS VIAXES DE ULISES

Primeiro adornamos a Biblioteca con tiras de cores da CDU diante do estante correspondente á cada sección. Unha banda marrón diante de enciclopedias e diccionarios, unha banda azul clariño diante de Filosofía, unha de cor vermello diante de Relixión, unha de cor verde diante de CC.NN etc….
Cando o curso chegou a Biblioteca explicouselle os códigos de cor da CDU , así como as diferentes seccións da Biblioteca : cómics, pelis. Deronselle indicacións para a busca no OPAC meiga do catálogo da nosa Bilioteca. Despois da pequena charla dixemoslles que tiñamos uhna sorpresa que viña de moi lonxe e que estaban agardanda na sá de profes.
A sorpresa eran dúas alumnas de 4º da ESO que están a estudar Cultura Clásica: Pilar Álvarez e Maria de la Fuente quenes viñeron da antiguedade para colaborar con nós nesta tarefa.
Co seu atuendo greco-romano explicáronlle aos rapaces e rapazas quen foi Ulises e como foi a súa travesía e peripecias polo Mediterraneo.
Para que fora máis ilustrativo elaboramos un mapa onde cada unha das paradas de Ulises correspondía a unha cor da CDU, de maneira que o mesmo tempo que aprendiamos sobre as desventuras da persoaxe mitolóxica tamén aprendiamos a identificar as diferentes seccións da Biblioteca.
Despois da pequena introducción viu o máis divertido: o xogo da busca de libros relacionados co mar en todas as seccións da biblio.
En grupos de tres ou catro persoas rapaces tiñan que facer unha busca exhaustiva dos libros, ben utilizando o OPAC Meiga no ordenador, ben facendo a propia busca na Biblioteca.
Para elo, Pili e María, as nosas invitadas, dispuñan dunha serie de pistas que ian proporcionando pouco a pouco a cada grupo.
Unha vez atopados os libros ( cada grupo tiña que atopar dous) dábaselles a pieza dun puzzle que representaba a Ulises. O xogo remataba se todos os grupos atopaban os títulos e o puzzle completábase.

AS VIAXES DE ULISES

A Formación de Usuarios deste ano contou coa colaboración do Departamento de Latín e eleximos unha temática que tiña que ver co proxecto da biblioteca: o mar.
Escollemos as viaxes de Ulises como fío conductor da sesión para alumnos de 1º da ESO. Se queres saber como foi a nosa viaxe preme aquí.

Para ver as pistas do xogo preme aquí.