PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Miguel Ángel Vidal Martín (Ourense, 1969) licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, despois de 19 anos dedicado á docencia en institutos das provincias de Ávila e Pontevedra, leva os últimos 6 anos (de forma ininterrompida) no IES PEDRO FLORIANI de Redondela (Pontevedra) traballando, exclusivamente, con alumnado de PDC (Programa de Diversificación Curricular), un alumnado constituído, fundamentalmente, por adolescentes con dificultades académicas de índole diversa.
Ante a heteroxeneidade do alumnado que forman os dous grupos (un en 3º ESO e o outro en 4º ESO), urxe unha necesidade primordial de establecer lazos de vinculación entre os membros de cada grupo co obxectivo de formar unha "tribo educativa e motivadora" en que a que sintan que pertencen e poidan desenvolverse non só academicamente senón tamén como persoas.
O PDC é un programa no que se traballa con proxectos académicos e no que me corresponde impartir as materias de Matemáticas, Física e Química e Ciencias Naturais, polo que elaborar proxectos interdisciplinares me posibilita desenvolver moitos aspectos creativos para potenciar a motivación deste alumnado. Un destes proxectos é o introducir o Origami (papiroflexia) para a explicación de conceptos matemáticos e desenvolver habilidades inter e intrapersonais en todos os compoñentes da "tribo", incluído o profesor que está a interaccionar co grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario