PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CLUB LECTURA 4º ESO. 6ª SESIÓN: ENCONTRO/OBRADOIRO CO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

O venres 1 de abril o Club de Lectura de 4º de ESO recibiu a visita de Abraham Carreiro. Co ilustrador de Contos que len outros nenos do mundo aprendemos técnicas para a creación de personaxes, obxectos e situación que podemos utilizar na comprensión visual dos cómics ou mesmo empregar nas nosas futuras creacións.




Asistiu tamén ao encontro Daniel Domínguez Rodríguez (2º Bach. Tecnolóxico), alumno gañador do noso Certame de Banda Deseñada (fotografía inferior esquerda); a calidade dos seus debuxos podemos apreciala na fotografía inferior dereita.


E aprendimos a reflectir as emocións a golpe de lapis (ledicia, tristura, enfado…), dar movemento ao estático papel, ou mesmo a crear os nosos personaxes.




Aí van algunhas notas que tomou a alumna Shelby Kuuipo Crespo Bush (4º A de ESO) para que vos fagades unha idea do que aprendemos no obradoiro.



Para debuxar un personaxe, hai que coller a cabeza como referencia para que teña en todo momento as mesmas medidas.


Para que sexa máis animado, dámoslle forma para que pareza ter máis velocidade e non ser tan cadrado o boneco. No caso contrario, se fose realista, non o fariamos.


Os distintos puntos de vista: PICADO (desde arriba), CONTRA-PICADO (desde abaixo, podemos utilizalo, por exemplo, para dar sensación de medo), PLANO XERAL (personaxes e situación), PLANO MEDIO (o personaxe desde a cintura), PRIMEIRO PLANO (para destacar un detalle).



As formas básicas para debuxar un animal ou calquera outro obxecto, parten sempre da estrutura. Así, podemos deseñalos partindo de figuras simples como círculos, que despois se borrarán, e conseguiremos que non nos saian desproporcionados.



Esaxerando diversas caras, expresións.


Esaxerar sen medo, con moita expresión. Pódese combinar diferentes caras e obtemos outras.



Depende da sensación e situación de ambiente na que se sitúa a imaxe, píntase con cores fríos ou cálidos. Nos debuxos fríos, para dar sensación de volume, perfílanse algunhas zonas con gris.



Para saber máis sobre o autor visita a biblio-biografía de Abraham Carreiro...

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN EN 2º DA ESO E NO PLAN PROA

Durante o mes de marzo o alumnado PROA xunto con 2º da ESO andaron á busca e captura de animais e plantas. Buscaron a través da rede información sobre a fauna e flora galega: os nomes en cinco linguas (latín, galego, catalán, castelán e éuscaro)...

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN EN 2º DA ESO E NO PLAN PROA

INFÓRMATE, COMPARTE E APRENDE

Durante o mes de marzo o alumnado PROA xunto con 2º da ESO andaron á busca e captura de animais e plantas. Buscaron a través da rede información sobre a fauna e flora galega: os nomes en cinco linguas (latín, galego, catalán, castelán e éuscaro), o seu hábitat, algunha curiosidade..., e, por suposto, imaxes para que puidésemos recoñecelos.


Coa aportación dese material crearon unha exposición para Dinamización Lingüística.


E, a posteriori, traballaron en base a un cuestionario a información achegada polos seus compañeiros.


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Lembremos que o 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil por ser esta a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de numerosos contos infantís.

Sumámonos a tan importante conmemoración a través das seguintes actividades:

EXPOSICIÓN FAHRENHEIT: QUE LIBRO SALVARÍAS?

Aventurámonos a pensar nun sórdido mundo sen libros e, reflectindo a temática de Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, escollemos o libro que salvariamos e xustificamos a nosa elección. Para que os demais saiban dos nosos gustos, penduramos as nosas opinións nun taboleiro-expositor da Biblioteca.

Nestas imaxes podedes ver con detalle os libros que os nosos alumnos salvarían:


CERTAME: I CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

O alumno Daniel Domínguez Rodríguez (2º Bach. Tecnolóxico) foi o gañador do certame que vén de convocar o Equipo de Dinamización Lingüística; o concurso consistiu no deseño de polo menos unha páxina dunha banda deseñada de creación orixinal e de temática e deseño libre. O premio consistiu nun cheque de 75 euros a gastar en material nunha libraría do noso Concello e fixo entrega do diploma a presidenta da ANPA.


OBRADOIRO CO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO


O venres 1 de abril o Club de Lectura de 4º de ESO recibiu a visita de Abraham Carreiro. Co ilustrador de Contos que len outros nenos do mundo aprendemos técnicas para a creación de personaxes, obxectos e situación que podemos utilizar na comprensión visual dos cómics ou mesmo empregar nas nosas futuras creacións.

TEATRO FARENHEIT

O luns 28 de febreiro asistiu o alumnado de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato á representación teatral de Fahrenheit realizada por Limiar teatro, en colaboración co Verbum, no Multiusos da Xunqueira e organizada polo Servizo de Normalización do Concello de Redondela. O espectáculo baseouse no libro Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, lectura obrigatoria da 2ª avaliación para o alumnado que acudiu ao evento.



No cartel da compañía pódese ver máis información sobre a representación.





ACTIVIDADE DE BUSCA E FOMENTO DE LECTURA EN BIBLIOTECAS DIXITAIS EN 2º DA ESO

O martes 23 de marzo o alumnado de 2º da ESO levou a cabo unha actividade cuns claros obxectivos: coñecer o manexo de diversas bibliotecas virtuais e localizar nelas textos pertencentes aos diversos xéneros literarios.

Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...

ACTIVIDADE DE BUSCA E FOMENTO DE LECTURA EN BIBLIOTECAS DIXITAIS EN 2º DA ESO

O martes 23 de marzo o alumnado de 2º da ESO levou a cabo unha actividade cuns claros obxectivos: coñecer o manexo de diversas bibliotecas virtuais e localizar nelas textos pertencentes aos diversos xéneros literarios.


Nun primeiro momento, comezamos identificando as características básicas dos tres grandes xéneros literarios (narrativo, lírico e dramático) e recoñecendo a importancia de distinguilos para poder facer, posteriormente, unha busca de textos nas bibliotecas virtuais.



Unha vez superada esta fase, introducímonos xa no manexo de dúas bibliotecas dixitais, citadas deseguido, ao tempo que fixemos unha comparativa do funcionamento destas novas bibliotecas co das bibliotecas tradicionais.

O último punto deste proceso consistiu nunha actividade de localización e comprensión textual. Deste xeito, os alumnos tiveron que localizar o conto El Eclipse de Augusto Monterroso na Biblioteca Ciudad Seva. Así que este foi o momento de pór en práctica todo o aprendido até este momento.



  1. Entrar na Biblioteca Ciudad Seva.
  2. Buscar o texto, atendendo ao xénero e ao subxénero literario pertencente.
  3. Posteriormente, localizar ao autor e o relato.
  4. Deseguido, ler a versión dixital de “El Eclipse”.
  5. Finalmente, responder as seguintes cuestións:
a.A que xénero literario pertence o texto? Xustifica a túa resposta.
b.Quen son os personaxes?
c.En que época se sitúa a historia? Aporta datos do texto para xustificalo.
d.En que lugar se sitúa a trama? Aporta datos que amosen a veracidade da túa resposta.
e.Indica por que intenta salvarse o protagonista e por que fracasa.
f.Resume o argumento do texto anterior.