Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...
PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
ENCONTRO CO AUTOR XOSÉ ANTONIO PEROZO
Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...
TEATRO "OS CATRO DA XUNQUEIRA"
O día xoves 16 de decembro os alumnos de 4º da ESO fomos ata o multiusos de Redondela para ver a obra de teatro Os catro da Xunqueira.
Estaba formada por catro actores que representaban a un gato, un galo, un can e unha gatiña que, a medida que transcorre a historia, vanse coñecendo ata formar un grupo de música, mediante o cal xorde o amor entre o galo e a gatiña. Así, deciden entre todos facer un concerto para evitar que as escavadoras poidan destruír a vila natal da gatiña e o boi, a Xunqueira.
ENCONTRO CO AUTOR XOSÉ ANTONIO PEROZO
O 14 de decembro de 2010 recibimos a visita de Xosé Antonio Perozo, despois de que os nenos de 1º e 2º de ESO leramos O enigma de Embívicus.
Falounos un pouco da súa vida. A continuación fixémoslle preguntas sobre o seu libro.
Estas son algunhas das preguntas dos meus compañeiros:
Agustín Táboas: Haberá outro libro no que se vinguen do traidor?
Perozo: Non, déixoo cun final aberto para que cada un pense o que queira.
Agustín Táboas: Se Cali e Susana tivesen un fillo, sería un “churriqueiro”?
Perozo: Non sei que contestarche. Esta é unha pregunta insólita. É a primeira vez que ma fan e xa teño ido a moitos centros.
Alberto Carballido: Por que o burato traga a Embívicus e o río a Figueiras?
Perozo: Aínda que entre os nenos solucionasen o conflito seguía a existir moito rancor e sería imposible que continuasen a vivir xuntos.
Alberto Carballido: En quen ten inspiraches para crear a Nani?
Perozo: Nunha amiga da infancia que se chamaba Cayetana.
Sara González: Por que os pais dos rapaces non os sacaban do cárcere?
Perozo: Porque estaban de acordo cos da cidade.
Yasmina Ribeiro: Canto tempo tardaches en escribir o libro?
Perozo: Máis ou menos 30 días en borrador e despois, cando me pareceu que xa estaba ben mandeino á editorial.
Roberto Jiménez: Por que só sobreviviron os nenos?
Perozo: Porque son o futuro.
Ana Pérez: Por que os rapaces non se preocupan pola desaparición dos seus pais?
Perozo: Porque como estaban enfrontados só pensaban nos que tiñan as mesmas ideas ca eles.
Por último asinounos os libros e tamén os dedicou.
Maleta de lectura - Departamento de Xeografía e Historia
Cen libros para un século Utilizamos o libro para facer unha observación da realidade do s. XX a través da temática dos libros máis significativos.
A principios de século (Belle epoque) destacan os contos, especialmente relatos de lugares fantásticos (é unha época de paz e prosperidade, o tempo do desenvolvemento do Imperialismo, polo que os relatos ambiéntanse en lugares exóticos). Exemplos: Peter Pan, Tarzán.
En clase...
ROTA CASTELAO E MUSEO DE PONTEVEDRA 1º ESO
Para ver a noticia e as nosas fotos, preme aquí...
Maleta de lectura - Departamento de Matemáticas

O desexo de ler
Ao principio de curso na materia de Ámbito Científico traballouse con este libro a modo de introdución dalguns conceptos propios da materia.
O alumnado tivo que ler o libro e responder a unha serie de cuestións (e reflexionar sobre as mesmas) sobre determinados conceptos matemáticos e a súa aplicación na vida cotia. Tamén serviu para facer papiroflexia e estudar algunhas propiedades da estrela de cinco puntos ademais das distintas aplicacións do número áureo.
Maleta de lectura - Departamento de Electrónica
Algunhas destas páxinas suxeríronmas os alumnos da aula de convivencia.
Non hai adolescente sen conta nalgunha rede social. Len e escriben no muro (tanto no seu como no dos seus amigos). Ademais recuperan a vella tradición das cartas no que eles chaman "privados".
http://www.tuenti.com/?m=login
http://es-es.facebook.com/
DEPORTES
Internet pon ao alcance dos adolescentes a prensa deportiva.
Os afeccionados do Madrid len (sobre todo o día logo dos partidos) http://www.marca.com/ mentres que os do Barça prefiren http://www.sport.es/
Aqueles que prefiren a fórmula uno non se perden as fins de semana que hai carreira http://www.lasextadeportes.com/formula1/inicio
Unha páxina moi de moda nas que len historias é "Noxo de vida", que recolle anécdotas que arruinaron o teu día. Por que gardarcho para ti cando podes sacar un sorriso a miles de persoas? A túa desgraza pode ser a nosa graza.
Ler máis: http://www.ascodevida.com/
Maleta de lectura - Departamento de LL. Galegas
Textos literarios e contextos escolaresNeste libro faise unha chamada a non aburrir ao noso alumnado coas clases de literatura. É ilustrativa unha cita de Vizenczey: "A educación literaria é o principal instrumento para afastar os máis novos da boa escritura e en particular dos clásicos".
Coido que da opinión destas persoas, con diferentes experiencias, escritores e profesores podemos sacar as nosas propias conclusións de como ensinar literatura aos nosos pupilos e achegalos ao coñecemento, a vivir outras culturas, aventruras...
Comentarios á Maleta Viaxeira
Bótase en falta, tendo en conta que a maleta procede do CFR de Vigo, a non escolla de libros en galego posto que resulta anecdótico que só apareza un número do Grial. Revista que, ademais, non é moi utilizada no ámbito escolar e máis para promover a lectura.
ROTA CASTELAO E MUSEO DE PONTEVEDRA 1º ESO
Feito por Breogán Álvarez Ballesteros 1ºA
No mes de decembro fomos ao museo de Pontevedra e a dar unha volta guiada polo roteiro Castelao.
Ao entrar no museo o primeiro que encontramos foi unha guía. Ela levounos á seguinte sala, un cuarto no que había pezas prehistóricas, algunhas facilmente recoñecibles e outras non tanto. De seguido chegamos ao cuarto no que se exhibían pezas de ouro, moitas das cales parecían accesorios como pulsos e colares. Despois entramos nunha estancia na que se recompilaran impresionantes obxectos de prata, dende utensilios para xantar ata armas; a min foi a parte que máis me gustou. Logo saímos do edificio para ir ao seguinte. Nel, o primeiro que fixemos ao entrar foi baixar por unas escaleiras estreitiñas e empinadas que había no medio da sala. Alí atopámonos unha estancia que era igual á sala de reunión da Santa María, a caravela de Cristovo Colón. Nese despacho había unha parede móbil que daba a un corredor que nos levaba a un cuarto no que había unha maqueta da Santa María, un canón cun emblema e un sofá con símbolos gravados na madeira. De aí pasamos ao despacho de Méndez Núñez no que se encontraban as súas pertenzas máis prezadas. E, para rematar a visita, chegamos a unha sala enorme onde se homenaxeaba a Castelao. Alí había moitos dos seus cadros e os seus accesorios máis característicos aparecían expostos nunha vitrina.
Ao rematar a visita, saímos do museo e liscamos cara á Praza da Ferrería. De aí fomos á Praza da Luz, onde se encontra a fábrica da luz. Despois chegamos á Praza da Herba.. De seguido, fomos á Praza dos Toneis, onde se comerciaba con viño, á Praza do Pan, onde se facía a fariña e á Rúa da Oliva, onde se vendía o aceite.Finalmente chegamos ao Café Moderno, onde nos explicaron por que o chamaron así, pois naquela época todo o que alí se encontraba era moi moderno, dende o proxector de cine ao xardín de palmeiras. Ao rematar a visita fomos cara ao autobús.
Esta excursión foi divertida e interesante, aínda que houbo partes aburridas. Era case todo novo para min.
CLUB LECTURA MIXTO 2ª SESIÓN: MUSICÁNDONOS (Primeira parte)
O clube de lectura está formado por un grupo de persoas que se xuntan e comentan o tema do mes. En decembro o tema foi Musicándonos, onde cada un escoitando 3 tipos de música distinta, escribiu o que lle inspirou a música nese momento.
Na primeira parte escoitamos tres obras:
MILES DAVIS: Blue en green
PINK FLOYD: Shine on you Crazy Diamond
VIVALDI: O outono (1. Allegro)













