O xoves recibimos a visita de Noelia Míguez, que nos veu presentar o seu libro Ocho señales e falarnos da súa terrible experiencia como muller maltratada e vítima de intento de asasinato por parte da que era a súa parella. O seu testemuño foi sobrecolledor, pero quedámonos sobre todo coa forza e a enerxía que transmite na súa loita para intentar evitar que outras rapazas pasen polo mesmo.
Moitas grazas, Noelia. Foi un pracer terte no Floriani. E grazas tamén a Lence, o noso profe de Relixión, que organizou a actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario