Para celebrar o 8M, na biblioteca organizamos unha actividade na que participou un bo grupo de profesoras e profesores e case todo o noso alumnado de diúrno.
O obxectivo da actividade era dar a coñecer entre o alumnado o traballo dalgunhas mulleres da nosa historia que, en moitos casos, foi silenciado durante décadas ou mesmo séculos. Así, o día 7 de marzo visitaron o noso patio grandes figuras como Rosalind Franklin, Exeria, Hedy Lamarr, Frida Kahlo, Hildegarde von Bingen ou Ernestina Otero, entre moitas outras. O alumnado tiña que dialogar con elas para coñecelas un pouco mellor e poder responder a un cuestionario e, así, participar nun sorteo. A participación foi todo un éxito, as nosas alumnas e os nosos alumnos pasárono moi ben, aprenderon e algúns deles ata levaron premio!
No equipo da biblioteca estamos moi orgullosas da xente do Floriani e desde aquí damos as grazas a todo o profesorado e o alumnado que participou na actividade. Sodes @s mellores!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario