A B.E. participou na Semana da Saúde coa organización
dunha charla sobre Consumo Consciente a cargo da Cooperativa Árbore de Vigo e a
exhibición de productos de certificación ecolóxica integramente xenerados en
Galiza.
A charla comenzou coa
explicación das diferentes formas de explotación agrícola: as sobreexplotacións
de grandes latifundios e as explotacións agrícolas de pequenos cultivos
baseadas no abastecemento e no comercio local. Explicounos que o modelo
predominante e a explotación capitalista da terra e falounos de compañías como
Monsanto grandes controladoras da producción agraria mundial.
A continuación analizamos
as consecuencias de ámbolos dous métodos de cultivo: o excesivo uso de
agrotóxicos, a perda da biodiversidade, as descompensacións sociais. Citou o
exemplo de Paraguai, o maior exportador
mundial de soia transxénica, pais cunha capacidade agrícola para alimentar a 50
millóns de persoas pero onde desgraciadamente catro millóns pasan fame
habitualmente. Despois visualizamos dous
videos nos que os propios campesiños expoñen o seu punto de vista.
Reflexionamos sobre cal e
o papel dos consumidores á hora de elexir os productos que compramos así como a
nosa responsabilidade cara as consecuencias medioambientais da
sobreexplotación: utilización de sementes transxénicas, uso de herbicidas e
plaguicidas e os seus efectos secundarios na nosa saúde , técnicas de cultivo
que erosionan a terra mudándoa en infértil, desertización..
“Normalmente non se educa aos consumidores do futuro: as nosas compras
son mecánicas e inconscientes. Debemos educar as novas xeracións nun consumo
consciente e responsable en todos os sectores tanto alimenticio como textil ou
tecnolóxico que fomenten valores máis eticos e xustos para a socidade.”
A producción agrícola
local baseada na autosuficiencia que tan grande arraigo ten en Galicia non é
valorada polas administracións e coa desparición da tradición labrega
desaparece parte da nosa cultura. O rural sempre terá futuro xa que garante a
supervivencia dos campesiños, a conservación de cultivos autóctonos e supón
unha fonte de riqueza.
Finalmente, falounos de
cómo xurdiu o proxecto da cooperativa, da idea de poñer en contacto a grupos de
consumidores con pequenos productores locais reducindo gastos de transporte,
con prezos máis asequibles e reutilizando envases. Explicounos a diferencia
entre unha Socidade Anónima e unha cooperativa:
·
ten unha
xestión participativa
·
non se toman
decisións sen consultar á asamblea
·
apóstase pola
transparencia
·
1 persoa é un
voto
·
non importa
tanto o capital do que dispoña a cooperativa
En definitiva, de como un acto cotidiá pode ter implicacións sociais,
ecolóxicas e mediambientais.
Por último, animou aos rapaces a achegarse a ela para coñecer o seu
funcionamento.
A cooperativa conta cun servicio
de troco así como de unha biblioteca autoxestionada polos socios e socias.
Outros enlaces onde podes
atopar información sobre proxectos de sostenibilidade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario