Como parte da programación da materia
Proxecto Interdisciplinar e, neste
caso, conxuntamente co Proxecto da
Biblioteca, o martes 20 de Xaneiro proxectóuse o documental “ Super size me” no salón de actos. A citada
producción analiza os efectos que, sobre
a poboación de EE.UU, ten a chamada “ comida rápida” ten sobre o organismo
cando se toma de maneira
continuada.
Nesta actividade participaron os
alumnos participantes foron os dous grupos de 1º da ESO. Na seguinte sesión pasóuselles unha
enquisa sobre o seu parecer sobre diferentes aspectos da proxección.
Posto que, a maioría non a viran
anteriormente, chamoulles moito a atención, sobre todo polos graos esaxerados de obesidade que
se mostran na película e as consecuencias que pode desencadear unha mala alimentación. En xeral
afirman que a situación é moito menos grave en España, son conscientes dos perigos de este
tipo de alimentación e coñecen cales son os factores que inflúen na epidemia de obesidade e sobrepeso.
Momentos durante a proxección do documental
No hay comentarios:
Publicar un comentario