PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CHARLAS "A REVOLTA DOS ANIMAIS" – 5

5ª sesión: Símbolos da novela
Todos os animais son iguais... pero algúns son máis iguais ca outros

A derradeira charla filosófica deste ano dedicámola ao mundo simbólico de A revolta dos animais.
A exposición correu a cargo de Diego Pérez e Iago Blanco que analizaron, respectivamente, os mandamentos e a súa evolución e máis os símbolos do animalismo como a bandeira ou o himno.



Diego explicounos como os mandamentos foron evolucionando a medida que os porcos íanse humanizando (lembremos que, na linguaxe da novela, isto quere dicir que os dirixentes comunistas ían adquirindo os peores hábitos burgueses). Deste xeito, Ningún animal durmirá en camas cambia, cando Napoleón e os outros comezan a facelo, a Ningún animal durmirá en camas con sabas. Só Benxamín (o burro ilustrado) parece percibir estes cambios, mentres os cans (a policía de Stalin) sementan o terror e as ovellas (o partido comunista oficial) repiten fórmulas desgastadas e desmobilizadoras coma Catro patas ben, dúas pernas mal.




Con Iago fixámonos nos paralelismos entre
o animalismo e o comunismo,
o corno e a pata e a fouce e o martelo,
a bandeira verde da Granxa Animal e a bandeira vermella da URSS e
a canción Bestas de Inglaterra e a Internacional.
Nos debuxos finais non somos quen de distinguir se as figuras son de animais ou de persoas Vemos que se están xogando as granxas ás cartas e de súpeto sacan dúas cartas de espadas iguais e comezan a acusarse mutuamente de facer trampa. Iago compara isto coas Conferencias de Ialta e Teherán onde comunistas e capitalistas se repartiron o mundo como bos amigos... só para comezaren de seguido coa guerra fría e as acusacións mutuas de espionaxe.




Materiais para descargar

Estamos preparando un post máis desta serie no que poderedes descargar todas as presentacións multimedia das cinco charlas e máis os cinco carteis, xunto coa colección completa de debuxos de Andrea MartínezAndrés Núñez, Sara González e Iara García, pero polo de agora podedes ir baixando a presentación e o cartel desta quinta sesión:

https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Presentacion.pps/516199508/RevAn5_Presentacion.pps https://avellanacova.wikispaces.com/file/view/RevAn5_Cartel.doc/516199522/RevAn5_Cartel.doc

No hay comentarios:

Publicar un comentario