Moitas editoriais están comezando a prestar atención á capacidade que ten a banda deseñada de transmitir ideas moi complexas nun formato comprensible para persoas de todas as idades e que aínda están iniciando a súa formación na cultura, así como para ofrecer, a persoas que coñecen as obras soamente en forma de texto, unha visión nova e agradable que permite un enfoque distinto.
No Departamento de Filosofía do Floriani imos coa banda!
Temos cómics para...
... as bibliotecas de aula de bacharelato.
... a hora de ler de 2º e 4º de ESO.
... a nova sección da biblioteca: Filosofía en cómic, coa signatura 1(82-C).
Neste boletín tedes unha referencia destas novidades:
Para descargar o orixinal en Publisher, picade na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario