PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CHARLAS - O MANIFESTO COMUNISTA 3

3ª sesión: Burgueses e proletarios (Capítulo 1 da obra)
A burguesía destrúese a si mesma como clase

Despois da análise da situación histórica na que se escribe o Manifesto e do apuntamento biográfico e filosófico sobre Marx e Engels, comezamos agora co resumo dos tres capítulos nos que está estruturada a obra. O primeiro, sobre o valor histórico da burguesía, vénnos da man de Lara Couñago, María Iglesias Oitavén, Clara Leirós e Raúl Portela.



Lara comeza explicando a idea esencial deste capítulo: Os avances que realizou a burguesía deben ser aproveitados polo proletariado para continuar facendo un mundo máis xusto.

Marx fai un percorrido histórico: como nos conta María, o modo de produción máis antigo foi o escravista, que foi superado polos pobos xermánicos que invadiron Roma e o substituiron polo feudalismo. En consecuencia, os valores cambiaron e a aristocracia fíxose co poder.

Pero a aristocracia, continúa Raúl, convertiuse nunha nova clase opresora e finalmente o sistema feudal foi substituído, mediante a eliminación dos gremios e a imposición da economía de mercado, polo sistema capitalista burgués.

As últimas conclusións extráeas Clara: Do mesmo xeito que os modos de produción anteriores foron substituídos por outros que finalmente se recoñeceron como máis xustos tamén será necesaria unha fase de ditadura do proletariado sobre a clase burguesa e o sistema resultante, a sociedade sen clases, será axiña recoñecido como o máis xusto.


 


Materiais para descargar

Descarga a presentación e o cartel picando nas iconas:


No hay comentarios:

Publicar un comentario