PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CHARLAS - O MANIFESTO COMUNISTA 1

1ª sesión: O contexto histórico
Unha pantasma percorre Europa

Benvidas/os de novo, neste curso 2012/13, ás charlas filosóficas na biblioteca do alumnado de 1º de Bacharelato. O libro elixido este ano é O Manifesto Comunista, de K. Marx e F. Engels. Publicado en 1948, o seu obxectivo era sintetizar, dun xeito que puidese entender calquera traballador/a europea/o da época, a ideoloxía que compartían todos os partidos que entón se chamaban comunistas.
Dividimos o noso traballo en seis charlas sobre os seguintes temas:
1. Contexto histórico (Introdución da obra)
2. Marx e Engels
3. Burgueses e Proletarios (Capítulo 1 da obra)
4. Proletarios e Comunistas (Capítulo 2 da obra)
5. Comunistas e Socialistas (Capítulo 3 da obra)
6. O comunismo despois de Marx


O contexto histórico

Esta primeira sesión está a cargo de Ana Alonso, Sara Hermo e Adrián Míguez.



Ana fai a presentación do tema citando as condicións inhumanas nas que vivía a clase obreira na primeira metade do século XIX e as súas causas: a industrialización, a internacionalización dos mercados e o traballo en cadea.

Sara resume os conceptos nos que Marx e Engels expresan esta alienación das/os traballadoras/es: respecto ao obxecto producido, respecto á actividade produtiva, respecto ás/os compañeiras/os de traballo e respecto ao seu propio potencial humano.

Adrián achéganos á vivencia daquelas persoas a través dos seus propios testemuños: fotografías e debuxos sobre o traballo alienado na industria e a explotación infantil, e dous textos nos que, en primeira persoa, se relata a miseria en que vivía nesta época a clase traballadora.




Materiais para descargar

Podes descargar a presentación e o cartel picando nestas imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario