6ª sesión: O comunismo despois de Marx
Proletarios de todos os países, unídevos!
A última charla por este ano trata sobre o comunismo despois de Marx. Coñecemos a historia: os dous bloques, a caída do telón de aceiro, China, Corea e Cuba... Pero agora enterámonos do trasfondo filosófico destes sucesos da man de María de la Fuente, Alba Estévez, Irene Iglesias, Sara Otero e Daniel Rodríguez.
![]() Sara rompe o (escaso) xeo comentando as medidas que Marx e Engels consideraban imprescindibles para dar inicio á ditadura do proletariado e que Javier nos avanzara na 4ª sesión: Expropiación da terra |
![]() Continúa Irene: a revolución soviética non era previsible desde o punto de vista marxista porque era unha rebelión do proletariado contra a aristocracia, sen a intermediación da burguesía e a industrialización. Pero, fose como fose, deixou ao mundo dividido en dous bloques: o capitalista da OTAN e o comunista do Pacto de Varsovia. |
![]() Agora ben, pode o capitalismo sobrevivir desoindo a Marx? Alba amosa que as crises capitalistas que se describen no Manifesto son unha realidade: basta mirar arredor de nós. Pero xa despois do Crac do 29 se tomaran medidas para implementar as propostas que Keynes tomara do marxismo para poder salvar o capitalismo: Imposto progresivo |
Finalizamos esta actividade por este ano!
PARABÉNS! Foi un interesantísimo traballo
Grazas á xente de 2º Bach. pola súa asistencia e apoio!
Vémonos o ano que vén!!!













Materiais para descargar
Descarga a presentación e o cartel premendo nas ligazóns:
Para descargar as seis presentacións e os seis carteis da serie (con compresión RAR) preme aquí: