Regueifas:
pan para bodas
Loita poética que facían os convidados para
quedarse co pan.
O gañador levaba como premio a regueifa.
A forma poética é a copla, versos octosílabos
que riman os pares e quedan libres os impares:
“queriamos facer poesía
estivemolo falando
viñeron Pinto e Caruncho
e acabámola cantando”
Como ven sendo habitual no noso centro celebráronse unhas xornadas adicadas ás regueifas. Velaiquí algúns exemplos: a de Gabriela de 2º ESO.
Ía eu andando un pouco
cando vin aquela feira.
Ía comprar un bolso
pero perdín a carteira.
Visitei o meu amigo
naquela casiña vella,
estaba dando botes
pelexando cunha vella.
Deille un pequeno lapis
ao meu gran amor
ía comprarlle unha camiseta
pero un libro me gustou.
Encontrábame no cine
coas miñas amigas
acabouseme a película
xa chegou a despedida
E estas outras :
Onte
fun obrigado
obrigado
a ir a feira
e aínda
por encima
mangáronme
a carteira
Visitei
o meu amigo
que era
policía
hoxe
esta por aquí
este
claro e lindo día.
Iván Rodríguez Penteado
Hoxe fun a Redondela
a comprar algo na feira
e acercouse a min un home
e roboume a carteira.
Ana Misa
No hay comentarios:
Publicar un comentario