PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CHARLAS "Unha viaxe arredor do mundo das lecturas filosóficas" - 2

2ª Sesión: Unha viaxe ao nazismo: A onda
Cres que unha ditadura non é posible hoxe?

Hoxe charlamos sobre a película A onda. O que comezou como unha experiencia dun profesor norteamericano para explicarlle o nazismo ao seu alumnado acabou como un pesadelo que tivo que deter porque se lle ía das mans e que se contou en múltiples formatos: novela, película, novela gráfica...

Andrea conta os pasos que seguiu a historia:

O experimento de Ron Jones (California, EEUU, 1967)
O libro de Alvin Toffler (A terceira onda, 1979)

As películas A onda (Todd Strasser, EEUU 1981) e Die Welle (Deniss Gansel, Alemaña, 2008)

A novela gráfica de Morton Rhue con ilustracións de Stefani Kampmann (2010)

O resumo do argumento faino Alberto: un profesor crea unha organización para ensinar como sería unha ditadura. Pero o experimento vai demasiado lonxe e chégase ao fanatismo, a discriminación e a violencia.

Eva presenta os personaxes principais: Rainer Wenger (o profesor minusvalorado que quere facer unha experimento grandioso), Tim (o desarraigado que atopa un lugar na Onda), Karo (a rapaza intelixente que non se deixa manipular) e Marco (que se deixa levar en principio pero despois enfróntase á Onda).

Os personaxes secundarios explícaos Elina. León é o irmán de Karo, influenciado polos maiores; Anke é a muller de Rainer, que cre nel ao principio pero despois advírteo de que a experiencia estáselle indo das mans; Lisa é a amiga de Karo, acostumada a ser a súa sombra, e que na Onda síntese incluída; o propio grupo, que mellora nas competicións deportivas e se fai máis forte e unido, é un personaxe máis.

A continuación, Gabriel explica a materia de Autocracia. É un réxime político no que o poder é exercido por unha soa persoa. Pero o experimento, coma o nazismo, acaba convertido nun Totalitarismo, un réxime que controla todas as esferas da vida, pública e privada.
Gabriel explica tamén a actitude de Rainer ante a materia: a súa frustración pola minusvaloración do seu traballo e o menosprecio do resto do profesorado.

Finalmente, con Lois analizamos os símbolos da película: O uniforme e o xeito en que determina a conduta do grupo, a postura erguida que deben manter en clase (e, ao pouco tempo, tamén fóra), o saúdo como símbolo de identidade e, en definitiva, o xeito en que todos estes símbolos levan ao fanatismo.




Materiais para descargar

Pica nesta icona para descargar o cartaz da nosa charla: A presentación multimedia coa que acompañamos a nosa charla é esta (podes descargala ao final):



A presentación multimedia coa que acompañamos a nosa charla é esta (podes descargala ao final):






DÍA DA MÚSICA, LUTHIER


MÚSICA NAS AULAS

Un outono musical achégase ás aulas do Pedro Floriani da man de Jean Marc van Loo, permitindo, tanto a alumnos como a profesores gozar dunha actividade educativa á vez que lúdica.

Din que o mundo das artes comparte espacios e persoas, seguramente foi ese o motivo polo que un dos profesores do centro tivese a idea de presentarnos un luthier. O  agasallo foi a presencia dunha persoa que mestura o coñecemento da música co da construcción artesá de instrumentos, sendo Jean Marc unha clara mostra deses profesionais aos que lles é imposible reducir o coñecemento dun instrumento á simple experimentación do mesmo, e decide aventurarse na titánica e agradecida labor da súa construcción.

Anécdotas da súa vida, que mesturou habilmente cun contexto instructivo e de amplo léxico, deixaban entrever unha basta cultura, recollida en tódolos sitios onde viviu e as experiencias con músicos cos que tivo o pracer de compartir, e chegando a cidades tan afamadas musicalmente como Los Ángeles. Todas estas cousas foron as que nos fixeron, con pracer, admirar o amor que sinte polo seu oficio.

Nun momento no que as tecnoloxías invaden de xeito indiscriminado o lecer a tódolos niveis, foi este luthier o que fixo entender a cada un dos presentes a importancia de cada peza de artesanía, mostrando, con gozo e orgullo, a exclusividade das súas creacións. Cada instrumento é unha peza única. A súa mostra gañounos a todos e a cada un.

Finalizamos a xornada, por desgracia breve, cunha representación do motivo que envolvía o acto en si e polo tanto a razón pola que acudiu a realizalo, o amor á música. Facendo uso dun baixo eléctrico –da súa autoría- concluíu a xornada cunha progresión de notas e acordes, acadando un caloroso e merecido aplauso dos presentes.

Reseña do 21/11/14

por Xandre Otero

CHARLAS "Unha viaxe arredor do mundo das lecturas filosóficas" - 1

1ª sesión: A viaxe prehistórica de Ayla e Jondalar
Era unha nena cro-magnon pero un clan de neanderthais atopouna e coidaron dela

Ola! Xa comezamos outra vez as charlas filosóficas na biblioteca. O proxecto deste ano é Unha viaxe arredor do mundo, así que lles daremos ese enfoque aos nosos temas.


Jennifer fainos esta presentación de Ayla, o personaxe principal de As chairas do tránsito, 4º título da serie Os fillos da terra (O clan do oso das cavernas), de Jean Marie Auel:
A serie está ambientada na época en que neandertais e cro-magnons compartían a terra. A protagonista, Ayla, unha cro-magnon, quedou aillada da súa tribo por culpa dun terremoto, e é acollida nun grupo de neandertais.Os libros contan a súa historia, como se interesa polas cacerías de mamuts e os preparativos das armas (prohibidos ás mulleres). Tamén conta os rituais sagrados e os costumes dos neandertais. Ao longo destas novelas ela atopa o amor noutro cro-magnon chamado Jondalar e xuntos deciden emprender unha longa viaxe desde o seu territorio natal, na actual Rusia, ata preto dos Pirineos, cruzando as interminables chairas e, ao final, un perigoso glaciar.
Nesta colección pódense apreciar moi ben as diferenzas entre ambas especies.

Iria cóntanos como é o personaxe, unha valente rapaza que
descobre o pedernal para facer lume,
domestica un can e unha egua,
inventa un prolongador para cazar con lanza,
coñece as plantas medicinais...
Jondalar ten gran sensibilidade artística e talla figuriñas que representan a fertilidade.

As características dos cro-magnons e os neanderthais forman o telón de fondo destas novelas. Os últimos son máis robustos e musculosos pero máis baixos cós primeiros. Os cro-magnons son os que utilizan máis os símbolos: adornos, pinturas na cara ou as paredes das covas, frautas feitas con ósos... Refírense aos neanderthais como cabezas chatas porque o óso por riba dos ollos dálles un aspecto como de non ter fronte.




Materiais para descargar

Podes descargar o cartel da charla picando aquí:



Tamén podes ver a presentación que fixo Iria para acompañar a súa charla e descargala ao final:





SAUDE E COMIDA



Os departamentos de Educación Física e Inglés organizamos unhas xornadas sobre  sedentarismo e obesidade que culminaron coas charlas do alumnado de 2º BAC sobre a saúde a alimentación (HEALTH AND FOOD) así como sobre o uso de productos químicos na comida e cosmética. As charlas desenvolvéronse en inglés.






















Aquí podedes ollar algún ejemplo das presentacións que tiñeron lugar


REDE DE MÚSICAS SOLTAS



O VENRES 21 DE XANEIRO VISITARON A NOSA BIBLIOTECA OS MÚSICOS E MÚSICAS CELINA DA PIEDADE E GAUDI GALLEGO.

 




 

       
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Viñeron a presentar a súa iniciativa de REDE DE MÚSICAS SOLTAS. Este interesante proxecto, que conta  coa colaboración do  Concello de Redondela,  pretende promocionar a música cantada en galego. Ten organizados unha serie de concertos ata o vindeiro mes de xuño:

        o 21 de marzo actuará GUADI GALEGO

        o 18 de abril ALBA MARÍA

        o 20 de maio ALEJANDRO VARGAS

        o 20 de xuño ELISEO PARRA

 Derónnos un pequeño concerto improvisado que fixo as delicias do publico de Bacharelato. Guadi cos dous rock’ n’ rolls baseados en poemas de Rosalía de Castro e Celina achegándonos a delicada e poética música do Alentejo portugués.

 

        

POEMAS DRAMATIZADOS

O alumnado de 2º de agrupamento realizou unha actividade de análise e dramatización de textos poéticos, incorporando a expresión corporal.











 
 
 
 
 
 
 
Os poemas foron escollidos por eles mesmos da antología poética Raíz de amor editada en Alfaguara.