1ª sesión: A viaxe prehistórica de Ayla e Jondalar
Era unha nena cro-magnon pero un clan de neanderthais atopouna e coidaron dela
Ola! Xa comezamos outra vez as charlas filosóficas na biblioteca. O proxecto deste ano é Unha viaxe arredor do mundo, así que lles daremos ese enfoque aos nosos temas.
  
    | 
  
Jennifer fainos esta presentación de Ayla, o personaxe principal de As chairas do tránsito, 4º título da serie  Os fillos da terra (O clan do oso das cavernas), de Jean Marie Auel:
A serie está ambientada na época en que neandertais e cro-magnons compartían a terra. A protagonista, Ayla, unha cro-magnon, quedou aillada da súa tribo por culpa dun terremoto, e é acollida nun grupo de neandertais.Os libros contan a súa historia, como se interesa polas cacerías de mamuts e os preparativos das armas (prohibidos ás mulleres). Tamén conta os rituais sagrados e os costumes dos neandertais. Ao longo destas novelas ela atopa o amor noutro cro-magnon chamado Jondalar e xuntos deciden emprender unha longa viaxe desde o seu territorio natal, na actual Rusia, ata preto dos Pirineos, cruzando as interminables chairas e, ao final, un perigoso glaciar.Nesta colección pódense apreciar moi ben as diferenzas entre ambas especies.
 | 
    | 
  
Iria cóntanos como é o personaxe, unha valente rapaza que
descobre o pedernal para facer lume,domestica un can e unha egua,
 inventa un prolongador para cazar con lanza,
 coñece as plantas medicinais...
 
Jondalar ten gran sensibilidade artística e talla figuriñas que representan a fertilidade. | 
    | 
  
As características dos cro-magnons e os neanderthais forman o telón de fondo destas novelas. Os últimos son máis robustos e musculosos pero máis baixos cós primeiros. Os cro-magnons son os que utilizan máis os símbolos: adornos, pinturas na cara ou as paredes das covas, frautas feitas con ósos... Refírense aos neanderthais como cabezas chatas porque o óso por riba dos ollos dálles un aspecto como de non ter fronte.
 | 
Materiais para descargar
Podes descargar o cartel da charla picando aquí:
Tamén podes ver a presentación que fixo Iria para acompañar a súa charla e descargala ao final:
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario