O alumnado de 3º e 4º de ESO viaxou esta semana ao Antigo Exipto. Para volver, tiveron que traballar en equipo a contrarreloxo e atopar o escarabello dourado do faraón a partir dunhas pistas e acertixos. A "escape room" foi todo un éxito: divertíronse, aprenderon e, sobre todo, conseguiron volver, con máis ou menos axuda, á actualidade. Houbo premios para os equipos que o conseguiron en menos tempo. 😉
E para rematar fixemos unha sesión extra cun grupo de 2ºde Bac que atopou un oco entre a voráxine que supón ese curso para escapar ao tempo dos faraóns... e volver para contalo e a tempo de participar na ABAU!
No hay comentarios:
Publicar un comentario