PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LIMPEZA RÍO PREXEGUEIRO

ESTOU BEN NO MUNDO 

O pasado mes de maio todo o alumnado de 4º ESO A/B participamos na limpeza dun entorno natural cercano ó noso IES: Río Prexegueiro. Esta iniciativa foi posible gracias a Alvaro Diego, activista medioambiental e de recuperación do patrimonio e foi apoiada pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello De Redondela que nos prestou axuda coa recollida do lixo.













 É unha ribera chea de vexetación e fauna que podería converterse nun lugar de lecer necesario para a vila de Redondela.
O seu problema: foi durante moitos anos un vertedoiro de lixo. Este feito poidemos comprobalo in situ.Os residuos vertidos polos veciños levan anos sepultados e agochados pola vexetación. Os plásticos da riberira do río están desfeitos e son moi difíciles de apañar convertidos moitos deles en microplásticos.

O resultado tras tres horas de traballo: dous contenedores cheos de plásticos, dúas palas do concello cheas de residuos pero a satisfacción de ter feito algo pola noas vila e o medioambiente. Agora todos e todas somos moi conscientes da problemática que xenera a contaminación. 


Bibliografía: Adeus, plástico! Chaves para unha vida sen residuos, Elisa Nicoli e Chiara Spadaro ; Ed. Catro Ventos, 2021.




No hay comentarios:

Publicar un comentario