Debate de xénero
O debate de xénero desenvolveuse na Biblioteca
do IES Pedro Floriani a semana do 19 ao 23 de febreiro. Nel participaron os
dous grupos de 1º de ESO. 
Nun primeiro momento, as rapazas e os rapaces
enfrontáronse cunha serie de textos. Elas do Diario dun xove maniático. Eles de
Eu tamén son maniática. Ambas obras son da autoría de AIDAN MACFARLANE; ANN
MCPHERSON, ambos británicos e relacionados co mundo da saúde. Despois de ler os
textos participaron nun debate, no que cada persoa e cada grupo presentaba os
seus argumentos e opinións. Por último, xa na aula, elaboraron as súas
conclusión.
Este documento recolle a súa experiencia
TEMAS QUE APARECÍAN NOS TEXTOS
    •
Puberdade nun rapaz.
    •
Eufemismos para denominar palabras que resultan incómodos para rapaces e
rapazas.
    •
Media de peso e altura de rapaces e rapazas.
    •
Puberdade. 
    •
Desenvolvemento físico e persoal.
    •
Sexo.
    • Os
problemas co teu peso.         
                           OPINIÓN DO GRUPO
 
Opinamos que estes temas deberían falarse con máis normalidade entre os
rapaces e rapazas, xa que adoitan falar deles con naturalidade cos adultos e
con vergoña entre eles. Esta etapa é moi importante para as súas vidas e
debería normalizarse.
   O
noso grupo opina que son temas que non deberían tomarse á lixeira.
 OUTROS
TEMAS TRATADOS
    •
Clasificar a outros compañeiros e compañeiras. 
    •
Virxindade.
    •
Machismo.
    •
Violación (aínda que non entraba no tema).
OPINIÓN SOBRE ESTES TEMAS
Opino que o intento de clasificar persoas (de
calquera forma posible) é denigrante para ambos suxeitos, ademais de que cada
persoa decide sobre o seu corpo. Todos debemos respectar para ser respectados,
polo que ninguén e mellor ou peor.
 O noso
grupo opina que todos somos libres de decidir sobre a nosa vida.
CONCLUSIÓNS
O noso grupo extrae como conclusión de que
estas cousas está ben falalas e comentalas porque axúdanos a entendelas e a compartir
a nosa opinión.
 



 
No hay comentarios:
Publicar un comentario