Colaboran:
Grupo do IES Pedro Floriani da Rede de Escolas de AI
Vale máis acender unha candea ca maldicir a escuridade
Departamento de Filosofía
Texto: Sofía Castro, 4º ESO B.

Dixeron que o Brasil é o país con maior número de homicidios cometidos pola policía, que é o que máis me impactou de todo, como a policía pode causar tantas mortes.
Elas dicían que no ano do Mundial de fútbol as cifras de número de mortes aumentaron e teñen medo de que coas Olimpíadas volva aumentar, e iso é algo que non podemos permitir e que é terrorífico.
Finalmente, Ana-Paula contounos como a policia matou o seu fillo Johnathan sen motivo ningún. Foi un relato conmovedor e escoitámolo en silencio.
Oxalá todas as vítimas, familiares sobre todo, co tempo se volvan máis e máis fortes e poidan volver á tranquilidade e oxalá teñan moita sorte coa cmpaña Tu mataste o meu filho e consigan pouco a pouco facer máis. Creo que si: que se vai facer xustiza pero como elas dicían ninguén vai poder devolverlle aos seus fillos xamais.
Nin a policía nin ninguén ten dereito a quitarnos a nosa vida, un dereito humano imprescindible, o dereito á vida.
Documentación
Esta é unha das últimas noticias e investigacións que podemos atopar na páxina de Amnistía Internacional:
Brasil - Mataste o meu fillo Brasil: policías militares de “gatillo fácil” mataron centos de persoas na cidade que se prepara para recibir os xogos olímpicos. Río de Xaneiro é unha cidade marcada polas intervencións policiais represivas. A súa policía militar, que parece seguir a máxima de “disparar primeiro e preguntar despois”, está contribuíndo ao alarmante aumento da taxa de homicidios pero os seus axentes nunca son investigados nin comparecen ante a xustiza. Así o afirma Amnistía Internacional nunha análise inédita de datos estatísticos publicada a un ano do comezo dos xogos olímpicos de 2016. |
Materiais
Na charla empregáronse estes audiovisuais:
Libro de visitas
Fai click nas fotos para velas ampliadas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario