2ª Sesión: Feliz mundo novo, A onda, 1984
Se algo non existe na linguaxe, non podemos pensalo.
Hoxe estamos sete persoas para facer a nosa exposición: Patricia, Rosa, Lorena, Laura Míguez, Ana, Laura Rodríguez e Irene. Falamos, dentro do tema de A luz, sobre Utopía e Distopía; moitas das novelas que temos na listaxe de lecturas e películas de Filosofía de 1º Bach. pertencen a este xénero e utilizan recursos como presentar ambientes luminosos ou escuros para diferenciar os aspectos positivos e os negativos das sociedades que describen.
Patricia, Rosa e Lorena comentan a novela de Aldous Huxley Feliz mundo novo. Nunha situación futurista hai unha sociedade na que a xente nace por clonación e vive dividida en castes: Alfas, Betas... As persoas están contentas co que son e coa súa forma de vida, pero isto é a costa da súa individualidade; un exemplo é a hipnopedia: desde que son bebés, cando están durmindo, unha cinta magnetofónica repítelles milleiros de veces que a súa caste é a mellor e que non lles gustaría pertencer a outra. Durante o día todo aparenta ser feliz e luminoso pero, pola noite, vemos aparecer o lado escuro e opresivo desta sociedade.
|
Nun instituto, na clase de historia, un profesor decide facer un experimento coa clase porque cren que non sería posible que se repetise o nazismo. Vístense todas/os igual, de gris e branco, inventan un saúdo e só falan entre a xente do grupo, que chaman A onda. Ao pouco tempo comezan a mellorar os resultados nos deportes e nos exames, pero tamén as actitudes violentas e discriminatorias. Laura Míguez preséntanos a Karo, que é unha rapaza consciente e crítica e que manifesta a súa oposición a través das cores e o vestido: pon roupa vermella e chamativa e mantén a súa opinión aínda que a clase a rexeite. Pero... como acaba todo? Para sabelo teredes que ler o libro ou o cómic, ou ver a película.
|
1984 foi unha novela que introduciu conceptos, imaxes e metáforas que xa son parte da nosa cultura, coma o Irmán Grande e a neolingua. Ana, Laura Rodríguez e Irene describen os recursos que resaltan a sordidez e a despersonalización desta sociedade orwelliana: a xente vestida coas mesmas roupas das mesmas cores, as rúas escuras e as pantallas de televisión que te observan en todos os lugares sen que ti poidas saber quen é esa persoa que te está observando.
O pasado reescríbese constantemente e as palabras que expresan conceptos críticos ou anovadores bórranse do idioma porque se non están na linguaxe non podes pensalos.
|
Imaxes
Picando nunha das fotos podes ver todas ampliadas, como tira de imaxes.
Materiais para descargar
Hoxe temos temos tres presentacións distintas, ademais do cartaz:
No hay comentarios:
Publicar un comentario