PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

ACTIVIDADES INTEGRADORAS DA BIBLIOTECA

Á LUZ DO ISLAM

Exposición realizada por  Dina 3º ESO A en dúas sesións para o alumnado de 2º ESO A e B.   A actividade  formulouse como unha visión persoal , como marroquí e musulmá, da súa relixión dende un punto de vista conciliador e pacifista.
Realizouse unha exposición de traxes masculinos e femininos para os días de festa ao tempo que se explicaban costumes tradicionais como o rito de paso (anel familiar) ou o ritual de levar o Corán despois do lavado de mans e envolto nunha tea. Mentres escoitabamos audicións musicais e realizabamos bailes típicos.


 OBXECTIVO DA ACTIVIDADE .Integración de minorías étnicas nun momento difícil para o dito colectivo.
Á LUZ DO MEL
O día 18 de xaneiro o alumno de 2º ESO A, Rubén Veloso, realizou unha exposición sobre o mel e as abellas, pois o rapaz ten un gran coñecemento do tema por tradición familiar.
A actividade comenzou cunha proxección dunha presentación e dous videos sobre unha abellariza e un apicultor traballando.
Mencionouse o perigo das avispas asiáticas para as abellarizas artesanais da nosa comunidade.
O mesmo tempo exhibíronse unha serie de aparellos de traballo e outros trebellos relacionados coa colleita do mel: traxe, luvas, cera, mel, xelea real…
 

Ó rematar  houbo unha degustación de mel, unha quenda de preguntas entre as cales se formularon as seguintes:
“ Para que se usa o afumador?”
“ Para que se usa a cera?”
“ Por que o mel ten diferentes cores?”
“ Para serven as tabliñas da vorroa?”
“ Canto poden voar as abellas?”
“ Que pasa cando morre unha  raíña?”


Os contidos da actividade incluímolos dentro da educación de hábitos saudables: a importancia do mel na dieta, diferenza entre mel tradicional e artesanal e mel destinado á venda mundial por grandes compañías, propiedades medicinais.
Os obxectivos da actividade foron: concienciar ó alumnado da importancia do mel galego, a degustación deste mel artesanal que moitos non probaran nunca, a integración do alumno na dinámica da aula a través do traballo do seu pai e valorar este.

No hay comentarios:

Publicar un comentario