Como ven sendo tradición secular no noso centro cada Samaín contamos a trá xica historia do noso exalumno Gabriel Couñago.
A súa relación amorosa con Antía Amoedo inda está presente na nosa lembranza.
Fixémolles unha homenaxe a estos dous amantes co alumnado de 1º da ESO.
Velaiquí a súa historia:
Tódolos institutos teñen a súa historia e o seu fantasma particular. O fantasma do Floriani Gabriel Couñago.
Gabriel era un rapaz que estivo matriculado en 1º de ESO fai uns dez anos. Daquela era a directora Teresa, unha profesora de Lingua Castelá, e a súa titora era Pilar Dios, a profe de Inglés. Contan os profes que lle deron clase que era un rapaz bastante estrano, que faltaba moito. Pilar conta que, cando viña a clase víano remexer nos pupitres e ir a outras clases a buscar entre os pupitres dos seus compañeiros.
A finais de outubro dese ano, a titora chamou á casa de Gabriel, porque tiña moitas faltas de asistencia. Pero nunca contestaba ninguén. Ata que a directora Teresa, un luns despois das clases da tarde, decidiu achegarse á casa de Gabriel e falar cos seus pais.
Gabriel vivía en Reboreda, nunha casa. Teresa chamou á porta, e saiu unha muller vestida de negro, moi triste e co pelo branco. Teresa presentouse como a directora do Floriani e preguntou se alí vivía Gabriel Couñago. A nai díxolle moi triste: “Esto é unha broma, verdade?”
A nai contoulle que o seu fillo facía dez anos que morrera. Daquela estaba en 1º de ESO. Era un rapaz moi intelixente e guapo. Estaba namorado dunha rapaza da súa clase, chamada Antía. Os dous eran moi tímidos e nunca se dixeran nada. Un día, a última hora, Antía deixoulle unha nota de amor a Gabriel no seu pupitre para que a lera ó día seguinte. Pola tarde, un compañeiro de Gabriel foi a súa casa a decirlle que Antía estaba namorada del. E el, moi contento, saiu coa súa bici hacia a casa de Antía. Pero ó dala curva, unha camioneta atropelou a Gabriel, que morreu no acto.
Teresa non soubo que dicir e voltou ó instituto. Mirou nos expedientes e viu que, efectivamente, houbera no curso 95-96 un alumno matriculado co nome de Gabriel Couñago. Foi ó almacén e atopou a vella cadeira de Gabriel, coa mensaxe de amor de Antía. E ocorréuselle facer que Gabriel descansara para sempre. Cando o xoves ás tres menos vinte todo o mundo se foi do instituto para pasala ponte do Primeiro de Novembro, deixou na entrada do instituto a silla para que, na noite de defuntos, Gabriel vise a mensaxe de amor.
Ó martes seguinte, Teresa chegou antes que ninguén e abriu o instituto. E viu que na silla de Gabriel aparecía un Gracias. Teresa sonreiu satisfeita.
Gabriel sigue con nós. Ás veces é unha pequena sombra ó fondo do pasillo, ás veces, parece que está no cuarto de baño. Os conserxes din que un neno moi pálido colle o parte de 1º e logo volve deixalo onde está. Se o vedes, deixádeo tranquilo, está visitando os lugares onde se namorou de Antía, coa esperanza de volvela a ver algún día.
Como testemuña amosámoslles a súa cadeira e a rapazada puido sentarse nela e escribirlle unha mensaxes:

No hay comentarios:
Publicar un comentario