O
departamento de electricidade-electrónica en colaboración co Equipo de
Dinamización da Biblioteca do IES Pedro Floriani, organizou unha exposición
sobre a electricidade no mundo.
A
exposición está dividida en diferentes seccións, para poder ter unha visión o
máis completa posible desta materia, dende a súa produción, utilizando
diferentes sistemas de xeración, ata chegar aos fogares dos consumidores.
Tamén
tratamos de recoller diferentes curiosidades relacionadas con esta disciplina,
así como as personaxes máis relevantes relacionados con ela.
O
traballo dividise en murais dedicados a una temática diferente cada un.
Panel de xeración e distribución: nel
móstranse os diversos sistemas de xeración eléctrica que podemos atopar en diferentes
lugares do planeta, así como a forma de transportar esa enerxía para que chegue
aos consumidores.
Tamén podemos ver como cada país ten a súa tensión
e frecuencia propia, así como clavixas de toma de corriente e bases de enchufe
particulares.
Panel de fenómenos eléctricos naturais: nel podemos ver como se comporta a natureza con
respecto a electricidade.
|
Panel de curiosidades eléctricas e sonoras: nestos carteis podemos ver dende record ginness ata vehículos eléctricos.
Para mais información podemos ver os seguintes PDFs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario