
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras, pleno de experiencias.
Konstantinos Kavafis
Como en anos anteriores, Luz adaptou a súa charla ao tema do proxecto de biblioteca, que esta vez é Unha viaxe polo mundo, pero tamén falou sobre categorías clínicas e sobre o método psicanalítico. Se queredes ver estas últimas referencias podedes facelo nos posts dos anos 2013 e 2014. Sobre os temas deste ano fan a reseña Iria Domínguez e Jennifer Lago.

A viaxe a Ítaca é unha metáfora da viaxe da vida, onde as cousas que vemos ao noso arredor son o reflexo do que vemos na nosa mente. Son os comportamentos e sentimentos que se atopan no interior do noso inconsciente.
Canto máis longa e complicada sexa a viaxe máis problemas teremos que solucionar; ao ilo facendo, imos adquirindo recursos e mecanismos que facilitan a solución de problemas posteriores.
Esta viaxe non ten unha fin, da mesma forma que nunca podemos deixar de vivir tampouco podemos deixar de viaxar. A vida termina coa morte e a viaxe non remata ata que remata a vida.
Iria Domínguez

Primeiro Luz presentouse e logo empezou facendo un esquema das categorías clínicas para clasificar a personalidade. Explicou cada unha delas e explicounos as diferenzas entre elas. Leunos un poema e díxonos que na vida poñémonos obxectivos e para chegar a eles temos que disfrutar tamén o camiño xa que estes obxectivos cambian e o máis bonito é o camiño no que nos suceden un montón de anécdotas que nos representan como é a nosa vida e como somos nós.

Despois explicounos amplamente as diferenzas entre a neurose e a psicose e contounos que ela levaba o caso dun rapaz, ao que chamou "Álex", desde que tiña 8 anos. El ao principio mantíñase distante e quería facerlle dano a ela pero despois abriuse e chegou a un punto en que se decatou de que estaba louco.
Jennifer Lago
Picando nesta imaxe do cartaz da charla podedes descargalo. Deixámosvos este libro de visitas con comentarios da xente de clase sobre o caso clínico que nos contou. Case todos falan da relación de dependencia que se establece entre Álex e Luz, que valoran moi positivamente porque as alternativas para unha persoa psicótica son durísimas: outros tratamentos adoitan incluír a reclusión nun psiquiátrico ou unha medicación tan agresiva que deixe á/o paciente permanentemente aturdida/o e inútil.