Coincidindo co tema
deste ano do noso proxecto de biblioteca (unha viaxe polo mundo) quixemos levar
aos recén chegados ao centro a coñecer aspectos xerais dos oito líbros máis
lidos do mundo.
Para elo fixemos un
pequeno xogo de asociación dos libros cos seus autores. Sorprendentemente
Tolkien e García Márquez foron ós que máis lles costou asociar coas súas obras.


Seguidamente, o alumnado de 1º da ESO tivo que resolver por grupos dúas cuestións relativas ós fondos a través de OPAC, internet e busca física dos fondos na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario