2ª sesión: Personaxes principais
Napoleón sempre ten razón. Traballarei máis

 Na segunda sesión de A revolta dos animais falaremos sobre os porcos e os cabalos, que son os personaxes principais da novela. Presentan Carla Martínez e 
Eva Méndez, e os debuxos son, coma sempre, de Iara García, Sara González, Andrea Martínez e Andrés Núñez.

    | 
 Os porcos representan aos dirixentes da Unión Soviética durante o stalinismo. 
Carla vainos desvelando o simbolismo do Vello Maior (imaxe de Marx e Lenin, que anunciaron a revolución pero non viviron o stalinismo) Napoleón (que, coma Stalin, se proclama a si mesmo emperador), Snowball (que quere, coma Trotski, estender a revolución coma unha bóla de neve) e Squealer (o policía do réxime).   
 
Os debuxos caricaturizan aos personaxes mediante os bigotes, as insignias e os obxectos que amosan. Por exemplo, aquí vemos a Napoleón cun mostacho coma o do ditador. | 
    | 
  
A clase traballadora está representada polos cabalos, dos que nos fala Eva. O gran heroe da novela é Boxer, o cabalo estaxanovista, pero entendemos mellor a este personaxe cando o comparamos cos outros cabalos: Clover, a egua escéptica, e Molly, a egua pequeno burguesa.
  
 Na próxima sesión coñecermos a Benxamín, o burro que non era tan burro...
 | 
Materiais para descargar
Picade nas imaxes para descargar a presentación e o cartel:
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario