
Por Lidia Figueroa García
1º Bach. Ciencias e Tecnoloxía, 2012-13
O nome da rosa é unha obra de Umberto Eco. Nela pódese ver a outra cara da Igrexa e a forma de vida das persoas da época medieval.
1º Bach. Ciencias e Tecnoloxía, 2012-13
O fío do relato está nunha serie de asasinatos que se producen nun mosteiro.
Ao longo de toda a obra pódense observar varios símbolos.
Símbolos relixiosos
Tamén hai cruces, símbolo evidente do cristianismo.
Os frades danse a benvida á abadía bicándose nos beizos, no nome de toda a congregación.
Animais
Aparecen en varias ocasións varios corvos, que fan referencia á morte, e un gato negro, que fai referencia á bruxería, tema moi sensible na Idade Media, cando moitas mulleres foron queimadas en fogueiras por seren declaradas bruxas.
Os frades tiñan fama de vivir moi ben e comer moito, o que se mostra coa matanza do porco.
Lugares, palabras e números

O labirinto que contén a biblioteca tamén é moi importante xa que é signo do mundo. O labirinto réxese por unha serie numérica e por frases en latín.
Unha das curiosidades desta obra é que xira en torno ao número sete:
As salas da biblioteca están organizadas a partir deste número,Nesta biblioteca preséntase unha fusión entre o libro bíblico da “Apocalipse” e o mapa xeográfico do mundo.
sete son tamén os asasinatos que se producen na abadía,
os capítulos do libro,
as horas de traballo dun monxe e
o tempo no que transcorren os sucesos.
Fóra dos libros, sete son os planetas,
os sacramentos e
os pecados capitais.
O título
Por último, a rosa está asociada á figura da Virxe María. Penso que a rapaza, a quen condenan por bruxería, fai en parte referencia á virxe posto que é moi humilde. O rapaz namórase dela e ao final da obra di que nunca soubo o nome daquela rapaza. Por isto creo que o título é debido a que el non sabía o nome da rosa, da súa Rosa.
A muller

No hay comentarios:
Publicar un comentario