Na primeira semana de maio tivemos no centro unha exposición
itinerante de libros en diversas linguas : euskera, catalá, galego. O
alumnado de 1ºESO tivo que resolver un pequeno cuestionario
preparado para a ocasión.
Actividade
Exposición de libros nos idiomas da península
Nome, apelidos,
número e curso. Data.
- Contido dos carteis do corredor a Biblioteca.
- Linguas que están representadas na exposición.
- Xeografía destas linguas (buscar na casa no caderno 1).
- Tipos diferentes de libros que hai na exposición.
- Escolle 4 palabras distintas de cada lingua. (2 fáciles de entender e 2 difíciles).
- Localiza na biblioteca que linguas están representadas: cal é a cor e os números que as identifican?
No hay comentarios:
Publicar un comentario