PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

LENDO OS TEXTOS DE MEDO

O equipo de dinamización en colaboración coa biblio organizou a lectura de textos orixinais con grupo de 1º ESO. Aquí tendes fotos da lectura.





PREMIOS PODCAST

         ENTREGA DOS PREMIOS DOS PODCAST DE MEDO

Hoxe, día 19 de novembro fixemos entrega ós gañadores e ás gañadoras dos podcast de medo, actividade organizada conxuntamente polo equipo de dinamización lingüística e a biblioteca.

NORABOA A TODOS E TODAS!👏👏👏👏





O MUNDO DE ROALD DAHL

 PRESENTAMOS A MALETA DE ROALD DAHL

Na nosa biblioteca contamos con todos os libros de Roald Dahl e incentivamos a súa lectura. Presentamos os seus personaxes e todas as adaptacións cinematográficas que son moitas dende Matilda ata Mr. Fox e Charlie e a fábrica de chocolate.






EMOCIONA-T

 

                    CADERNOS DE EMOCIÓN  💓👍

No día de San Martiño entregamos os cadernos de emoción a todo o alumnado de 1º ESO: 58 cadernos coas súas correspondentes táboas periódicas das emocións. Neles terán unha ferramenta de expresión e canalización das emocións a través da escrita, o debuxo, o collage, a imaxinación. 

Cadernos para a creatividade e aprendizaxe: identificando, recoñecendo e aceptando ás nosas emocións e as dos demais seremosm máis empáticos e considerados co noso entorno.

A disfrutalas....😀!!!



Colaborando con Voz Natura.

                               MITIGANDO A NOSA PEGADA DE CO2

 O alumnado do Ciclo superior de Administración e Finanzas son ben conscientes de cal é a súa pegada.

 Tras calculala decidiron que tiñan que facer a súa aportación contra as emisións de carbono. É por iso que  estiveron colaborando na plantación de landras.  A tarefa foi dirixida polo alumnado de bacharelato que lles indicou os pasos á seguir.

En total plantarónse 28 landras coas que esperamos repoboar o monte de Ventosela cando ás arbores estean medradas e listas para transplantarse.




SAMAIN

                                 LECTURAS  DRAMATIZADAS 

O libro de relatos curtos de Carlos Negro foi o noso compañeiro nas lecturas dramatizadas o seus relatos " "Translúcido" e " A despedida" foron os relatos elexidos  así como un fragmento de " Corazón delator" de E.A. Poe . Todos eles deixáronnos inquedos e cheos de incertidumbres.

 



Tamén aprendimos sobre outros relatos clásicos de terror como Frankenstein, A lenda de Sleepy hollow,  O can de Baskerville, O gato negro, A pantasma da ópera..e sobre os seus autores.




DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

               CELEBRANDO A BIBLIOTECA

    O día 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas nesta ocasión quixemos sacar pequenas bibliotecas polo centro e agasallar cos libros dispostos nas estanterías á todo o alumando ou membro da comunidade educativa que quixera achegarse a elas.







    

PROCURA DOCUMENTAL

             A REVOLUCIÓN AMERICANA 

Primer traballo de procura documental  de aprendizaxe cooperativo na biblio co grupo de 4º ESO A. Previo visionado dun video explicativo no que se traballaron as liñas xerais: 



Primeiro decidimos os grupos, o rol de cada membro e o procedemento entón escomenzamos o traballo utilizando as seguintes fontes:

PARA O CONTIDO:
https://www.history.com/topics/american-revolution/american-revolution-history
https://www.britannica.com/event/American-Revolution
https://www.ushistory.org/us/11.asp

PARA O VOCABULARIO: https://www.wordreference.com/ 
    





Despois fixemos a presentación oral do aprendido:



E finalmento expuxemos o noso traballo






CONCURSO PODCASTS DE MEDO

  Xa estamos en Samain e o equipo de normalizción lingüística xunto voa biblioteca convocamos un concurso de podcasts de medo para todo o alumnado do centro.


Aquí tendes as bases

FORMACIÓN DE USUARIOS 1 º ESO

Como todos os anos organizamos a formación de usuarios para o alumnado de 1º ESO. Nesta ocasión tiveron que procurar fondos da nosa biblioteca e ler textos nos que se reflectían as emocións básicas: 
alegría, tristeza, ira, medo e tenrura.

Os textos elexidos foron: Umbrio por la pena de Miguel Hernández ( tristeza), Oda al día feliz de Pablo Neruda( alegría), un fragmento de  O gato negro de E.A. Poe ( medo), un diálogo de Andrómaca de J. Racine (ira) e Moraima de Celso Emilio Ferreiro (tenrura).






 

EMOTICOLANDIA

DEBUXAMOS AS NOSAS EMOCIÓNS
 Iniciamos o noso proxecto interdisciplinar: Estou ben co mundo cunha actividade de identificación das nosas emocións. O alumnado de 2º ESO xunto coa súa profesora de plástica Inés elaboraron emoticonos como paso previo para realizar a actividade de formación de usuarios. 







CIANOTIPIAS


 COIDANDO A MEMORIA DA FOTOGRAFÍA 

En colaboración co Clube  de Letras o pasado martes 22 ofertamos este interesante obradoiro de cianotipia a todos os grupos de 1º e 2º ESO.

Anna Atkins é considerada a primeira fotógrafa da historia e a primeira botánica que plasmou imaxes de plantas e algas utilizando a cianotipia. Esta técnica foi anteriormente desenvolvida polo científico Sir John Herschel que utilizando unha impregnación química a base de citrato de amonio férrico e ferricianuro potásico poido reproducir o proceso fotográfico a través de obxectos reais .

Para saber máis sobre o fenómeno da cianotipia preme AQUÍ

María Xosé Martínez foi a encargada de ensinarnos o proceso que tivo lugar en dúas fases:

1º reproducimos as imaxes dun negativo en papel 


2º  fotografiamos a composición que cada un de nós fixo sobre o papel con ramas de tulla, plumas e outros obxectos.


E este foi o resultado: 



CAPSULAS DO TEMPO

 Presentamos as cápsulas do tempo que o alumnado de 1º ESO van enterrar no xardín do centro e que desenterrarán en tres anos cando estean en 4º ESO. Daquela, lerán as cartas que se escribiron a eles mesmos e nas que gardaron obxectos significativos deste momento da súa vida.




POSTERIORMENTE O ALUMNADO DE 1º A E B FORON A ENTERRALAS AO XARDIN DO CENTRO:


BOLETÍN DE ALBUM ILUSTRADO


      Aquí tendes as nosas adquisicións de albúm ilustrado.