PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
CIANOTIPIAS
CAPSULAS DO TEMPO
Presentamos as cápsulas do tempo que o alumnado de 1º ESO van enterrar no xardín do centro e que desenterrarán en tres anos cando estean en 4º ESO. Daquela, lerán as cartas que se escribiron a eles mesmos e nas que gardaron obxectos significativos deste momento da súa vida.
O ARTE DE APRENDER
CHARLAS FILOSÓFICAS
SER HUMANO E TECNOLOXÍA
Este ano facemos as charlas filosóficas nas aulas porque non podemos xuntar os dous primeiros de bacharelato, pero facémolas coa mesma ilusión de sempre aínda que non teñamos a contorna privilexiada da biblioteca.
Dentro do tema
deste ano, traballamos as seguintes obras:
En 1º A: 1984,
Señor das moscas, Frankenstein.
En 1º B: Black
mirror, O home bicentenario, Sociedade e tecnoloxía (Eros e civilización, Señor
das moscas, 1984).
Aquí tendes un exemplo das presentacións:
RESEÑAS
CREATIVIDADE E LECTURA VAN XUNTOS NESTAS MARAVILLOSAS GUÍAS DE LECTURA ELABORADAS POLO NOSO ALUMNADO:
CHARLA ARQUITECTURA
A nosa compañeira Marta Guirado licenciada en arquitectura, arqueóloga e pedagoga compartiu co alumnado de 1º ESO o seu saber sobre os orixes das cidades e a sostenibilidade das actuais.
ENQUISA AVALIACIÓN BIBLIOTECA
Link de acceso a enquisa de hábitos lectores e avaliación biblioteca escolar.
https://docs.google.com/forms/d/1_C0YWPgXhuGc5Bv_59DKUqrJ1fAaBoMdUabmTxERDeg/edit
CHARLA SOBRE ENXENERÍA E IGUALDADE DE XÉNERO

AS REDES SOCIAIS 1º BAC
LF
ESTEREOTIPOS FEMENINOS NA ARTE
RESULTADOS ENQUISA
A INTELIXENCIA ARTIFICIAL
REFLEXIONANDO SOBRE A TECNOLOXÍA
PADLET SOBRE QUEN NOS COIDA
👪 E A TÍ QUEN TE COIDA?
Seguindo coa temática dos coidados o alumnado de 4º ESO elaborou un padlet en inglés en homenaxe ós seus/ ás súas coidadores/as:
SUXERENCIAS LECTORAS
O COIDADO
HOMENAXE A SESÉ
Dende a biblioteca do IES Pedro Floriani queremos facer este sinceiro homenaxe a Sesé Mateo e a seu fillo Joshua pola súa labor en aras da igualdade. Grazas ós dous polas súas inspiradoras palabras.
NOVIDADES NA HORA DE LER ✨
O que máis nos gusta na biblio do Floriani é que o noso alumnado veña á biblioteca e desfrute tocando, collendo e manipulando os libros que temos para eles. E iso era o que facíamos sempre antes de empezar a Hora de Ler: traer o alumnado á biblioteca para que elixira o que lle apetecía ler nese tempo. Desgraciadamente este curso as circunstancias non nos permiten facelo, polo que tivemos que artellar un novo sistema, que implementamos durante esta primeira avaliación, para achegar os libros ao alumnado
1. O primeiro foi elaborar dous padlets, un dirixido a 1º e 2º ESO e outro para 3º, 4º e FPB con suxestións en forma de fotos de moitos dos libros que hai na biblio. 1º e 2º ESO 3º, 4º e FPB
2. O alumnado debía cubrir un cuestionario online elixindo tres títulos por orde de preferencia dos que aparecían no padlet ou doutros libros que eles soubesen que estaban na biblio. Ademais, había un apartado para solicitar outros libros que lles apetecese ler. Se os tiñamos na biblio, reservábamolos para eles e, se non, gardábamos esas propostas como suxestións para futuras adquisicións de fondos.
3. Finalmente, o equipo de biblioteca clasificou e encheu, cos libros solicitados, unha caixa de lectura para cada grupo. Cando chegou o día da primeira sesión da Hora de Ler, e para respectar todos os protocolo covid, o profesorado foi pasando pola biblioteca para levar as caixas ao seu destino.
4. Durante as seis semanas que durou a Hora de Ler, o alumnado tiña a posibilidade de cambiar o libro que estaba lendo. Para iso debía escribir un correo electrónico á biblioteca ou cubrir de novo o cuestionario para solicitar outro libro. O equipo da biblioteca encargábase de metelo na súa caixa para que o tivese disponible na seguinte sesión de lectura.
Este sistema supuxo un traballo minucioso para o equipo da bibliteca, pero tamén a satisfacción de promover o gusto pola lectura.
VOLVORETAS 25 N
Por iniciativa do Concello de Redondela este ano todos os IES da nosa contorna participamos nunha acción conxunta para celebrar o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero: a elaboración de centos de bolboretas para a súa posterior exposición no multiusos.
Aquí está o proceso de creación:
e a visita á exposición por parte dos artistas de 4º ESO













































