PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Charlas filosóficas "O corpo humano" 3 - Corpo e relixión

3ª Sesión: O mundo de Sofía, o nome da rosa
Fermosa e temible coma un exército disposto para a batalla

Hoxe falamos sobre Corpo e Relixión. Aínda que moitas relixións dan un gran valor ao corpo e ao seu coidado, as que forman a tradición cultural que recibimos na nosa contorna adoitan dar unha visón pexorativa del, porque o consideran un obstáculo ou un inimigo para a alma, que é o que cren que verdadeiramente constitúe a persoa.
Paula, Sheila e Tamara vannos axudar a buscar as raíces deste prexuízo no Mito da Caverna de Platón, tal como está explicado en O mundo de Sofía, e Fran e María darannos unha idea dos extremos ao que a Igrexa chegou na Idade Media, comentando unhas escenas de O nome da rosa.


Paula describe os dous mundos platónicos. O Mundo das ideas é o verdadeiro mundo; non é físico pero existe alén do ceo; grazas a el existe tamén a ciencia. Pola contra, o Mundo das cousas, o mundo no que vivimos, é temporal, cambiante, subxectivo e físico. As cousas que existen aquí son copias das ideas do outro mundo.
Toda a filosofía de Platón, e concretamente o Mito da caverna, son unha explicación do coñecemento racional.
Para Platón, di Sheila, coñecer é lembrar: antes de nacer, a alma contemplou as ideas no Mundo Supraceleste pero esqueceunas ao caer, ao nacer neste Mundo Terrenal. Platón di que, cando vemos os obxectos de aquí, lembramos as ideas, e chama a este proceso Reminiscencia. O outro método para subir ao Mundo das Ideas é a Dialéctica, o ascenso mediante o diálogo.
Finalmente, con Tamara entramos na caverna. No seu libro A República Platón representa o mundo sensible mediante unha cova na que están atrapados uns prisioneiros. Para eles, a realidade son as sombras que ven. Entón un escapa e ve a realidade e quere ensinarlla aos demais. Pero eles non queren liberarse e chegan a matar ao que viña ceibalos... que é precisamente o que lle pasou a Sócrates, o mestre de Platón!
Con Fran e María, que alternan na explicación, avanzamos case 20 séculos, ata a Idade Media de O nome da rosa. Alí vemos unha xente campesiña que vive moi pobremente mentres os cregos dun mosteiro quedan con toda a comida que lles cobran como tributo. Os cregos, tan sabios e que len tantos libros, só teñen unha idea fantástica da muller, as historias da Virxe María.

Pero Adso, o protagonista, vai coñecer a unha das mulleres da vila mentres investiga uns asasinatos no convento. Non intercambian nin unha palabra: o corpo sabe todo o que ten que facer.
E esta muller que viña prostituírse a cambio dun corazón de boi, acaba marchando co corazón de Adso. É unha bonita metáfora no que os papeis do corporal e do espiritual entrecrúzanse e fannos pensar nunha forma da verdade que non é a platónica: a verdade das emocións e da nosa natureza física.

Imaxes

Algunhas imaxes da charla:




Materiais para descargar

Hoxe temos dúas presentacións, ademais do cartaz:




              



POEMAS OPACOS

En colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e os profesores de historia e de galego levouse a cabo unha actividade colaborativa e interdisciplinar entre os cursos de 2º, 4º de ESO. A actividade consistiu en que o alumnado de 4º de ESO buscase e redactase as biografías de autores galegos represaliados. Como seguinte paso a biblioteca proporcionou as páxinas 36 de todos os textos existentes nos nosos fondos de ditos autores. Posteriormente, o alumnado de 2º realizou un traballo plástico seleccionando palabras relevantes do texto. Como culmen fixemos un traballo de expresión dramática e corporal cos poemas resultantes. Preme aquí para abrir as nosas obras de arte

O CORPO HUMANO E AS MATES

TRABALLO SOBRE O CORPO HUMANO E AS MATES

O alumnado de 1º FP Básica estivo estudiando o corpo humano e as proporcións, o traballo estivo supervisado pola profe de matemáticas María.   A charla foi dirixida aos dous grupos de 1º ESO que gozaron medíndose os dedos e os brazos .







 Podedes ver un resumo desta experiencia nestas presentacións:








CONSUMO CONSCIENTE

CARLA  CONSUMO CONSCIENTE NO IES PEDRO FLORIANI



Como cada ano e asumindo o noso compromiso coa educación para un consumo consciente. Cándido da cooperativa de consumidores Árbore de Vigo ofreceu ao alumnado de 4º ESO unha charla sobre a importancia de saber cómo consumir. Deunos exemplos non só sobre  alimentos que sufren un procesamento industrial antes de chegas as nosas mans como é o caso das laranxas senon tamén sobre móbiles e roupa. Todo para axudarnos a entender cómo producir productos de consumo máis sostibles.




A BOCA DA RÍA




No marco do proxecto da biblioteca do Floriani, centrado no corpo humano, optamos por facer este proxecto en 1º de ESO no que se mestura anatomía e xeografía da man dunha das paisaxes máis características que nos rodea: a boca da ría de Vigo.

O proxecto consistiu na elaboración dun mapa colaborativo no que traballamos coa busca e selección de imaxes que cumprisen cos parámetros creative commons, de xeito que poden ser reutilizadas e publicadas na web respectando as limitacións dos dereitos de autor e buscando alternativas no marco dunha cultura de libre difusión.

Charlas filosóficas "O corpo humano" 2 - Agresividade, sexualidade, arte

2ª Sesión: A laranxa mecánica
A paz, unha paz celestial, a suntuosidade e a untuosidade feitas carne

Con estas palabras describe Alex, o protagonista de A laranxa mecánica, a música de Beethoven que unha soprano empeza a cantar cando está cos seus drugos no bar onde adoitan planear as súas sesións de ultraviolencia. Tomámolas como pe para formular a nosa pregunta: como están no noso corpo a agresividade, a sexualidade e a arte? Pódese quitar unha delas, como a agresividade, sen quitar tamén as outras dúas? Deste tema nos falan hoxe Jesús de la Torre, Gabriel Pérez e Adrián Ojeda.

Jesús presenta ao personaxe principal, un adolescente ao que a violencia lle produce pracer e que é encarcerado despois da varios crimes. Un ministro do goberno, que espera conseguir moitos votos con isto, ofrécelle realizar un experimento que lle quitaría a violencia. Alex accede pero todo vai virar mal e acabará tendo terribles consecuencias para el.
Adrián conta como Alex se ve sometido a un condicionamento respondente: inxéctanlle un medicamento, ao que chaman vitaminas, que lle fai devolver e, mentres causa o seu efecto, obrígano a ver imaxes de agresións e violacións. Ao mesmo tempo, soa a 9ª sinfonía de Beethoven. Finalmente, todos estes estímulos asócianse ao medicamento e provocan tamén o vómito.
Con Gabriel vemos as consecuencias: Alex non pode sequera defenderse dunha agresión porque sente náuseas inmediatamente. E, do mesmo xeito, non pode soportar a excitación sexual... nin a música de Beethoven!: todo está asociado no seu corpo ao medicamento que provoca o vómito. Ao final, Alex salta por unha fiestra, coa intención de suicidarse.
Interpretamos isto, seguindo a Freud, como un exemplo de que tentar separar o Eros e rexeitar o Thánatos leva á neurose: non podemos deixarnos levar pola violencia, pero debemos encauzar a agresividade xa que a necesitamos para podérmonos facer un lugar na vida.
Imaxes

Pica nas imaxes para amplialas ou descargalas.




Materiais para descargar

Podes baixar tamén o cartaz e a presentación desta charla:


              



Charlas filosóficas "O corpo humano" 1 - O corpo alterado

1ª Sesión: O neno do pixama a raias, A metamorfose
En realidade, non son persoas de verdade.

Comezan un ano máis as charlas filosóficas de 1º Bach, coma sempre sobre o tema do noso proxecto de biblioteca, O corpo humano. Nesta ocasión temos con nós a Alba Correa, Alba da Silva e Erica Pérez que nos falarán do corpo en O neno do pixama a raias, e a Xabier Ézara que o fará sobre A metamorfose. Nos dous casos vemos a persoas que se converten, ou as converten, en algo que non é unha persoa de verdade.


O neno do pixama a raias


Pável é un médico xudío que vive no campo de concentración que dirixe o pai de Bruno. Traballa na cociña, pelando patacas, e cura ao neno cando se fire ao caer da randeeira. Alba Correa cóntanos que os xudíos son, e foron sempre, bos médicos pero tanto o cristianismo na Idade Media coma o nazismo no s. XX trataron de ocultalo, e por iso obrigaron ao neno a que dixera que foi a súa nai quen o curou. Fainos pensar no corpo de Bruno, nos corpos das/os prisioneiras/os dos campos de concentración, nas persoas masacradas en Palestina hoxe en día polo Estado de Israel….


Erica comenta o episodio en que Bruno cruza o valado para ir onda Schmuel. Bruno ten que ocultar o seu corpo para que non o recoñezan, e para iso ten que poñer o uniforme que el, inxenuamente, pensa que é un pixama a raias… pero entón xa non é realmente unha persoa de verdade, o que trae as terribles consecuencias que coñecemos.

Finalmente, Alba Da Silva dános a opinión do grupo sobre a novela. É agradable de ler e suxire moitos temas para pensar, entre eles a necesidade de tratar a todos os seres humanos conforme á súa dignidade e moitas outras moitas ideas relacionadas co que xa se contou sobre o corpo das persoas.

A metamorfose


O que sucede no corpo de Gregorio Samsa nesta obra de F. Kafka é sorprendente e completamente irreal. Pero Xabier explícanos que se pode tomar coma unha metáfora de cambios que poida ter unha persoa, non só no seu corpo senón tamén na súa mente. Así, se unha persoa cae nunha depresión, sofre dexeneración pola enfermidade de Alzheimer, se se alcoholiza ou se volve ludópata, pode provocar na súa familia reacciones coma as da familia Samsa. Inicialmente, a irmá preocúpase por el e intenta coidalo, pero despois a situación vaise volvendo insoportable e mesmo ela acaba por ignoralo e desentenderse del.


Imaxes

Aquí podes ver imaxes desta charla. Picando nelas podes velas ampliadas.




Materiais para descargar

Tamén podes descargar os nosos materiais: o cartaz e as presentacións multimedia:




         



CELEBRANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Empezamos tricotando os PUSSY HATS emblema das mulleres americanas contra as políticas machistas e misóxinas.


Este foi o nos manifesto lido polo nose alumnado de 2º BAC e CM:

"As mulleres están fartas: 
A brecha salarial de xénero en España en 2016 era case dun 24%, a máis alta no últimos seis anos. Arrastraron sobre os seus ombreiros as consecuencias da crise: recortes en servizos sociais que as levou a volver encargarse dos coidados dos maiores e os fillos,
- o aumento dos contratos a tempo parcial, onde as mulleres son unha porcentaxe moito máis alta que os homes - de cada 26 mulleres que optan por un traballo deste tipo para conciliar, un home faio-, 
- ou a brecha de xénero nas pensións, que en España en 2016 era dun 34%. España non é un caso illado: non existe ningún país no mundo onde haxa unha igualdade plena.

Por iso, para este 8 de marzo, o Día da Muller, moitos países convocaron un paro internacional de mulleres. 2016 foi un ano duro para elas: a chegada dun presidente *misóxino á Casa Branca, o intento de prohibir o aborto en Polonia, a despenalización da violencia de xénero en Rusia, os feminicidios e as violacións en Latinoamerica... Todo iso foi caldo de cultivo para que naza #*NosotrasParamos, unha iniciativa coa que se pretende que as mulleres fagan unha folga o próximo 8 de marzo. Á fin e ao cabo, trátase de máis de 3,5 millóns de persoas, case a metade de toda a poboación mundial.


Os obxetivos para o  2030 según a ONU:
-  velar por que todas as nenas e todos os nenos rematen os ciclos do ensino primario e secundario, que ha de ser gratuíto, equitativo e de calidade e producir resultados escolares pertinentes e eficaces
- velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servizos de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a un ensino preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para o ensino primario
- poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
- eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas trátaa e a explotación sexual e outros tipos de explotación
- eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a *mutilación xenital feminina.
                                         Xuntos contra a violencia
                                          Todos participamos
                                         Cos nosos pussy-hats
                                         Charo, Alba, Alexia e Humberto leron o manifesto.



                                         Ao final do acto gardamos un minuto de silencio polas víctimas

                                              GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.