PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

Charlas filosóficas - 4

4ª sesión: Darwin, Freud, Marx, Sartre e Berkeley
Existe o mundo que nos rodea? Ou todo sucede na conciencia?

Rematamos con dous científicos, Darwin e Freud, e dous filósofos, Marx e Sartre, da Idade Contemporánea,  e unha reflexión sobre o autor central do noso libro: Berkeley.
Nandi fai as presentacións: hoxe as nosas poñentes son Estela, Ana, Yasmina, Marta e Laura.

Darwin foi naturalista, teólogo, viaxeiro, escritor... Estela cóntanos a súa viaxe no Beagle que fixo cambiar as súas ideas e propoñer a doutrina evolucionista.
Para a súa investigación foron moi importantes as observacións que fixo sobre os bicos dos pinzóns e os descubrimentos recentes sobre os fósiles.
Tamén Freud foi un científico que cambiou a nosa concepción do ser humano. Ana explícanos as súas teorías sobre o inconsciente e a estrutura da personalidade: o Iso, o Eu e o Supereu.
Para concluír, uns exemplos sobre como facer interpretación dos soños.
Marx foi, xunto con Freud e Nietzsche, foi chamado filósofo da sospeita porque pensou que as leis que oprimen á clase traballadora son unha superestrutura que se constrúe sobre a base real da sociedade: o reparto inxusto da riqueza.
Marta resúmenos os detalles da súa vida e o seu compromiso coa loita revolucionaria.
É a quenda de Yasmina. Con ela coñecemos os cafés de París nos que os (E AS!) existencialistas de mediados do s. XX facían a filosofía na rúa sobre o significado da expresión ser humano.
Sartre e Simone de Beauvoir son dúas figuras representativas destas preocupacións que, hoxe en día, son centrais no noso pensamento.
Laura fai as despedidas por este ano.
O autor que Jostein Gaarder elixíu como centro de gravidade de O mundo de Sofía foi Berkeley e Laura explícanos por que, formulándonos preguntas que nos fan pensar e animarnos a repasar pasaxes desta obra que non é soamente moi enganchante senón que ademais é unha preparación excelente para a materia de historia da filosofía do ano que vén.



Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


Charlas filosóficas - 3

3ª sesión: Descartes, Hume e Kant
Non vemos o mundo como é, vemos o mundo como somos

Descartes e Hume, principais representantes das escolas racionalista e empirista na Idade Moderna, mantiveron posicións extremas incapaces de explicar a nova ciencia ata que Kant, o filósofo da Ilustración, fixo unha síntese dambas.

As súas filosofías chégannos presentadas por Anxo Lois, Cynthia e Santi. Mestra de cerimonias, coma sempre, Nandi.

Anxo Lois introdúcenos ao pensamento cartesián, dualista e racionalista. A súa escola, á que pertencen Spinoza e Leibniz, fundamenta o éxito da ciencia de Galileo no método e a matematización.


Cynthia, pola súa parte, introdúcenos ao de Hume, representante da escola empirista, á que tamén pertenceron Locke e Berkeley. Os éxitos da ciencia de Galileo e agora tamén de Newton débense á observación, á experimentación e ao uso de instrumentos como o telescopio e outros.
A síntese dambas correntes fíxoa Kant, o autor que nos presenta Santi. Este autor decatouse de que hai unha diferencia entre o mundo tal e como é e o mundo tal e como o vemos; por exemplo: cando un obxecto cae por un plano inclinado nós vemos vectores e frechiñas que explican o seu movemento. Pero este autor non se ocupou só da ciencia natural: tamén foi un renovador da moral e do pensamento político na Ilustración.





Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:


Charlas filosóficas - 2

2ª sesión: Platón e Aristóteles
Toda forma de goberno é boa mentres busque o ben común

Platón e Aristóteles foron os dous principais autores do período clásico da filosofía grega. Crearon os dous primeiros grandes sistemas da historia. Viviron nos séculos V e IV a. C. en Atenas.
Miguel e Lidia resúmennos hoxe os seus pensamentos. Presenta Nandi


Miguel explícanos o mito platónico da caverna. A sabedoría e a educación son importantes para a ética e a política. No relato, un escravo atado ao fondo dunha caverna, onde só poder ver sombras, é liberado e pode saír ao exterior. Despois volve para liberar aos outros pero eles prefiren a súa ignorancia e, igual que lle sucedeu a Sócrates, mátano.
Este relato representa a duplicidade de mundos na que cre Platón: o mundo das cousas, na que vive o corpo, e o mundo das ideas, de onde procede a alma


Lidia resume a física e a ética de Aristóteles. As cousas, como dicía Platón, están compostas de materia e forma, pero só existe este mundo que coñecemos polos sentidos. Os seres vivos teñen alma vexetal, animal ou racional, e as cousas suceden causadas polo azar (como o movemento das pedras), pola técnica (como as operacións das máquinas) ou pola natureza (como as accións dos seres vivos). Pero o ser humano é un animal sociable que debe adquirir os hábitos virtuosos, algúns dos cales son dianoéticos (sabedoría, prudencia...) e outros éticos (amizade, valor).



Podes descargar as presentacións picando nestas imaxes:

JAZZ

Seguindo co noso proxecto da escravitude ao jazz o alumnado de 4º ESO elaborou un blog con todos os seus traballos (vídeos e presentacións) sobre a manifestación cultural máis representativa de poboación negra nos EEUU: O JAZZ. Preme na imaxe para ver o blog.
UNHA MIRADA MATEMÁTICA DO MAR

Actividade con PROA

A biblioteca colaborou co PROA nunha actividade conxunta de busca documental co eixo temático: o noso pobo, centrándonos nos seguintes aspectos: festas relixiosas, festas grastronómicas e toponimia. A busca de información realizouse con fondos bibliográficos (enciclopedias e fondos sobre o folclore local), na rede e a través da exposición etnográfica do centro. @s 14 alumn@s participantes realizaron a actividade en parellas.


LECTURAS EN REDE

a) co 2º Bacharelato  De catro a catro de Manuel Antonio a través da Biblioteca Virtual Galega; 
b) co 4º ESO visitamos a páxina de  http://onlinebooks.library.upenn.edu/  onde limos extractos do relato The Moon is Green de Fritz Lieber.
c) co 2º de agrupamento da ESO leron textos da Biblioteca Virtual Galega : de «Os biosbardos» : «O encalatro» e  o alumnado con ACI leu de X. Rodríguez Docampo «¡Estampado!» dentro da antoloxía «Cun ollo aberto e outro sen cerrar»: «Maneira de facer un conto, con exemplo práctico».

   

LECTURA EN REDE

Cos cursos de 2º agrupamento da ESO, 4º ESO A e 2º bacharelato fixemos varias lecturas en rede. Para saber máis preme aquí.