Colaboran: Departamento de Filosofía e Proxecto de Biblioteca 2016-17, O corpo humano - O dereito a non sufrir tortura. Post realizado a partir das contribucións de todo o alumnado de 1º Bach. e a materia de Psicoloxía de 2º Bach.
O encontro con Ahmed Alí tivo dúas partes. En primeiro lugar informou sobre a primavera árabe e os principais nomes e sucesos que e sucesos que debemos coñecer para comprender esta historia. Despois contou a súa historia sobre como foi detido e torturado e tivo que abandonar o país.
En Exipto en 2004 gobernaba o xefe militar Hosni Mubarak. Os primeiros anos do seu mandato foran bos pero a partir de aí convertiuse nun dictador. En 2005 houbo unhas eleccións que gañou con case un 99% de votos favorables... pero despois de investigar descubriuse que as persoas que estaban nos colexios electorais estaban a favor do réxime militar e que moitos dos votos obtidos por eles eran de persoas que estaban mortas!
En 2011 houbo grandes mobilizacións de mozos do 6 de abril, movemento que xunta diferentes ideas. Houbo unha manifestación no Cairo na que trouxeron un cadaleito coa bandeira de Exipto con imaxes de Mubarak e a palabra “ilegal”; este foi o primeiro parafuso no cadaleito do dictador.
Outra manifestación tivo lugar na ponte de Alexandría. os mozos miraban ao mar, de costas á estrada. Foron todos detidos e torturados cruelmente: apagaban cigarros contra a súa pel e electrocutábanos nas súas partes íntimas. Uns saíron do cárcere logo de tres noites e outros tras 13 horas.
Chegaron con isto á morte dun dos mozos Despois manipularon as probas e metéronlle droga na boca para que parecese unha sobredose.
Tamén, en Túnez, un home plantaouse lume a si mesmo diante do Parlamento polo descontento ante as inxustizas.
2. A súa detención e tortura
Conta Ahmed Alí que o 31 de agosto de 2014 estaba facendo unha reportaxe á unha nai dun periodista morto. Ao chegar á rúa da súa casa detéñenme e rómpenme o carné de periodista; ao chegar ao cuartel non me deixan nin facer unha chamada.
Decidiu non contestar ás preguntas e foi trasladado a un campamento das forzas de seguridade. Outros reporteiros que se daban por mortos ou desaparecidos estaban nese campamento. Ao día seguinte contou ao avogado o que sucedía e metérono nunha celda de 1 x 0’5 m onde estivo 5 días cos ollos vendados e as mans esposadas ás costas. A prisión estaba debaixo da terra.
Cando me vendaron os ollos só me preguntaba se ía vivir ou se ía morrer.
Foi así como veu a España para compartir a súa historia. Gustaríame volver ao meu país pero non podo.
3. O coloquio
Moitas das preguntas foron sobre os seus sentimentos durante o encarceramento e a tortura xa que, como comentou Gabriel Pérez, ao ser xornalista narra cousas que poñen os pelos de punta tal e como sucederon.
Sheila Figueroa preguntou se a súa familia lle axudara. Contestou que a súa familia hai moitos cargos da administración e do exército. Poderían axudalo en casos de drogas, roubos, asasinatos, etc., pero non nun caso de oposición ao réxime porque se volverían sospeitosas/os. María Outerelo recolle unhas frases: mentres non toques o ámbito político non terías ningún problema en Exipto. Por exemplo, un estudante italiano decidiu facer o seu doutoramento en Exipto; levou unha vida normal durante o seu estudo pero cando saíu a rúa para realizar o seu traballo, que tiña que ver coa situación política do momento, matárono.
Outras frases de Ahmed Alí amosan o carácter da xuventude exipcia e como loita contra a ditadura:
Aínda que os teus soños se rompan hai que seguir intentándoos.
Ti, cando naces, non deberías estar atado a unha dictadura.
Ao final da charla sacamos unha foto con el para apoialo e animalo xa que el tivo que sufrir moito.