PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS
▼
Mochilas Viaxeiras 2013-14
Xa comezan a súa excursión polas casas de Redondela as nosas mochilas! Coma cada ano, levamos unha cada un dos grupos de 1º e 2º da ESO e disfrutámola en familia durante unha semana.
Dentro van:
unha novela en galego e outra en castelán, dúas películas, unha delas para a xente pequena da casa, unha revista xuvenil e outra en inglés, un cómic da nova xeración de banda deseñada en galego
e, como este ano o Proxecto de Biblioteca é Xénero e Identidade, un libro do Concello de Redondela sobre mestras e mulleres redondelás do século pasado.
Tamén vai un Caderniño Viaxeiro no que anotaremos en familia as nosas impresións sobre a actividade.
Recolleremos algunhas citas dos libros e as películas, así que xa as iremos publicando no blog!
No hay comentarios:
Publicar un comentario