Alexandre Otero Amoedo - Gañador do Concurso de Relato de Terror


Néboa Marcada
Xandre Otero
Avanzaba escuro sobre a néboa unha silueta difusa e pantasmal dirixíase costa abaixo ,na miña dirección.
A noite era pecha, eu volvia da vila e tan só chegaba a distinguir un par de metros diante de min, regueiros na estrada alumeados tenuemente por farolas invernais.
Virei unha curva máis e a miña vista deu de cheo cunha figura que baixaba paseniño pólo interior da curva, seguín andando sem o menor reparo na figura ata que, logo de sacar um obxecto fino e blanco, que se detivo na miña casa e fixo unha marca na parede.
Unha pingueira de suor frio percorreume a fronte.
O corazón batíame moi forte, deixei atrás canta preocupación diaria me aflixía, e nos meus adentros só se alimentaba o pensamento de botar a correr.
Paseniño avancei un par de pasos máis e, advertido pola estraña presenza a que lle acababa de decubrir, unha especie de túnica lisa cunha ampla viseira.
Pareceume ver blandir dous pequenos destelos entre a néboa.
Apresurei a miña marcha, esta vez axilmente, cando, a media ducia de pasos do meu portal, aquel ser botouse con axilidade animal na miña dirección. Botei a correr, e sen pensalo um intre mais, chimpei a pequena cancela que separaba a desesperación da seguridade do fogar, e crucei o xardin deixando o alento en cada paso.
O meu único obxectivo era a porta, tranqüilizadora e de aspecto forte, segura.
Resooume no peito unha brisa xélida, do aire frio e cargado que me rodeaba, a poucos pasos da entrada da casa, volvín a vista atrás, e perdendo o equilibrio, din de cheo côa cara no chan, acto seguido, esvaecinme.
Recuperei a conciencia case ao momento, e os meus ollos vixiaron cada recuncho que me rodeaba, estaba confuso, aturdido e extasiado, xeouseme o sangue e deixei de respirar, de sentir e de escoitar.

Aquela persoa estaba xá a escasos metros do portal, distante pero ameazadora, inquieta e lanzal. Cheguei atisbar desesperacion naquel ser.
As pernas ergueronseme soas e botei como puiden o corpo cara a porta, apoiándome contra ela e utilizando a duras penas a man mancada para lograr abrila.
Finalmente entrei...
Berrei canto puiden, chamei por miña nai, por meu irmán, pero sen resposta...berros afogados e desesperados de auxilio. Subin as escaleiras a toda presa e, buscando calquera telefono que atopase, caixóns, coxins,...
Aos bordes da tolemia, e , sem deixar de berrar, a miña busca cesou ao dar de cheo com un regueiro de sangue que se dirixia ata o corpo se vida do meu curmán, tinguido de vermello e sen camisa nin zapatos, unha imaxe fria, ausente de sentimentos, unha imaxe que me quedaria pendurada na memória o resto da miña existência.
Unha marca gravávaselle no peito, en xiz branco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario